Time  8 hours one minute

Coordinates 3380

Uploaded January 19, 2020

Recorded January 2020

-
-
2,167 f
399 f
0
3.1
6.2
12.38 mi

Viewed 31 times, downloaded 3 times

near Louredo, Galicia (España)

Un percorrido polo Concello de Mos, lévanos a percorrer a Serra do Galleiro. Existen variedade de rutas por este monte. Nós fixemos esta que consideramos que requiría un esforzo engadido debido ás subidas e baixadas polas devasas ata o mais alto da Serra.

Como dicía todo o percorrido facémolo polo monte, só ao comezo e cando nos desprazamos ao restaurante atopámonos con algo de asfalto, o resto son pistas forestais, camiños e devasas.

Preto da chegada ao restaurante, podemos ver un conxunto de varias coviñas sobre dúas laxes graníticas situadas nun outeiro denominado Chan de Pou.

Estes petróglifos foron descubertos o 9 de novembro de 2017 por varios membros da Asociación Cultural Festa de Prehistoria despois da vaga de lumes de outubro de 2017.

É un roteiro bastante esixente, moito polas subidas e baixadas existentes ao longo de case todo o percorrido, polas devasas con moitas pedras e laxas que non recomendamos facer en días con choiva ou con xeadas que fan que se atopen moi esvaradías.

O tempo en movemento que nos levou facelo foi de 5 horas, 37 minutos.
A media correspondente foi de 3,55 quilómetros hora.

Aínda que a catalogamos como moderada, posto que consideramos que non chega a ser difícil, opinamos que é un roteiro con dificultade moderada alta, rozando o difícil.
Waypoint

A Caseta

Preto do cumio do monte Salgueirón atópase esta caste dende a que se poden ver unhas excelentes vistas panorámicas.
Waypoint

Alto Do Salgueirón

Varios colectivos dos concellos de Mos e Ponteareas organizaron un roteiro no ano 2016 polo monte Salgueirón, lugar no que se atopa a mámoa do Alto do Marco, un elemento do noso patrimonio que linda entre os dous concellos, no alto do monte do mesmo nome. A Asociación de Veciños de Ribadetea (Ponteareas), a Comunidade de Montes de Louredo (Mos), a Asociación Cultural Festa da Prehistoria (Mos), a Agrupación A Cividade (Louredo - Mos) e o Grupo Ecoloxista ADENCO tiveron varias reunións o pasado ano 2015 co Concello de Ponteareas para transmitirlle a súa preocupación sobre este elemento do noso patrimonio, situado no monte Salgueirón, entre os Concellos de Mos e Ponteareas, lugar que se viu afectado hai dous anos por unha proba deportiva que abriu un camiño en pleno corazón do xacemento. Aseguran que, pola súa banda, o Concello de Mos non respostou ás repetidas solicitudes de reunión. Buscamos a colaboración local, pero non a atopamos”, explican, polo que decidiron solicitarlle á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta a posta en valor do xacemento, con actuacións de sinalización e delimitación da mámoa, para evitar novos impactos, porque “o que non se coñece, non se protexe”. Ademais, esta mesma solicitude que foi remitida aos dous concellos no seu día, sen resposta, volveu a presentarse a semana pasada. Noticia publicada en www.sodolouro.com. o 29 de setembro de 2016. Cando pasamos non atopamos ningún sinal que nos indicara a existencia da citada mámoa, polo que sospeitamos que non tiveron resposta da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta.
Waypoint

Amencer en Mos

Fotografía ao inicio da ruta
Waypoint

As pegadas nas pedras. Petróglifos

Noticia na seguinte páxina web: FESTA DA PREHISTORIA Dende a Asoc. Cultural Festa da Prehistoria, xunto coa CMM de Louredo, viñamos demandando reiteradamente estes traballos de posta en valor e protección neste e noutros gravados da parroquia de Louredo xa que están expostos a multiples perigos constantemente. Ao paso das motos hai que sumar os incendios que o pasado mes de outubro estiveron a piques de estragar este gravado para sempre. Foi precisamente o pasado día 9 de novembro, tralos incendios e colaborando co equipo arqueolóxico, cando varios membros da Asoc. Cultural Festa da Prehistoria descubrimos unha nova estación rupestre a 200 mts. da Laxe das Cruces, na Chan de Pou. Os novos gravados son combinacións de coviñas ou cazoletas da Idade do Bronce e moi típicos do estilo rupestre doutros exemplares da parroquia de Louredo. Localizaronse nun par de rochas dun outeiro que domina visualmente o paso do Alto dos Valos e que, ao noso modo de ver, garda un enorme potencial arqueolóxico e etnográfico aínda por descubrir. Dende a Asoc. Cultural Festa da Prehistoria xa comunicamos esta descuberta á Dirección Xeral de Patrimonio solicitando que os traballos que se están a realizar inclúan estes novos petroglifos. A Rede do Patrimonio Cultural (RPC) botou a andar o día 3 de xuño de 2017 nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego no que se aprobou un documento avalado por 69 asociacións e entidades galegas que entendemos o noso patrimonio cultural como un dos principais activos sociais, identitarios e económicos de Galicia e, polo tanto, un recurso estratéxico para a sociedade galega contemporánea que debe ser conservado e transmitido, nas mellores condicións, ás vindeiras xeracións. A RPC é un instrumento orientado a aqueles ámbitos territoriais ou sociopolíticos que resultan de difícil acceso para cada unha das entidades en particular e dar visibilidade ás súas actividades e accións alén dos seus círculos habituais de difusión. Con motivo do Día do Patrimonio Mundial que se celebra o 16 de novembro, as entidades que formamos parte da RPC organizamos actvidades relacionadas co patrimonio ao longo de toda a semana en toda Galiza.
Waypoint

Camiño de pedras

Waypoint

Capela San Gregorio

Pequena capela dunha soa nave con teitume a dúas augas con tella do país e con remates en pináculos, de arquitectura popular, combinando cadeirado e cachotaría. Na súa fachada podemos ver a porta de aceso, unha pequena fornela rectangular e unha pequena espadana dun so oco con arco de medio punto. Posúe tamén dous pináculos nos extremos da fachada principal. Xa consta a súa existencia en documentos do ano 1746. No seu interior están as figuras de San Gregorio e San Xoan.
Waypoint

Coto de San Gregorio

Waypoint

Eucalital

Waypoint

Iniciando descenso

Waypoint

INICIO Rúa Castelo-Mos

N42.22228° W8.59014°
Waypoint

Néboa no alto

Waypoint

O cumio da Serra do Galleiro

A serra do Galleiro é un cordal galego situado ao leste do municipio de Vigo, que abrangue terras dos concellos de Pazos de Borbén, Mos e Ponteareas. Esténdese de norte a sur en paralelo á depresión Meridiana, ao leste da mesma. Na vertente oeste ten o río Louro, namentres que pola leste corre o río Tea. O seu pico máis alto é o Couto do Lobo, con 743 metros sobre o nivel do mar.
Waypoint

Piñeiral

Unha extensa zona do monte adicada ao cultivo dos piñeiros abetos.
Waypoint

Rego Torroeira

Provisioning

Restaurante O Cruceiro

Waypoint

Subindo ao cumio da serra

Dende o cumio podemos observar unhas moi boas vistas panorámicas .

Comments

    You can or this trail