Time  one hour 18 minutes

Coordinates 396

Uploaded November 24, 2019

Recorded November 2019

-
-
1,298 ft
639 ft
0
0.8
1.5
3.08 mi

Viewed 85 times, downloaded 5 times

near Priegue, Galicia (España)

Este percorrido comenza no parque forestal de San Miguel de Oia (non confundilo con Santa María de Oia) e está sinalizado coas marcas branquiazuis dos sendeiros locais. Desde moitos puntos do seu traxecto poderemos ter boas vistas sobre o litoral vigués, a ría e as illas Cies.

Na páxina web Camiño a Camiño lemos:

“O Sendeiro Local de Oia é o último dos trazados e circula polo tramo alto dos montes xestionados con moita dedicación por parte dos membros da Comunidade de montes de Oia. Combinan os ingredientes propios dun monte periurbano: espazos de uso social, como o Parque forestal, por certo moi concorrido, con espazos de intensa xestión forestal co propósito de acadar a sostenibilidade difícil de lograr en comunidades de reducido tamaño. No traxecto, que coincide en parte coa Senda panorámica de Vigo (GR-53), pódese acceder a miradoiros naturais que coroan a Ría de Vigo, particularmente o localizado ao carón da Antena de Salvamento Marítimo. Tamén é de salientar o punto máis alto do sendeiro, na Fonte do Sapo, que ten a particularidade de ser punto de encontro coas Comunidades de montes de Coruxo e de Saiáns, así como coa de Camos, en Nigrán.”

View more external

Photo

Camiño

Camiño polo piñeiral de Rozo.
Waypoint

Comezo Oia

Punto de inicio no parque forestal de San Miguel de Oia (Vigo).
Photo

Fonte do Sapo

Punto máis alto do roteiro.
panorama

Miradoiro Tres Outeiros

Punto de vistas panorámicas sobre a Ría de Vigo.
Picnic

Parque forestal Oia

Parque forestal na parroquia viguesa de San Miguel de Oia.
Archaeological site

Petroglifo Chan Grande

Petróglifo da Chan Grande.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros.
Tree

Piñeiral de Rozo

Bosque de piñeiros.
Photo

Radar

Instalacións de Salvamento Marítimo.
panorama

Vistas

Vistas desde o parque forestal de San Miguel de Oia (Vigo).

1 comment

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Nov 24, 2019

    A foto que achego do petróglifo da Chan Grande e unha copia da que está no cartel que hai ao comenzo da ruta.

You can or this trail