Coordinates 3276

Uploaded June 12, 2018

Recorded June 2018

-
-
3,197 f
1,129 f
0
4.1
8.2
16.44 mi

Viewed 343 times, downloaded 13 times

near Caroi, Galicia (España)

Este luns repetimos unha das rutas feitas polo grupo dos Luns ao Sol fai agora dous anos, pola mesma zona.

Iniciámola na aldea de Cavadosa onde xa podemos observar unhas fervenzas.




Continuamos cara ao sur en dirección ao Parque Eólico do Monte Seixo, que alcanzamos despois dunha boa subida por pistas forestais durante seis quilómetros e medio. Non chove, pero hai bastante néboa, polo que a temperatura é baixa.






Percorremos o citado Parque Eólico para a continuación empezar a baixar o que antes tivemos que subir. Esta vez facémolo todo por unha pista asfaltada, supoñemos que foi feita para servizo do Parque Eólico. Quizais exista algunha alternativa para poder evitar o asfalto. Nós non á atopamos.


No lugar de Carballás onde se atopa a Capela da Conceución do século XVIII, imos continuar camiñando polo roteiro do Frei Martín Sarmiento que nos leva directamente a Cerdedo. Nesta lugar xantamos, como sempre que facemos algunha ruta próxima , no Restaurante O Meu Lar.


Pola tarde, agora con unha lixeira choiva, imos facer o resto que nos queda por un dos sendeiros máis bonitos, cheos de carballeiras e de árbores autóctonos. Primeiro polo que nos falta por percorrer do Frei Martín Sarmiento ata o lugar de Cabenca, pasando por Lourido e Revolta. A continuación desviámonos pola marabillosa ruta do río Seixo, cheo de árbores autóctonos e muíños, eso sí, en ruínas. Sempre pola beira do citado río, que case os dez quilómetros que temos que facer ata o final, fágansenos curtos a pesar de levar nas nosas cansas pernas moitos xa.







Nesta bonita ruta atopamos aldeas: Cimadevila, Carballás, Barro, ata chegar ao centro de Cerdedo. Despois, Lorido, Revolta, Cabenca e Cavadosa, principio e fin.

Capelas ou Ermidas: Santa Mariña, Conceución, San Salvador.




Igrexa parroquial de San Xoan de Cerdedo.


O peor que nos atopamos é a pista polo monte onde se atopa o Parque Eólico. Son bastantes quilómetros de baixada sen tráfico algún, por suposto.

Tempo en movemento: 6 horas 50 minutos, con unha media, segundo o GPS de 3,9 quilómetros hora.

View more external

Waypoint

Capela da Conceución século XVIII

Waypoint

Capela San Salvador século XVI

Waypoint

Cerdedo ao fondo

Waypoint

Diante do muíño

Waypoint

Equinos pastando

Waypoint

Fervenza con poza no Río Seixo

Waypoint

INICIO en Cavadosa

Waypoint

Levada de Cavenca

Waypoint

Monte Seixo na Serra do Cando

Waypoint

Monumento ao canteiro en Cerdedo

Waypoint

Na capela Santa Catalina

Waypoint

Paneis informativos

Waypoint

Paso estreito

Waypoint

Pola ruta de Frei Sarmiento

Waypoint

Ponte romana de San Antón

Ponte romana de San Antón
Waypoint

Prados verdes

Waypoint

Rte. O Meu Lar

Waypoint

Ruta Frei Sarmiento

Waypoint

Río Seixo

Waypoint

Sendeiro Río Seixo

Waypoint

Vacas pastando.Cerdedo ao fondo

Waypoint

Visa panorámica

Waypoint

Vivendas solitarias

Comments

    You can or this trail