Time  2 hours 23 minutes

Coordinates 1017

Uploaded November 24, 2019

Recorded November 2019

-
-
1,744 f
904 f
0
1.3
2.6
5.11 mi

Viewed 88 times, downloaded 6 times

near Valadares, Galicia (España)

Deste sendeiro local sinalizado pódense salientar como puntos de máis interese o coidado parque forestal do Monte dos Pozos e máis as engaloiantes vistas panorámicas sobre a Ría de Vigo desde os cumios dos montes Alba -onde hai unha capela- e Cepudo. O percorrido mesmo, ao meu parecer, non ten moito interese ao transcorrer por zonas de monte degradado, con prantacións de eucalipto ou brotes que medran sen control e por riba con algún atranco no camiño con árbores caídas (en novembro de 2019).

Na páxina web Camiño a Camiño, lese:

“O Sendeiro Local de Valladares pódese principiar tanto no Parque Forestal de Monte dos Pozos como no Monte Alba, dada a súa confguración circular. No seu transcorrer permite contemplar a extensa superfcie da Comunidade de Montes de Valladares, incluído o Monte Cepudo, así como os montes limítrofes (Galiñeiro, montes de Coruxo, etc.), interesantes perspectivas tanto da cidade de Vigo como de Nigrán e unha parte da senda das esculturas. A Comunidade de Montes de Valladares foi unha das grandes afectadas polos lumes de outubro de 2017 e nestes momentos a fsionomía do territorio que atravesa o sendeiro está nun proceso de reforestación que tardará o seu tempo en consolidarse. Resulta alentador comprobar como neste proceso, ao igual que noutras comunidades afectadas, están a colaborar un importante número de colectivos e centros educativos, o que pón de manifesto como a ola de solidariedade existente nun primeiro momento persiste no tempo.”

View more external

Picnic

Area lecer Monte Cepudo

Área recreativa no Monte Cepudo.
Picnic

Area lecer Monte Pozos

Área recreativa no Monte dos Pozos, Valladares.
Waypoint

Cemiterio

Cemiterio privado de Valladares.
Waypoint

Comezo Valladares

Punto de inicio no parque forestal do Monte dos Pozos.
Photo

Esculturas

Esculturas na subida ao Monte Alba.
fountain

Fonte lavadoiro

Fonte e lavadoiro no barrio de O Carregal.
fountain

Fonte Peimallo

Fonte do Peimallo.
Summit

Monte Alba

Monte na parroquia de Valladares. No seu cumio érguese unha capela.
Summit

Monte Cepudo

Monte na parroquia viguesa de Valladares no que hai un restaurante con estupendas vistas.
Tree

Monte dos Pozos

Monte con área de lecer na parroquia viguesa de Valladares.
Archaeological site

Petroglifo Lapela

Petróglifo de A Lapela.
Photo

Sendeiro

Sendeiro no lugar de A Pinguela, Valladares.
panorama

Vistas

Vistas na subida ao Monte Alba.

Comments

    You can or this trail