Time  5 hours 36 minutes

Coordinates 1397

Uploaded April 18, 2016

Recorded April 2016

-
-
1,343 f
240 f
0
2.3
4.6
9.28 mi

Viewed 986 times, downloaded 36 times

near San Clodio, Galicia (España)

Esta andaina polo val do río Avia, por terras de viñedos nos concellos de Leiro e Cenlle e con fermosas paraxes entre pequenas aldeas, vainos permitir coñecer una boa mostra de edificacións sobranceiras, como son: o mosteiro de San Clodio, a Casa Grande de Lentille, o Pazo de Rioboó, a igrexa de San Miguel de Osmo e tamén a ponte medieval de San Clodio.


-Mosteiro de San Clodio do Ribeiro.

O Mosteiro de San Clodio foi declarado, xunto á ponte do mesmo nome, Monumento Histórico Artístico Nacional en 1982. A súa orixe non está totalmente clara. Algunhas fontes sitúana no século VI. Para outros estudosos, como Sandoval e Yepes, foi fundado no ano 928.
Nun primeiro momento estivo á disposición dos monxes negros da orde de San Bieito, que o converteron nun núcleo agrícola próspero. Desde el introduciuse o cultivo da vide nesta zona. Desde 1225 e ata a exclaustración, foi cisterciense e novamente beneditino desde finais do século XIX.
Na fachada do mosteiro pódese ver a cruz de Caravaca, coñecida como "Divina Reliquia" e venerada polos aldeáns para protexer as vides da sarabia.
A igrexa do mosteiro, que leva o nome de Santa María, é de estilo gótico e conta con tres ábsidas en correspondencia coas naves. A imaxe da Virxe ocupa o retablo maior, no que aparece rodeada de santos e santas das ordes que nalgún momento ocuparon o mosteiro. É destacable a fachada barroca do antigo palacio abacial. Hoxe, tras un proceso de restauración, o antigo mosteiro foi convertido en Hotel Monacal. Entrando pola súa recepción, pódese acceder aos dous claustros.


-Casa Grande de Lentille.

A Casa Grande de Lentille é un pazo situado na parroquia de San Lourenzo da Pena, no concello de Cenlle.
Na actualidade ten planta en forma de U, coas coxías laterias de distinta lonxitude. A planta actual é froito de modificacións feitas en distintas épocas, malia iso aínda se pode ver o uso de material nobre e ben labrado indicativo das primeiras construcións en contraposición coas mais modernas engadidas ou enxertadas nos corpos máis antigos. Exemplo disto son as ventás con montante, en correspondencia co ancho daquelas.
A fachada principal actual é a que mira ao sueste, cun murallón de peche de reducida lonxitude, con portada e ameas. Sobre da portada de entrada vese o oco que orixinalmente ocupaba o escudo de armas.
Na planta baixa, dende os arcos accédese aos habitáculos dedicados ao servizo e usos agrícolas, e a través da propia solaina accédese a planta alta dedicada a habitación e uso señorial, cunha serie de salóns intercomunicados entre si, como é habitual na maioria dos pazos.
No interior destaca pola súa conservación a cociña, con lareira e campá pequena de pedra que descansa sobre unha grosa columna con capitel e plinto moldurados, e colocada en ángulo. A cociña conserva o forno e o pavimento enlousado.
O oratorio estivo situado nun dos salóns, que segue existindo nunha parede enclaustrado baixo arco de medio punto peraltado un pequeno e artístico de madeira.
Como edificios secundarios sinalar a adega e unha fonte en construción abovedada de pedra.


-Casa Grande de Rioboó ou Pazo dos Temes.

O Pazo de Rioboó é un pazo barroco sito no lugar de Rioboó, na parroquia de San Miguel de Osmo, no concello de Cenlle. Tamén se coñece como Casa Grande de Rioboó e Pazo dos Temes
Foi un dos mais importantes da comarca. Hoxe en día mantense en bo estado, conservado e restaurado polos seus donos.
No ano 1788 era dono do pazo D. Bernardino de Prado Ulloa Piñeiro Araujo Osorio y Barba, cóengo da Catedral de Santiago, que mandou edificar a capela e a portada do pazo.
O conxunto arquitectónico está configurado por un edificio principal de planta rectangular e varias construcións secundarias unidas á principal, incluída a capela, todo el pechado por un muro e fachadas.
A vivenda consérvase moi ben, cos seus teitos e pisos de madeira de castiñeiro nos salóns principais, a cociña empedrada, con lareira, as cabalerizas na planta baixa co teito abovedado formado por tres grandes arcos de medio punto, que se corresponden no piso alto cun salón empedrado.
O magnífico portalón de entrada está formado por un arco de medio punto con grandes dovelas.
A capela está unida e separado ao mesmo tempo polo corpo de división onde se localiza a sancristía e o paso á tribuna da capela. A planta é rectangular e o interior distribúese nunha nave separada do presbiterio por un arco de medio punto. A bóveda é de crucería.


-Igrexa de San Miguel de Osmo:

A igrexa de San Miguel de Osmo é unha construción relixiosa de fábrica orixinal románica, sufrindo profundas transformacións nos séculos XVI e XVII e atópase enclavada nunha carballeira. Ao seu carón hai un enorme carballo de máis de cen anos.
Presenta planta basilical dunha soa nave, lixeiramente modificada, cun adro e un anexo no seu muro norte, anexo no que antigamente se conservaba o arquivo parroquial.
A fachada é sinxela de estilo renacentista, do século XVI ou primeiros anos do XVII, estilo pouco común na zona e en igrexas parroquiais. A porta principal compónse dun arco de medio punto apoiado sobre pilastras rectangulares. O arco adórnase cunha composición de cabezas humanas e unha do demo insertadas en casetóns. Esta portada está enmarcada por dúas columnas apoiadas en basas de gran altura e que na súa parte superior se pechan cunha especie de cornixa. Por riba das columnas, atópanse dous escudos, que tamén parecen indicar a fundación da Igrexa polos Condes de Ribadavia.
Ao pé do altar hai dúas tumbas con escudos (suponse que pertencen a familia dos Condes de Ribadavia).


-Ponte medieval de San Clodio:

Esta ponte sobre o río Avia, a altura de Leiro, ten tres arcos e foi declarada Monumento Nacional no ano 1982.
Parece que foi construida entre 1496 e 1498 e reformada no ano 1731, sendo escenario de violentos enfrontamentos na Guerra da Independencia, no ano 1809.

View more external

Picnic

Area lecer A Carballa

Área recreativa ao carón da igrexa de San Miguel de Osmo.
Picnic

Area lecer Salgueiral

Área recreativa en Leiro, as beiras do río Avia.
Sacred architecture

Capela Santo Antonio

Ermida ao carón da ponte medieval de San Clodio.
Sacred architecture

Capela Virxe Socorro

Ermida no lugar de Osmo, por debaixo da igrexa de San Miguel.
Building of interest

Casa Grande Lentille

Pazo no lugar de Lentille, concello de Cenlle.
Photo

Cruceiro A Carballa

Cruceiro en Osmo, preto da igrexa de San Miguel.
Sacred architecture

Ermida San Roque

Capela por riba do mosteiro de San Clodio.
Building of interest

Escola nenos

Antiga escola pública para nenos, no lugar de O Balcón.
fountain

Fonte 1

Fonte de auga potable no lugar de Cacabelos, concello de Cenlle.
fountain

Fonte 2

Fonte de auga potable no lugar de Roucos, concello de Cenlle.
fountain

Fonte 3

Fonte de auga potable no lugar de O Balcón, concello de Cenlle.
Sacred architecture

Igrexa S. Miguel Osmo

Igrexa de orixe románica, no lugar de Osmo.
Photo

Leiro

Concello da comarco do Ribeiro, provincia de Ourense.
Photo

Lentille

Lugar do concello de Cenlle. Conta cunha Casa Grande.
Sacred architecture

Mosteiro S. Clodio

Mosteiro declarado Monumento Nacional. Está destinado a uso hotelero.
Photo

O Balcon

Lugar no concello de Ourense.
Photo

Osmo

Lugar no concello de Osmo. Conta coa importante igrexa de San Miguel.
Bridge

Pasarela

Pasarela metálica sobre o río Avia, en Leiro.
Building of interest

Pazo Rioboó

Casa Grande no lugar de Rioboó.
Photo

Piñeiro

Lugar no concello de Ourense.
Bridge

Ponte das Poldras

Pontella sobre o río Avia, en Leiro.
Bridge

Ponte S. Clodio

Ponte de orixe medieval sobre o río Avia. Foi declarado Monumento Nacional.
River

Rio Avia

Afluente do río Miño pola marxe dereita.
Photo

Roucos

Lugar no concello de Cenlle.
Photo

San Clodio

Lugar do concello de Leiro. Conta coa igrexa e mosteiro de San Clodio, declarados Monumento Nacional.

2 comments

  • Photo of efeso55

    efeso55 Mar 13, 2017

    No me esperaba una ruta tan interesante, la única pega es la abundancia de acacias que enmascaran en esta época con tanta mimosa el paisaje. Advertir que al salir de Lentille se pierde el camino por estar cegado por las acacias, hay que ubicarse bien con el gps para continuar.
    Gracias

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Mar 13, 2017

    Muchas gracias por tu comentario "efeso55". Por desgracia en la comarca del Ribeiro abundan estos arbustos invasores cuyas ramas fueron utilizadas como estacas en los viñedos de la zona y que escaparon de control.
    Saludos de Suso.

You can or this trail