julk

Time  10 hours 19 minutes

Coordinates 5618

Uploaded June 19, 2016

Recorded June 2016

-
-
3,932 f
803 f
0
14
28
55.33 mi

Viewed 1569 times, downloaded 61 times

near San Lourenzo de Barxacoba, Galicia (España)

Ruta polo centro BTT Ribeira Sacra

Iniciamos a ruta no centro de acollida da Fábrica da Luz (http://afabricadaluz.com/ ), que coma o seu nome indica foi unha das primeiras infraestructuras hidroeléctricas construidas na Galiza.  En tempos, suministraba electricidade a Monforte e a capital Ourensana, así como ás localidades de esta parte da Ribeira Sacra. A súa construcción deu ocupación a un gran número de veciños das parraquias da zona, estando en pleno funcionamento hasta ben entrado o siglo XX. Hoxe serve de albergue, cantina e aula de formación medioambiental, entre outros usos. No noso caso do centro BTT serve coma “punto de acollida”, é dicir, lugar no que se inician diversas rutas sinalizadas.

Saímos pola estrada que vai cara Parada do Sil e, tan só uns metros mais adiante, baixamos cara a aldea de Barxacova. Dende a fábrica hai un fermoso percorrido por pasarelas, pero por estar frecuentado por camiñantes e por ter moitos escalóns, mellor escollemos esta opción.

Unha intrincada pista cementada nos deixa á beira do río, á altura das casas que imos sorteando entre corredoiras con divertidas pedras. É só un presaxio...

Deixamos Barxacoba e...onde está o camiño? Non se ve, porque hai que continuar por un sendeiro case vertical entre viñas. Unha vez embaixo, xa descubrimos un cartel que avisa do tramo de porteo, pero no sentido que nos viñamos non había sinalización algunha.

Xa repostos da impresión da baixada, reparamos que non hai camiño: bo, si o hai, pero está cheo de maleza. Outra das constantes da xornada: os camiños están na súa maioría en un estado deficiente...

Logo de camiñar con forte tendencia vertical un par de centos de metros adiviñando o camiño, chegamos a A Costrela, aldea que bordeamos para volver a baixar, buscando o cauce do río: esta vez circulamos por unha fermosa pista de dous metros de ancho, con bo firme e flanqueada de árbores, que alegran o pedaleo.

Pero o bo remata pronto, e deseguida ascendemos en forte pendente ata chegar ó poboado do Reguero, no que enlazamos un dos tramos do GR 56, moi fermoso: estreito, frondoso, con grandes pedras soltas... Pero moita herba. Demasiada. Ás veces non vemos onde poñemos a roda dianteira, e en vez de resultar divertido, acaba sendo pesado.

Con estes sendeiros o tempo corre, as forzas minguan e os kilómetros non pasan. Nestas chego á aldea de Entrambosríos, punto no que además de atopar un sendeiro con coidados muiños restaurados chegamos a unha subida sinalizada como “porteo: 15 minutos”. Eu non porteei mais de dous, pero xuro que os restantes no foron gratuítos; eso sí, os habilidosos e mais fortes gozarán subindo ó límite sobre pedras esbaradizas entre frondosa vexetación.

O tramo de forte ascenso remata na aldea de Sardela, na que unha fonte nos serve de excusa para tomar forzas...e aire. Xa estamos ás portas de Parada do Sil.

Deixamos a vila seguindo a ruta sinalizada que vai ó mosteiro de Santa Cristina, un fermoso e coidado camiño marcado coas balizas de “Camiño Natural da Ribeira Sacra” (http://www.magrama.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/caminos-naturales/caminos-naturales/sector-noroeste/ribeira-sacra/ribeira_sacra.aspx ), e deseguida chegamos ó sonado mirador As Torgais, támen coñecido coma “Balcóns dos Mouros” ou “Balcóns de Madrid”, chamados así porque este era o punto no que as esposas dos barquilleiros (figuras asociadas coa vila) se despedían dos seus maridos que saían a traballar, e que, foran onde foran, sempre decían ir a Madrid.

Deixamos atrás o espectáculo do río e nos adentramos nunha pista con forte pendiente favorable que hai que manexar con coidado, posto que habitualmente atoparemos xente a pe, e que non sempre saben cómo xestionar o paso dunha bici a toda mecha (falo con coñecemento de causa...). Unha calzada empedrada, esixente para a nosa montura ríxida, nos deixa na aldea de Portela, xusto no punto no que o sendeiro de baixada ó mosteiro se complica de verdade; nós, en canto, cambiamos o sendeiro por pista forestal en claro ascenso ata a aldea de O Couto, na que contactamos de novo cunha estrada (local) que nos leva ata o lugar de Santigueiro.

Eran catro casas, pero tan apretadas que non vía con claridade por onde ía o track; entón, un home dunha casa saíu á fiestra e preguntou: “rapaz, a onde vas?”. Eu lle dixen do centro BTT, pero claramente non entendeu. Logo intentei explicarlle que seguía un track, pero non funcionou. Por último, lle dixen que ía cara Luintra, e moi amablemente me dixo que debía subir ó monte e seguir polo parque eólico. -”A volta”, lle dixen.

Sexa como sexa, primeiro pensei “por aquí non ten vido moita xente”, algo que xa corroboraba a ausencia de marcas no firme e o alto da maleza. Pero tamén a ausencia de marcas de tramo que por momentos podería facerse perder a alguén que non levara un receptor GPS. Por certo, que eu descarguei os tracks oficiais, e non son totalmente fiables...

Desoíndo ó paisano, e dándolle eso sí as gracias, iniciei un camiño descendente rezando porque non estivera pechado para ter que dar volta e recoñecer estar perdido.

Afortunadamente, aquel carreiro rematou na estrada que vai de Parada do Sil a Luintra. É a principal, pero non deixa de ser unha estrada sen arcén e estreita, pero serviu para que me cruzara có primeiro ciclista do día, neste caso de carreteira, que pola cara que puxo se alegrou tanto coma min de ver un compañeiro.

Tan só uns metros mais adiante, o track marca un desvío á dereita. Non vexo sinais, pero coñezo o emplazamento: estou no mirador de Cabezoás (http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=280381179&ctre=17 ), un dos mais representativos e espectaculares da Ribeira Sacra.

O que para mi foi novedade é un empinado carreiro serpenteante e con bastante pedra que descende dende o mirador cara á aldea de Vilouxe, e posteriormente continúa cara a outro mirador, o de Pé de home, alonxado uns metros do percorrido da ruta, pero que paga a pena facer.

Por certo que neste mirador hai unha fonte na que fixen a parada grande do día, aproveitando para beber o auga que mana desta construcción moderna coma todo nese entorno.

Retomo o camiño por uns sendeiros xa con bastante maleza e, nun tramo descendente, me cruzo cun ciclista que sobe con atrancos. Saúdo. Vinte metros mais adiante vexo a unha muller que camiña con dificultade, empuxando da bicicleta. Volvo saudar. Espero que non foran de aluguer, porque sen GPS e con esa maña, non sei se chegarían moi lonxe.

O certo é que ese tramo, para min descendente, era “delicado” pola maleza que tapaba as pedras, pero subindo debía ser aínda mais complicado.

O rock and roll remata na aldea de A Rasa, dende onde alternamos pequenos tramos de terra con outros de asfalto ata que un maxestuoso camiño arbolado nos advirte da proximidade do mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil (https://es.wikipedia.org/wiki/Monasterio_de_San_Esteban_(Ribas_de_Sil).

Chegamos ó cenobio e desfrutamos da súa maxestuosidade; hoxe aberto ó público coma hotel de luxo, podemos curiosear por esta reliquia dun pasado glorioso.

Da fe da importancia dese pasado o fermoso camiño que collemos para deixar atrás este monumento: unha vía, con forte pendente ascendente, ancha e densamente arbolada, que fai recapacitar sobre a istoria deste lugar. Por certo, que este tramo volve formar parte da rede de sendeiros do Camiño Natural da Ribeira Sacra, como acreditan os hitos que atopamos nel.

Tras rematar o empina camiño atopamos un cartel que anuncia un Castro cercano, o de Litoria (http://patrimoniogalego.net/index.php/13933/2012/02/castro-litoria/ ), e que amais de ser curioso como tal, ten unhas intereantes vistas a San Estebo. Deste xeito, pedaleamos eses metros ata o outeiro, no que quedan restos do poboado castrexo e, no medio, un pau cunha bandeira galega ondeando ó vento.

Retomo o camiño e, tras unha curta costa, saio a unha estrada local, en forte pendente descendente que axuda a tomar forzas para, cando chego á aldea de Paradela, virar bruscamente á esquerda e encarar unha forte ascensión. Foi tan só 1 kilómetro, pero resulta imposible tan sequera empurrar a bici, hai que levala ó hombro, coa fatiga que esto conleva.

Fatigado chego a Biduedo, aldea que se cruza para continuar por un carreiro que só aparece no GPS. Coas forzas e o tempo xusto, o percorrido se complica: 2.8 kms nos que non se pode un nin subir á bicicleta...

Nesto chego a Monteverde, e dende este lugar ata o seguinte, Baldomir, a cousa se invirte: 1.6 kms descendentes, con firme de grandes rocas separadas e limpo, que fai que se me olviden as penurias.

Xa estou a tiro de pedra de Luintra, poboación que apenas piso para deixar atrás por otros carreiros nos que hai que guiarse pola fe, porque o firme nin se intúe. Afortunadamente, tras algo menos de medio quilómetro, desemboco nunha pista forestal con forte gradente ascendente pero que, polo menos, permite pedalear con regularidade. Ou permitiría se sobraran as forzas...

Porque si Luintra está a 610 m sobre o nivel do mar, pouco a pouco o camiño ascende cara ó parque eólico do Meda, e na pantalla do receptor de satélites vexo desfilar líneas de nivel: 700...750...800...ata 1208 m, en 17 kms, que supoñen o teito da ruta de hoxe. Polo medio, moitas vistas ó val do Sil e, pola outra banda, ó macizo central. Agora sí, os metros avanzan con rapidez.

E mais aínda baixando: en 6.3 kms saio á primeira estrada en bastante tempo, aínda a 990 m de alto.

Tras aproximadamente mil metros, torzo á dereita para meterme nun lameiro duns trescentos metros no que as rodas quedan literalmente atrapadas, e non hai escapatoria polos laterais. Volta ós atrancos.

Foi saír del e entrar noutro carreiro no que só me podía guiar polas fondas pegadas dun tractor, porque coa herba non se vía nada o chan. Tiven que guiar completamente recto se non quería voltear a dirección... De novo, 1500 ms pedaleando “daquela maneira”, ata chegar á aldea de A Hedrada.

Xa con ganas de rematar a ruta, métome por un carreiro con moita pedra e pásome do correcto, que parece non ciclable a simple vista. E non o era.

Tras voltar atrás para retomar o track, de mala gana collo a bici ó lombo e comezo a camiñar por entre herbas que ás veces me chegan á cara. Xa me empezo a mosquear.

Coido que o tramo que remata na aldea de Forcas, 4.9 kms, me levou mais de unha hora, e entre que o sol baixaba, que tiña os pes enchoupados e os brazos rabuñados, a aventurilla empezaba a sobrepasarme.

Entón fixen zoom e me animei ó ver o fin, polo que o quilómetro de -de novo- carreiro pechado que levaba Á Miranda se me fixo mais levadeiro.

Dende esta aldea xa é todo “gratis”, como di un dos míticos das dúas rodas: dende os 842 m da aldea ata os 295 da Fábrica da Luz, non hai que dar mais pedal que para descansar as pernas. Que o tiña merecido, vaia...

Son 6.1 kms, pero ata San Lourenzo de Barzacoba son 3.1 kms deliciosos: un sendeiro estreito, empinado e ás veces técnico que non puiden desfrutar pola fatiga que ya acumulaba, pero é dos que quedan na retina.

Tanta fatiga que tiña intención de desviarme en San Lourenzo a ver o magnífico exemplo de necrópole con tumbas antropomorfas que hai a 400 m da aldea, pero o tempo xa apremiaba.

Nesas cheguei á Fabrica da Luz, como dixen sen moito esforzo: deixei a bici nun lavadoiro e fun á cantina para que lle abriran ó auga. O encargado, ó verme “de faena”, preguntou que qué ruta fixera; a resposta non a esperaba: “todas”. Entón preguntou que cómo estaban os camiños, e eu comenteille a verdade sen filtros; a súa resposta foi que, como queren conter o gasto, hai pouco personal para o mantemento dos camiños, e só pasarían por aí en xullo... Tiven mala sorte.

Eso sí, o home animoume a protestar públicamente e ante Turgalicia, encargados finalmente do bo funcionamento dos centros btt. Ese será o proximo paso.

Tras ese intercambio de impresións, funme dar unha reconfortante ducha nas magníficas instalacións do albergue.

Como conclusión, ruta moi dura, con momentos nos que cómpre pericia coa bicicleta e levar claro o percorrido, pois a sinalización estática é deficitaria por momentos, e os tracks oficiais son...inexactos. Pero tanto o entorno, as vistas, a porcentaxe de tramos sen asfalto, etc... Non defraudarán ó que busque sensacións fortes coa bicicleta de montaña.
Carretera sin pavimentar
540 m altura
Nogueira de Ramuín
Bosque
Parada de Sil
Carretera sin pavimentar
500 m altura
Entidad San Lourenzo de Barxacova
Santo Estevo de Ribas de Sil
Regato Do Batán
Carretera sin pavimentar

9 comments

  • Photo of JOLIN

    JOLIN Jun 20, 2016

    Julk... me parece que non tardaremos en seguirche esas rodeiras, posnos os dentes moi longos... saúdos.

  • Photo of julk

    julk Jun 21, 2016

    Será un honor, Jolín!!! Non me deixes de informar, e no que poda axudar, xa sabes ;)

  • Photo of Jose Fdez

    Jose Fdez Jun 22, 2016

    Pois xa podian ter os camiños en condicions,k pa eso paparon os cartos

  • Photo of julk

    julk Jun 22, 2016

    Efectivamente, eso mismo pensaba eu no albergue... Debíamos facer algo de presión entre todos, xa está ben de tirar proveito das nosas ilusións

  • Photo of JOLIN

    JOLIN Jul 24, 2017

    Máis vale tarde que nunca, reservado o vindeiro finde para catar esos camiños en 2 días ampliable a 3 si se precisa

  • Photo of julk

    julk Jul 25, 2017

    Que a desfrutes! Agardo as túas impresións...

  • Photo of JOLIN

    JOLIN Aug 2, 2017

    Pois estamos de volta e moi contentos do vivido o fin de semana, foron 3 días onde fixemos o teu bucle dividido en dúas rutas de 50 qm añadindo algún bucle e mirador máis tal como a visita o Mosteiro de Santa Cristina e os embalses da cabeceira do río Mao así como o paseo de sendeirismo polo propio río Mao.
    Comentar que os camiños estaban recién desbrozados polo que en ningún momento atopamos dificultades nese sentido, deduzco que o ideal é facela nesta época pois durante o resto do ano dubido que os manteñan pois son moitos quilómetros de rutas. Animar a xente que se quede na Fábrica da Luz pois pareceunos que estaba infrautilizado e, polo menos connosco, foron super amables e o sitio para deportes de natureza é o ideal podendo facer as 3 comidas do día nel. Gracias Julk por romper o xeo e atreverte a comer a ración en un solo día, así deunos a nos máis seguridade que en 2 días íamos rematala. Saúdos.

  • Photo of JOLIN

    JOLIN Aug 2, 2017

    Si alguén quere os nosos tracks están tamén en wikiloc:

    dia 1 BTT dende Luintra:
    https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18959877

    dia 2 BTT dende A Fábrica da Luz:
    https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18960101

    dia 3 sendeirismo do río Mao:
    https://www.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=18960304

  • Photo of julk

    julk Aug 3, 2017

    Vexo que era certo que os camiños se repasaban en xullo. Mala sorte tiven eu... :(

    Concordo contio na apreciación de que o albergue está moi infrautilizado. De feito, fun varias veces a él e sempre o atopei a menos de medio gas. Definitivamente, a sorte está detrás do éxito de moitas empresas, sendo inexplicable cómo moitas van adiante con menos propostas que outras que non levantan cabeza.

    Confío en que tanto a Ribeira Sacra coma a propia Fábrica serán nun futuro próximo un éxito (relativo) de turismo, pois tanto o entorno, os camiños, a tranquilidade...Pagan moito a pena.

    Grazas polo comentario, Jolín! Boa aventura a túa.

You can or this trail