Moving time  2 hours 23 minutes

Time  5 hours 40 minutes

Coordinates 2108

Uploaded July 4, 2019

Recorded July 2019

-
-
984 f
-94 f
0
2.3
4.7
9.31 mi

Viewed 32 times, downloaded 1 times

near Sierra de Outes, Galicia (España)

Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/andaina-serra-de-outes-24194350
O track corresponde á "Andaina serra de outes" de abril de 2018, no momento actual foi imposible localizar algún treito, ben sexa porque o track tiña erros (comprobado en varios cachos) coma porque o vexetación medrou (menos probable pois non pasou moito tempo).
Pode seguirse pero salvando o bucle marcado como treito abortado.
Polo demais, é unha ruta para camiñar, en xeral por medio de arboleda (moito eucalipto!), todando varias aldeas e atopando muiños, igrexas, cruceiros, petos, etc. A paixase non acada amplas panorámicas. O piso é case todo por camiños e pistas de terra. Non hai neste momento treitos moi alagados.
O GPS propio tamén fallou (pasa dende a última actualización a "Premium"), porén podería seguirse cun mínimo sentido da orientación nos lugares con "salto" (liña recta).
Non é especialmente esixente en canto a desniveis.
Pódese subir por un sendeiro pouco visible antes da gasolineira.
O sineiro (doazón duns próceres) máis parece unha torre de adestramento de bombeiros...
Continuar pola esquerda.
Bastante ben conservado, aínda que xa abandoado á súa sorte...
Tramo estéril. Nun puido ser localizado o camiño, caso da marcación da track ser certa.
Seguir pola esquerda, pola estrada.
Hai un cruceiro, ou peto de ánimas, ou algo así...
Construción ben rematada e pasablemente conservada. Parece un "refuxio" de cazadores, para facer merendolas...
O punto máis alto da ruta.
Ao chegar á estrada, seguir pola esquerda...
No cruce cun camiño que baixa por entre fincas.
Na foto distínguese a construción a carón da que hai que baixar cara o río...
Coller pola estrada cara a ponte.
Logo de pasar a ponte, coller cara a esquerda (ver o seguinte wai).
Comeza unha área de lecer e acondicionada para o paseo.

Comments

    You can or this trail