-
-
371 ft
13 ft
0
2.2
4.4
8.85 mi

Viewed 1054 times, downloaded 21 times

near Pontevedra, Galicia (España)

A ruta percorre o río dos Gafos desde a súa desembocadura ata o seu nacemento. No principio da ruta o río atravesa a cidade de Pontevedra deixando nas súas marxes pequenos xardíns e parques ata chegar a un tramo no que o río vai canalizado. A senda máis natural comeza na Rúa Ramón Otero Pedrayo e da paso o verdadeiro encanto desta ruta. Durante algo máis de seis quilómetros pódese observar unha flora de ribeira moi fermosa flanqueada por campos de cultivo. Neste tramo cruzaremos numerosas pontes e muíños ata chegar o antigo apeadeiro do tren en Figueirido. Aquí comeza un tramo 1.100m por asfalto que nos permite chegar hasta o camiño de Santiago e o nacemento do Río dos Gafos, a fonte do Salgueiriño. O regreso coincide cunha parte do camiño de Santiago polo que iremos a uns 50m en paralelo á Senda dos Gafos para ver como se integra o río e a flora de ribeira nos campos de cultivo do val de Tomeza ata chegar outra vez a cidade de Pontevedra.

Consellos para o percorrido:
A senda é estreita e angosta, tamén hai moitos peóns polo que se recomenda ir amodo e recordar que os peóns teñen preferencia de paso. As pontes de madeira son moi esvaradías. Hai unha fonte de auga na metade da ruta.

Comments

    You can or this trail