Download

Distance

3.72 mi

Elevation gain

230 ft

Technical difficulty

Moderate

Elevation loss

230 ft

Max elevation

883 ft

Trailrank

54 3.7

Min elevation

741 ft

Trail type

Loop

Coordinates

163

Uploaded

April 20, 2021

Recorded

April 2021
  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
Be the first to clap
2 comments
 
Share
-
-
883 ft
741 ft
3.72 mi

Viewed 61 times, downloaded 4 times

near Berdoyas, Galicia (España)

INFO GRIXOA:

http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Grixoa.pdf

INFO ROMAR:

http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Romar.pdf

INFO A CASANOVA:

http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Casanova.pdf

INFO BERDOIAS:

http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf
Religious site

Igrexa de San Pedro de Berdoias



A construción de finalidade relixiosa máis emblemática é a igrexa de Berdoias que, a partir do século XVII, sustituíu á antiga igrexa parroquial, hoxe desaparecida, situada daquela no lugar de Grixoa.

Consta esta igrexa de Berdoias dunha nave de planta de salón que comunica coa capela maior, cadrada, mediante un arco campanel sobre piares.

Esta capela está cuberta por unha bóveda de cruzaría nervada e estrelada, con cinco claves. Precisamente na clave central figura o anagrama co nome de Alonso de Lema II, o fidalgo que mandou construír a capala maior en 1617, tal como aparece tamén nunha inscrición dun muro exterior.
Esculturas pétreas de San Pedro, no cruceiro e na fachada da igrexa.

A fachada da igrexa, edificada a mediados do século XIX, está presidida, enriba da porta, por unha escultura pétrea de San Pedro, o patrón da parroquia, e sobre todo por unha esvelta torre-campanario, de tipoloxía barroca, rematada por un tambor octogonal e unha lanterna.



IGREXA DE SAN PEDRO. Patrimonio Galego.Catalogouno Manuel Rial
A igrexa de San Pedro de Berdoias foi trasladada da súa localización orixinal no lugar de Grixoa. A decisión foi tomada polo fidalgo Alonso de Lema II e a súa muller Maior Franqueira, quen sufragaron todos os gastos das obras na capela maior en 1617. Así, na clave da bóveda estrelada desta capela pódese ver o anagrama do nome do fidalgo. O campanario sitúase no centro da fachada principal, maxestoso, de dous corpos. Foi construído a mediados do XIX. Nun nicho da fachada atópase unha escultura de San Pedro coas chaves do ceo na man.



Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=6823)

Ruins

Casas das Rebeiras e da Rata



Que tan só manteñen “en pé” restos dalgúns muros, a piques de caer. Pero quedan como tesouros das dúas, algunhas das construcións complementarias: os seus cabazos, os pozos, os fornos de cada unha, e a carón da da Rata conserva tamén unha eira e unha cabana, rehabilitadas.

(43.05714, -9.08471)
Situada no interior do núcleo de Berdoias, a poucos metros da Vía Mariana e da antiga escola, hoxe “Casa de Acollida” ó camiñante que atende a Asociación Parroquial de Berdoias. Velaquí un espazo e unha paisaxe máxica: coa EIRA, de chan lousado e bordo perimetral ben conservado, destinada á malla do gran.; coa CABANA, construción para almacenar trigo, centeo, avea ...; e co CABAZO, construción para conservar e almacenar o millo. Eira, Cabana e Cabazo,tres arquitecturas do pan, todas elas amantes de espazos solleiros e ventosos.


AS EIRAS. Esas construcións de transformación do gran que, noutros tempos, centralizaron o traballo campesiño de cada verán coas MALLAS do trigo, do centeo, da avea… Eiras que foron esmorecendo dun xeito acelerado ó longo da segunda mitade do século XX.Un lugar e unha paisaxe máxica: coa EIRA, construción enlousada para a transformación do gran; coa CABANA, construción para almacenar trigo, centeo, avea ...; e co CABAZO, construción para conservar e almacenar o millo. Tres arquitecturas do pan, todas elas amantes de espazos soleados e ventosos.

Ruins

Cabazos da Rata e do Coto



Que tan só manteñen “en pé” restos dalgúns muros, a piques de caer. Pero quedan como tesouros das dúas, algunhas das construcións complementarias: os seus cabazos, os pozos, os fornos de cada unha, e a carón da da Rata conserva tamén unha eira e unha cabana, rehabilitadas.

Fotografía da vella casa das Rebeiras, hoxe en ruínas.

FORNOS
Parellas de fornos da casa da Rata
Forno da casa das Rebeiras

A EIRA da CASA da RATA.

(43.05714, -9.08471)
Situada no interior do núcleo de Berdoias, a poucos metros da Vía Mariana e da antiga escola, hoxe “Casa de Acollida” ó camiñante que atende a Asociación Parroquial de Berdoias. Velaquí un espazo e unha paisaxe máxica: coa EIRA, de chan lousado e bordo perimetral ben conservado, destinada á malla do gran.; coa CABANA, construción para almacenar trigo, centeo, avea ...; e co CABAZO, construción para conservar e almacenar o millo. Eira, Cabana e Cabazo,tres arquitecturas do pan, todas elas amantes de espazos solleiros e ventosos.

AS EIRAS. Esas construcións de transformación do gran que, noutros tempos, centralizaron o traballo campesiño de cada verán coas MALLAS do trigo, do centeo, da avea… Eiras que foron esmorecendo dun xeito acelerado ó longo da segunda mitade do século XX.Un lugar e unha paisaxe máxica:
Monument

Casa do Carmelo

De 1852; segue lucindo unha fachada remozada, e conserva no seu interior unha lareira con ampla cheminea, e mesmo unha tulla, habitación enteiramente de pedra onde se gardaba o gran: trigo, centeo, avea...

Casa do Carmelo
Lareira e forno do Carmelo
EIRA da CASA do CARMELO(Link)
Ruins

Casa fidalga de Alonso de Lema

Moncho Gándara Martínez. 20Ago2020

a. A CASA GRANDE DE ALONSO DE LEMA II
A Casa Grande de Alonso de Lema II en Berdoias, de principios do XVII, unha antiga casa fidalga que resulta ser das máis emblemáticas da parroquia.

Casa de Alonso de Lema
Integrada dentro do núcleo do lugar de Berdoias, é unha casa-vivenda de planta rectangular, de case 13 m de longo, e que consta de planta terrea e sobrado. Sin cheminea (o fume saía por entre as tellas dun teito que era a tres augas)
Ten unha fachada de cantería con pezas de gran tamaño na súa maior parte, dispostas un tanto irregularmente. E na súa parte central, unha porta alintelada cunha inscrición de quen fixo a casa e a data: Alonso de Lema II en 1607.
No mesmo lintel, completando a inscrición, aparecen os gravados dunha palma e dunha espada, emblemas do " Santo Oficio da Inquisición" da que Alonso de Lema II figurou como "comisario". Precisamente, cun dos seus informes evitou a morte das " 6 bruxas de Carantoña" e permitíu a súa liberación.
(1) Berdoias garda memoria sobre a Inquisición, a través desta copla popular que, transmitida polas vellas e vellos, chega a nós pola veciña e cantareira Carme da Gelfa:

" A Santa Inquisición murríu /
vai cos demos no inferno, /
os demonios tan contentos /
teñen leña pró inverno".

Esta Casa Grande de Berdoias ten como construcións adxectivas:
No lado norte, unha dependencia adosada, duns 12 m de longo, dedicada no seu día a corte para o gando, e que ten unha interesante porta tamén alintelada- un lintel sobre machóns-. E mesmo a continuación, mais ó norte, a boa feitura de muros, xunto cun amplo portal e un alto paredón que cercan unha finca, son indicativos dunha posible vinculación, noutras épocas, coa propia Casa.
No lado sur, conserva o chan da eira.
E no leste, na finca posterior da Casa, atópase o cabazo.

CASA DE LEMA
Inclúe:
Eira do Merexán
Cabazo
Pombal
http://patrimoniogalego.net/index.php/52274/2013/11/casa-de-alonso-ii-de-lema/
Ruins

Eira do Ginio

Eira do Ginio
Ruins

Mámoa de Freáns

A mámoa de Freáns está situada a 700 m de Berdoias, nun prado natural a carón do mesmo camiño tradicional que conduce á Casota, que queda 200 m máis adiante.
Ë unha tumba composta por un túmulo, un pequeno amoreamento de terra de 1,30 m de altura, de planta, neste caso, ovalada: con diámetro N-S de 17,50 m, e con diámetro E-W de 22, 70 m.
A forma de casquete esférico deste túmulos, sobre todo os de planta circular, recordan a unha mama, de aí o nome que se lle dá.
As mámoas acubillan no seu interior un sepulcro de pedra, unha anta, aínda que hai mámoas que xa non se lle atoparon.
Nesta mámoa de Freáns, a falta de escavación, non se aprecia polo exterior restos nen presencia de sepulcro de pedra.
A información básica sobre este texto e unha parte das fotos proceden:
- Da publicación do Colectivo A Rula: “Na espiral dos círculos concéntricos (2019)
- Da publicación de Xosé María Lema: “Polas antas e mámoas da Costa da Morte” (2006)
Ruins

Petróglifos do Pedrouzo 1

Os petróglifos son eses gravados nas rochas, a maioría de máis de 4000 anos de antigüidade, que forman parte das xoias patrimoniais enigmáticas, e das que, en moitos casos, aínda hoxe se nos fai difícil descifrar o seu fondo significado.
ESTACIÓN DO PEDROUZO 1:
Os traballos de fotogrametría permitiron localizar novos gravados nesta ampla laxe granítica, distribuidos en 4 paneis, e nos que se distinguen múltiples deseños de tipo xeométrico: un mínimo dunhas 9 combinacións circulares, de diferentes número de aneis de diámetros diferentes, e con coviña central.
Igualmente hai coviñas e cazoletas de diferentes tamaños


(http://patrimoniogalego.net/index.php/5334/2011/09/petroglifos-do-pedrouso/#respond)



Ruins

Petróglifos do Pedrouzo 2

Nun único panel presenta, como a primeira estación, gravados de carácter xeométrico e de temática abstracta, pero ten como diferencia a morfoloxía dos sucos (algúns, máis anchos e fondos) e diferente tipoloxía de motivos representados, uns a carón dos outros, o que nos fala de gravados pertencentes a diferentes períodos:
Do prehistórico:
- Ata nove combinacións circulares, de diferentes diámetros e número de aneis e coviña central.Dúas destas combinacións teñen acaroadas formas rectagulares , e outra ten acaroado tamén un deseño ovalado dividido en pequenos cadrados.
- dous aneis en forma de 8, unha pequena cruz sobre un círculo...
Do histórico:
- cruces simples, cruces con pés circulares, cruces dobres con brazos rematados en círculos...etc
Coordinates (lat,lon): 43.052518,-9.090749
Elevation: 249 meters




Archaeological site

Casota de Freáns

Casota De Freans (Dolmen)

O colectivo A RULA, adicado á descuberta, investigación e divulgación, entre outras, de manifestacións artísticas tan singulares como son os gravados rupestres, fixo un excelente traballo de investigación e divulgación dos petróglifos da parroquia de Berdoias.
Coa elaboración de fotogrametría en 3 D permitíu precisar unha mellor descrición destes gravados, e coas súas fermosas xeiras nocturnas feitas en agosto do 2017 e en xullo do 2018, contribuíu dun xeito decisivo ó seu mellor coñecemento e divulgación.

A información deste texto e case todas as fotos proceden da publicación da Rula “Na espiral dos círculos concéntricos” (2019) no que se lle adican os capítulos 11 e 12 ós petróglifos da parroquia de Berdoias.

A Casota de Freáns, tamén chamada Casota dos Mouros ou de Berdoias, é unha pequena anta situada ao pé dun camiño tradicional, acaroada a un muro lindeiro dunha parcela agrícola, a pouco máis de 800 m de Berdoias.

A partir da segunda metade do século XX foi foco de atención dos estudosos do megalitismo:

- Na década dos 30 a Casota acadou sona internacinal tras ser estudada polo matrimonio de arqueólogos alemáns, os Leisner.
- En 1948 foi obxecto de estudo por Luís Monteagudo, e en 1953 por Ramón Sobrino.
- na primeira década deste século, tralos traballos dirixidos polo arqueólogo A. Rodríguez Casal, a Casota de Berdoias foi unha das antas seleccinadas para incluír dentro do anunciado Parque do Megalitismo da Costa da Morte, aprobado pola xunta en 2016.
Esta Casota é de planta rectangular de tres lousas chantadas verticalmente, ben encaixadas, e cunha tampa de cubrición monolítica. A súa forma, a ausencia de corredor e de túmulo fan considerar ós arqeólogos que forma parte das arcas megalíticas, antecesoras das cistas da idade de Bronce, entre o 2.500 e o 2000 a.

Nas caras internas das tres lousas verticais ten gravados: Coviñas e cruces, distribuídas dun xeito peculiar que levou a que varios autores formulasen hipóteses dun mapa estelar, da posible representación de constelacións, no que cada coviña se correspondería cunha estrela.
Na parte exterior da tampa hai unha cruz histórica, e tamén dúas coviñas.
43.047842,-9.086353

(http://patrimoniogalego.net/index.php/5346/2011/09/casota-de-freans/ )
A Casota de Freáns é un dolmen particular dentro do Megalitismo galego. Estímase que foi construído entre o 2500 e o 2000 a.C. Presenta unha planta rectangular formada por tres chantas verticais e unha tampa monolítica. Dimensións: 1,60 m de ancho na cabeceira, 1,48 m na entrada, cunha lonxitude de 2,70 m, cuberta de 2,40 x 3,50 m.
Dentro, nas súas laxes verticais conserva varias inscricións: coviñas e cruces. Estas últimas seguramente se fixeran para cristianizar un lugar pagán.
Posto que non ten a estrutura típica (con corredor e estrutura tumularia), encaixa dentro das construcións tardías do megalitismo galego, predecesoras das cistas da Idade do Bronce.
Information point

GRIXOA



O LUGAR DE GRIXOA.

.http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Grixoa.pdf

. No que se refire a Casas- Vivenda do lugar de Grixoa podemos citar: A casa do Varelo e a da Chasca. A do Varelo que aínda conserva na súa fachada principal 4 pousadoiros ornamentados de antigas lacenas de abellas. E tamén dispón de construcións adxectivas coma eira e cabana, cortes do gando, lacenas de abellas, unha alvariza lineal, cabazo de tipo do arco fisterrán...
A casa da Chasca (do Cancela) que aínda ten o patín de acceso ó sobrado onde ,noutros tempos, se facían panilladas nas que participaban mulleres do Grixoa e de lugares veciños, así como foi espazo para o baile. Na súa fachada leste hai lacenas de abellas.

- En canto a cosntrucións de transformación do gran: eiras, muíños e fornos. Grixoa conserva hoxe 4 eiras: unha, terrea; e tres, de chans lousados. E 8 fornos.

- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Grixoa ten 14 cabazos, todos eles do tipo arco fisterrán: algúns da variedade rústica; e, a maioría, da variedade soneira...

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, e 1 alvariza lineal.

- Con respecto ás construcións do territorio, Grixoa conserva exemplos de camiños, valados, e pasos coma os portelos do camiño da escola e da misa, cara Berdoias...

- Como construción de Relixiosidade: a cruz de Grixoa ou do Varelo, no comezo do camiño cara a vella igrexa hai tempo desaparecida.
AS PANILLADAS NA COSTA DA MORTE
(https://images.app.goo.gl/FSRE7KJmYYJaEzjz8)
Monument

1. Eira e Cabana do Varelo

d. Eira e Cabana do Varelo
Eira e cabana situadas a carón da corte da casa-vivenda. A eira, nun exemplo de adaptación ó medio, ten boa parte do chan empedrado que procede dunha rocha alisada en situ. O peche perimetral de máis de 1 m de altura, está composto por un muro de cachotería

e. Cabazos do Varelo, Placer e Volante (1 e 2)
Vello cabazo de Variedade Soneira
Monument

2. Casa, Alvarizas e Lacenas do Varelo

a. Pousadoiros ornamentados de Lacenas para as abellas na casa do Varelo
b. Detalle de tres pousadoiros moldurados e un antropomorfo, na fachada da casa do Varelob. Lacenas de abellas na corte da casa do Varelo
Muro posterior da corte do gando
c. Alvariza lineal do Varelo
As alvarizas son outro tipo de construcións de cría e habitación de abellas. Ó contrario das lacenas, son construcóns a ceo aberto, cerradas ou abertas, que acollen e protexen un conxunto de colmeas.
ALVARIZA DO VARELO, en Grixoa, localizada na horta que está a carón da casa, en plena Vía Mariana, é unha pequena construción aberta, lineal, unha tipoloxía propia da Terra de Soneira, Bergantiños, e Xallas. Dun valado de pedra que lle serve de proteción polo posterior, parte unha cuberta de lousas, e con divisións do espazo cuberto mediante laxes verticais. Precisamente nesta especie de marquesiñas de pedra é onde se instalarían, protexidas, as colmeas de madeira.
Monument

3. Casa do Volante, Lacenas, Eira Terrea e Fornos

(6)
LACENAS
EIRA TERREA
FORNOS
CABAZOS
1. Muniso
2. Nieves
3. Marina
Ruins

4. Forno da Capacha

4. Os Fornos
O forno é unha pequena arquitectura circular abovedada, de pedra ou combinando pedra e ladrillo, e cun diámetro interior que oscila, na maioría dos casos, entre 0,70 m e 0,90 m. Na parroquia tamén os hai de máis de 1,00 m de diámetro, chegando ata 1,50 m o máis grande
A súa presencia estaba xeneralizada, en casi todas as casas rurais da parroquia había un forno- nalgúns casos, dous- ubicados, as máis das veces, na cociña, a carón da lareira.
Na actualidade, nos lugares da parroquia de Berdoias logramos localizar, até o día de hoxe, uns 64 fornos, dos que 8 están localizados en Grixoa.
Estas pequenas arquitecturas, complementarias das casas-vivenda, eran de composición delicada e complexa xa que a súa construción requería coñecementos, cálculos axustados, materiais axeitados, non só para o seu basamento e cimentación senón tamén, sobre todo, para a súa cámara abovedada que asegure umha óptima cocción, e mesmo para o seu bombo exterior, que teña un bo e imprescindible aíllamento.
Os fornos eran os protagonistas finais do pan de cada día, os lugares onde remataba o longo e labarioso proceso produtivo do millo, do trigo, do centeo...
E se foron protagonistas, xa non digamos o de testemuñas de moitas historias nacidas ou contadas noutrora a carón das lareiras.
Forno da Capacha
O FORNO DA CAPACHA, en Grixoa, o forno máis pequeno da parroquia de 0,41 m de diámetro interior/ e 0,63 m de altura.
Monument

5. Casa e Lacena do Vilar (Ou Miguelo)

(6)
LACENAS
EIRA

CABAZOS DA MIGUELA OU DO VILAR: dos máis novos, da variedade SONEIRA
Monument

6. Eira do Vilar

AS EIRAS, eses espazos arquitectónicos complementarios das casas vivenda rurais, son construcións de transformación do gran, que noutros tempos, centralizaron o traballo campesiño de cada verán coas MALLAS do trigo, do centeo, da avea…
A malla, o labor de separación do gran da palla, foi un dos exemplos de cooperación veciñal no mundo rural. Pero as eiras foron esmorecendo dun xeito acelerado ó longo da segunda metade do século XX. A mecanización, os progresivos cambios nos cultivos, e as necesidades de novos espazos , contribuíron en gran mediada ó seu abandono e mesmo á desaparición de moitas delas...

CABAZOS DO CANCELA E DO VIRIÑA
Cabazos novos de cantaría, denominados da variedade CARNOTA que na parroquia non chegan a un 10%, e en Grixoa tan só hai un exemplar: cunha cámara construída con doelas regulares, de iguais dimensións, puídas previamente, perfectamente talladas e encaixadas; con físgoas ou ventos colocadas dun xeito tamén regular; con pés prismáticos, cilíndricos, ou incluso troncocónicos nos máis antigos; e con capas de forma de roda ou troncocónicas.
Monument

7. Casa do Cancela (ou da Chasca)

Pola escaleira e patín que aínda conserva accedíase ó sobrado, espazo de panilladas das mulleres de Grixoa e lugares veciños, e de bailes
a. Casa da Chasca, fachada con patín
b. Lacenas na fachada da casa da Chasca
c. Eira do Cancela e a casa da Chasca
d. Cabazos do Cancela e do Salerio
e. Pozo e lavadoiro do Cancela.
Pola escaleira e patín que aínda conserva accedíase ó sobrado, espazo de panilladas das mulleres de Grixoa e lugares veciños, e de bailes
AS PANILLADAS
(https://images.app.goo.gl/FSRE7KJmYYJaEzjz8)
O encaixe de panillos- noutros lugares, tamén chamados palillos- é unha das artesanías máis coñecidas da Costa da Morte., creado polas mans habilidosas de mulleres, entrelazando panillos e fíos sobre unha almofada, seguindo un patrón, e cun son rítmico moi característico. En moitas aldeas, as mulleres adoitaban xuntarse para panillar, as panilladas, o que supoña un pequeno complemento para a economía familiar. As panilladas eran uns espazos de traballo, socialización, e tamén de lecer. “Onde había panilleiras había cantareiras”. Na Casa de Estrella, na Pedra do Frade; ou na da Chasca, en Grixoa, son bos exemplos, non só eran espazos para panilladas,senón que tamén de celebración de bailes a ritmo
Religious site

8. Cruz do Varelo

8. Cruz do Varelo
Information point

ROMAR


http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Romar.pdf.

.- En canto a cosntrucións de transformación do gran, Romar conseva hoxe 5 eiras, dúas delas incompletas. E 8 fornos.,



- No tocante a construcións de almacenamento de gran, Romar ten 13 cabazos, case todos eles do tipo arco fisterrán : a gran maioría, da variedade soneira; e un, da variedade rústica. Así mesmo, hai un exemplar de cabazo, sen pés, sobre repisa maciza e outro construído enteiramente de ladrillo.

- No que se refire a construcións de cría e habitación de animais ten 17 lacenas de abellas, tres delas activas.
- En construcións de aproveitameto da auga: a fonte e lavadoiro de Romar
Monument

1. Eira e Cabazos do Sores. Romar

Aquì esta a eira do Sores. A dereita, o vello cabazo de Enrique, variedade soneira. À esquerda, està tamèn o vello cabazo do Sores. No centro, pegado à eira, o cabazo, sen pès.Con cabazo Grande e cabazo Pequeño
A carón da estrada que vai de O Petón cara Berdoias, tramo coincidente co da Vía Mariana, mesmo na entrada do lugar de Romar á dereita, atópase todo un conxunto harmonioso de arquitecturas do pan: cabana, eira, e cabazos.
A eira do Sores, que loce no centro do cadro, é unha construción de transformación de gran; un espazo arquitectónico de pedra, de forma mixta, é dicir, parte cuadrangular, e parte circular. Ten un espléndido chan empedrado de longas lousas e un bordo perimetral de cachotería ben conservado e cuberto pola cara interior que dá á eira con lousas de diversos tamaños.
. (43.04631, -9.0782)

Cabazo Grande do Sores. Soneira Vello. (43.0463, -9.07831)
Cabazo Pequeno. Sen pes
(43.04631, -9.0781)
Conta a familia de que antes do chan lousado actual foi, hai moitos anos xa, unha eira terrea, de terra compactada… Tamén, tempo atrás, as mallas do trigo, centeo e avea facíanse nesta eira aproveitando o pisar das bestas que, para este traballo, eran baixadas dos montes do Cabral, da parroquia veciña de Baíñas.
Completando conxunto con esta eira do Sores está a cabana, que era a construción de almacenamento do gran: trigo, centeo, e avea; e están tamén ó seu arredor cinco cabazos, de diversos veciños, - catro, máis vellos, de pedra; e outro máis novo, xa de ladrillo-.

Cabazo da Sarapia. Rustico
(43.04627, -9.07798)
Cabazo do Avelino. Soneira Novo
(3.04694, -9.07796)

Cabazo da Sarapia

Eira e Cabazo do Enrique
Monument

2. Cabazos de Avelino

da variedade SONEIRA.
Waypoint

4. Eira e Cabazo do Benito

4. Eira e Cabazo do Benito
Fountain

3. Lavadoiro e Fonte

A Fonte e Lavadoiro de Romar, fonte de cano que verte sobre un estanque e comunica más abaixo cun lavadoiro que aínda conserva as lousas de pedra para lavar. A fonte e o resto do lavadoiro son de cemento desde a súa restauración e remodelación inicial feita no 1946, e a posterior, nos anos 80.
43.04642, -9.07696
Monument

5. Area de Lacenas

Lacenas da Mercedes do Roque
Monument

6. EIRA da ROSARIA

43.04694, -9.0772
Pequena eira circular situada contra a parte alta de Romar, un espléndo espazo venteado e solleiro. Este perfecto “anel” conserva o chan lousado e un completo muro perimetral de cachotería, con dúas pequenas entradas de acceso. Ó seu carón continúa unha cabana na que se gardaba o gran procedente da malla: trigo, centeo, evea…; e máis arriba da eira, dous cabazos (un, da Rosaria e outro, do Clarito.)
43.04711, -9.07712
Cabazos do Rosaria e do Clarito
Localizados moi preto da eira da Rosaria. Dous vellos cabazos do tipo do arco fisterrán, da variedade soneira

Cabazo de Carme da Goriña. 43.04682, -9.07707
Monument

7. Lacenas de Clarito

As tres lacenas do Clarito, que aínda están activas, locen salientadas na fachada da casa- vivenda, exentas de recebo. Cabazo sen pes do Rebeiro (43.04805, -9.07737)
Monument

8. Cabazo do Rebeiro e do Jonas

Cabazo sen pes do Rebeiro (43.04805, -9.07737)
Cabazo do Aurelio ou Jonás (43.04802, -9.07792)
Information point

A CASANOVA


http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Casanova.pdf

. A Casanova é do grupo dos lugares máis pequenos da parroquia, de 4 veciños. Do seu Patrimonio material:


Dentro das construcións de transformación do gran, conserva:
4 eiras, sendo a eira circular de Rúa, a que está completa, un fermoso exemplo de adaptación ó medio, co seu chan dunha rocha alisada in situ.
Un pequeno muíño de regato
Dous fornos

No tocante a construcións de almacenamento do gran, ten 3 exemplares de vellos cabazos do tipo arco fisterrán, da variedade soneira rústica e soneira

Con respecto a pequenas construcións de cría e habitación de animais conseva tres lacenas de abellas.
Ruins

1. Eira de Rúa. A Casanova

Nas aforas da Casanova, a carón mesmo do lugar, está esta construción de transformación do gran, esta xoia que é a pequena eira circular de Rúa que se nos ofrece á vista tal que “un anel encantado”.
Os seu chan, nunha perfecta adaptación ó medio no que se localiza, procede do aproveitamento in situ dun terreo rochoso, dunha soa laxe natural, aplanada;
O bordo, valado perimetral da eira, é de cachotería, de pouca altura. E mesmo combina neste peche, un tramo de cachotería, en plena harmonía con outro tramo a base de chantos de pedra.
(43.049248, -9.075912)

O MUÍÑO DE REGATO. (43.049232, -9.076395)
Nas aforas do pequeno lugar da Casanova, como mesmo “facendo parella” coa eira de Rúa,está tamén esta reliquia, pequena construción de transformación do gran, O MUÍÑO de regato.
É unha sinxela arquitectura do pan que conserva aínda as súas paredes rústicas, de cachotería, e coa cuberta tamén de lousa.
Funcionaba nos meses de suficiente aporte de auga.
No seu interior, conserva o pé do muíño, xa sen moa

O CABAZO DE RÚA,  (43.049607, -9.076220)
un cabazo novo da variedade SONEIRA que xa ten pés troncónicos máis longos, máis estlizados e esveltos, apoiados nunha pronuciada repisa que equilibra un chan en pendiente e a súa vez faille ganar altura para umha mellor aireación;
Con tornarratos ou capas tamén troncocónicas e delgadas.
A cámara ten aspecto hermético, de doelas de diferentes tamaños e superpostas, sen apenas facerse desbastes entre as unhas e as outras para a aireación.
Monument

Eira terrea, do Casanova. Cabazo e Forno

Inclue Forno do Casanova
O FORNO da CASA DO AGRO. (43.05173, -9.07874)
O forno da casa do Agro é un dos 70 exemplares de costrucións de transformación de gran deste tipo, localizados na parroquia. O forno é unha pequena arquitectura circular abovedada, complementaria da casa-vivenda,de pedra ou combinando pedra e ladrillo, e cun diámetro interior que oscila, na maioría dos casos, entre 0,70 m e 0,90 m. Na parroquia tamén os hai de máis de 1,00 m de diámetro, chegando ata 1,50 m o máis grande.

A súa presencia estaba xeneralizada, en casi todasas casas rurais da parroquia había un forno- nalgúns casos, dous- ubicados, as máis das veces, na cociña, a carón da lareira.
Este forno da Casa do Agro é dos máis pequenos da parroquia: de 0,58 m diámetro interior,e 0,76 m de altura.
e CABAZO DO CASANOVA. (43.04964, -9.07666)
- As cámaras herméticas teñen como base unhas longas trabes, as pontes, que se apoian nos tornarratos. Sobre elas dispóñense as ringleiras de doelas, bloques de pedra pouco labrados, bastante irregulares. E como característica propia e exclusiva, diferente das outras variedades, moitos cabazos da variedade soneira carecen a miúdo das pontes penais, as testas das partes estreitas, esas laxes que van de capa a capa e sosteñen as paredes. - Non adoitan levar pinches (pezas triangulares) nas partes penais ou son moi elementais, -non teñen remates ornamentais.
Risk

Wy Point de reserva

Monument

Eira do Ferreiro

Eira do Ferreiro Cabazo do Ferreiro
Waypoint

Wy Point de reserva

O CABAZO do FERREIRO,

Ten os pés grosos, pouco desbastados e aínda de pouca altura, que xa foron adquirindo a forma troncocónica, e asentados directamente no chan ou sobre repisas pouco elevadas; con capas de forma máis ou menos planas e máis ou menos circulares.
(43.049828, -9.076703)
Monument

Casa do Agro

O FORNO da CASA DO AGRO. (43.05173, -9.07874)
O forno da casa do Agro é un dos 70 exemplares de costrucións de transformación de gran deste tipo, localizados na parroquia. O forno é unha pequena arquitectura circular abovedada, complementaria da casa-vivenda,de pedra ou combinando pedra e ladrillo, e cun diámetro interior que oscila, na maioría dos casos, entre 0,70 m e 0,90 m. Na parroquia tamén os hai de máis de 1,00 m de diámetro, chegando ata 1,50 m o máis grande.

A súa presencia estaba xeneralizada, en casi todasas casas rurais da parroquia había un forno- nalgúns casos, dous- ubicados, as máis das veces, na cociña, a carón da lareira.
Este forno da Casa do Agro é dos máis pequenos da parroquia: de 0,58 m diámetro interior,e 0,76 m de altura.
Information point

BERDOIAS



(XXIV). MOSTRA DO PATRIMONIO MATERIAL DA PARROQUIA DE BERDOIAS.

http://www.caminador.es/wp-content/uploads/Patrimonio-de-Berdoias.pdf
. AS CASAS-VIVENDA NO LUGAR DE BERDOIAS
Berdoias ten 45 casas-vivenda, aínda que delas permanecen habitadas, na actualidade, tan só 22.
Preto dun 85% destas casas son de pedra, que, si as sumamos ás súas construcións adxectivas (28 cabazos, 8 eiras, 18 fornos, 18 lacenas das abellas, 7 muíños… etc ) fan do lugar toda unha rica e variada mostra da arquitectura popular tradicional.
Quedan exemplares de vellas casas-vivenda que xa se atopan nun estado máis ou menos ruínoso, como:
-As casas da Rata e das Ribeiras que xa tan só manteñen “en pé” restos dagúns muros, a piques de caer. Quedan como tesouros das dúas, algunhas das súa construcións complementarias: os dous cabazos, os pozos, os fornos, e a carón da da Rata conserva rehabilitadas unha eira e unha cabana.
- A Casa Grande de Alonso de Lema II, datada de 1607, que ten problemas de cuberta, pero que conserva todos os muros exteriores; e tamén a construción anexa, noutrora destinada a corte do gando; o chan da eira e o cabazo.
- A casa do Patín (ou do Gandiño), que perdeu a cuberta a causa dun incendio a comezos dos anos 80, pero que aínda conserva os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é a escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado. Na dependencia destinada a cociña aínda se mantén en pé a lareira, unha cheminea de considerables dimensións, xunto cun forno moi ben conservado. E nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.
(Boa parte da documentación deste texto procede do traballo de campo " Inventario do Patrimonio Etnográfico sobre o concello de Vimianzo" feito en 1993 por Xosé María Lema, Roberto Mouzo e Moncho Gándara.)
Waypoint

Lacenas das abellas

Monument

Eira do Carmelo

Con Cabazo e Pombal
A carón da Casa de Acollida ó camiñante, na parte alta, ventosa e solleira, do lugar de Berdoias, atópase enclavado un conxunto dun pombal, un cabazo e unha eira, que pertencen á casa do Carmelo.
Un pombal cilíndrico e de teito de ferradura, un cabazo de cantaría do tipo do arco fisterrán, e a eira do Carmelo.
Esta eira é un espazo arquitectónico, parte cuadrangular e parte circular, perfectamente empedrado, cun chan de lousas rectangulares, moi regulares en tamaño.
Ten de bordo un sólido cercado con tramos de alturas que oscilan entre 1,10 m e 1,25 m, e un ancho de 0,70 m, bastante ben conservado. Este muro perimetral é de cachotería e está cuberto pola cara interior que dá á eira con lousas de diversos tamaños.
Un muro compacto non só era apto para protexer o froito senón tamén para facer a malla do trigo, do centeo e das aveas co pisar das bestas.
O POMBAL DO CARMELO
Construción de cría e habitación de pombas adaptada a un terreo empinado, preto da casa-vivenda.
É deses pombais, como acontece na maioría , de corpo cilíndrico, de base circular, e con portas de pequenas dimensións. No pombal de Berdoias, esvelto, o diámetro interior é de 2,5 m, por 3,70 m o do muro na súa parte máis alta. Os muros son de cachotería, e estaban revocados polo exterior con barro caleado, mellor conservados, neste aspecto, os do de Boallo. O hermetismo dos pombais tan só se rompe cunha porta de reducidas dimensións e cos ocos, de entrada e saída das pombas ubicados enriba do beiril no que rematan os muros.
No interior conservan o conxunto contínuo de nichos de pedra para aniñar as pombas, e tan só no de Boallo conserva unha mesa central rectagular onde se depositaba a comida das pombas. O pombal de Berdoias é de teito a unha vertente, tamén chamado de ferradura. Hoxe ten unha cuberta provisoria.
Monument

Pombal do Carmelo

POMBAL do CARMELO
Construción de cría e habitación de pombas adaptada a un terreo empinado, preto da casa-vivenda.
É deses pombais, como acontece na maioría , de corpo cilíndrico, de base circular, e con portas de pequenas dimensións. No pombal de Berdoias, esvelto, o diámetro interior é de 2,5 m, por 3,70 m o do muro na súa parte máis alta. Os muros son de cachotería, e estaban revocados polo exterior con barro caleado, mellor conservados, neste aspecto, os do de Boallo. O hermetismo dos pombais tan só se rompe cunha porta de reducidas dimensións e cos ocos, de entrada e saída das pombas ubicados enriba do beiril no que rematan os muros.
No interior conservan o conxunto contínuo de nichos de pedra para aniñar as pombas, e tan só no de Boallo conserva unha mesa central rectagular onde se depositaba a comida das pombas. O pombal de Berdoias é de teito a unha vertente, tamén chamado de ferradura. Hoxe ten unha cuberta provisoria.
Monument

Casa do Patín ou do Gandiño

A casa do Patín (ou do Gandiño), perdeu a cuberta a comezos dos anos 80 a causa dun incendio, pero mantén os seus muros exteriores. É unha construción con dous teitos a dúas augas, compartindo un desaugadoiro central de pedra. Un dos elementos máis singulares desta casa, ó longo da súa fachada norte, é unha escaleira cun patín, noutrora pechado polos laterais e cuberto, que daba acceso ó sobrado.Na dependencia destinada a cociña aínda ten a lareira, cunha cheminea de considerables dimensións e xunto cun forno moi ben conservado... Nunha das paredes do sobrado perdura tamén unha lareira con cheminea, para calefacción.

Fachada norte da casa do Patín
Cociña e lareira na casa do Patín
Detalle da bóveda do seu forno
EIRA DO FRANCES, xunto a casa do Patin (Link)
LACENAS DA CASA DO PATIN (Link)
Risk

Wy Point de reserva

Eira do Francés (ou Gandiño)
Waypoint

Lacenas do Patin

Monument

Eira do Placido

Eira do Placido
Ruins

Casa da Sarrama

d. A vella casa da Sarrama
Xa non ten escaleira nen patín de acceso exterior para ó sobrado, mais aínda conserva no seu interior un forno, cun sistema de defumado propio. (43.05712, -9.08557)
Ruins

Casas de Mariano e o Cotorro. Lacena das abellas

e. As Casas do Mariano (ou Plácido) e do Cotorro
En estado de total abandono, conserva inda a mostra dunha das súas construciións adxectivas: a eira.

Fachada da casa do Mariano
Eira empedrada do Mariano (ou de Pácido)
(43.05712, -9.08557)
Religious site

Cruceiro de Berdoias



Situado, fronte a fachada da igrexa, na zona oeste do adro. Ten unha plataforma cuadrangular de tres banzos, un pequeno pedestal e un pousadoiro a carón.
No seu varal octogonal ten esculpida en relevo unha figura de S. Pedro.
O cruceiro remata nunha cruz con figuras primitivistas: dun Cristo crucificado e dunha Piedade. O século XVIII é a posible datación do cruceiro.
CRUCEIRO do ADRO. Patrimonio Galego. Catalogouno Xose Troiano
Cruceiro de tipo crucifixo con plataforma cuadrangular e pedestal cúbico cunhas inscricións ilexibles. O seu varal é octogonal e a un terzo ten a imaxe de San Pedro. O seu capitel, cilíndrico, contén astrágalo circular e liso, ábaco, lados curvos e vértices achafranados, volutas e cabezas de anxo con ás. O capitel parece que foi reparado con pezas de ferro. A cruz, cuadrangular, ten brazos achafranados e remates florenzados con botón central. Polo anverso da mesma represéntase unha imaxe de Cristo crucificado con tres cravos inclinando un pouco a cabeza cara á dereita con coroa de espiñas. Enriba da cabeza ten a cartela coa lenda INRI. As mans, abertas, e o pano de pureza anoado á esquerda. Polo reverso ten a Piedade sobre unha peaña dun anxo con ás. A cruz está un pouco ladeada cara á dereita. Todo o cruceiro é de granito.


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=12376)

2 comments

  • Photo of casotadefreans

    casotadefreans Apr 20, 2021

    I have followed this trail  View more

    Está ruta circular la recomiendo incluso para niños y toda la familia, se empieza en Berdoias y se termina en Berdoias, está muy bien señalizada.Yo os la recomiendo

  • Luis do Freixo Apr 20, 2021

    Concordo

You can or this trail