Moving time  2 hours 45 minutes

Time  4 hours 57 minutes

Coordinates 2131

Uploaded March 10, 2019

Recorded March 2019

-
-
5,475 f
3,182 f
0
1.9
3.8
7.61 mi

Viewed 120 times, downloaded 12 times

near Castro de Escuadro, Galicia (España)

Circular dende a aldea da Teixeira (Maceda) ata o cume do San Mamede. Feita a partir desta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/a-teixeira-a-san-mamede-8572017 aínda que con variacións importantes. O sentido de xiro é mellor antihorario (esta) que non o da orixinal. Tamén tén uns cambios no trazado para camiñar por lugares máis despexados. Comento: sáese da Teixeira por vellos camiños da Serra, que están ben limpos porque aínda hai algún gado vacún pacendo no monte e o vecindario límpaos. Chégase a unha pista que descorre transversalmente e bastante chaira; seguímola cara a dereita e logo xiraremos á esquerda (empata por aquí a que sobe do albergue da Corcerizas). Seguíndoa chegamos ata o cume sen problemas. Cerca do alto hai un refuxio bastante ben construído e non tan limpo debido ao incivismo dos usuarios. No cima está unha ermida e varias antenas con aspecto de abandono. Tamén existe un vértice xeodésico. Dende aquí podemos contemplar, en días claros, unha panorámica de boa parte da provincia de Ourense.
O descenso iníciase por unha devasa moi empinada e de bastante lonxitude (esta é a razón que aconsella facer a ruta cara a esquerda pois este desnivel no fin da subida é moi duro, en especial en días calorosos). Cando remata a baixada continua e comeza unha pequena subida debemos torcer á esquerda e baixar campo a través. No momento de facermos esta ruta o monte está moi baixo porque ardeu vai pouco tempo. Atravesamos a pista (que logo máis adiante se usou no ascenso) e continuamos dereito polo monte ata chegar a un camiño no cima duns prados. A Teixeira está xa a unha carreiriña dun can, máis abaixo. Nesta última parte evitaramos atravesar cara a dereita (como aconsella o autor da ruta seguida) pois non hai camiño aberto.
O percorrido, na primeira parte vai por entre unha fermosa arboreda pero na parte alta e en todo o descenso vai descuberto En días de moito sol pode ser duro.
Como queda dito, as paisaxes son o elemento máis interesante desta ruta. Por suposto a cima do San Mamede tamén é un punto "mítico". A aldea da Teixeira tamén ten certo encanto, pero isto é unha cuestión de gustos...
Ten unha certa dureza polo desnivel pero, en xeral, vai moi constante polo que calquera cunha preparación normal podería facela sen problema. Porén que cadaquén considere as súas posibilidades...
En caso de haber moita neve, a baixada inicial podería prantexar problemas.
Gustoume e recomendo facela.
Parking

A Teixeira

Photo

Canella

panorama

Prado

Door

Portelo

Peche gandeiro. Deixar como se atope!!
panorama

Panorámica

Intersection

Pista. Dereita

Picnic

Merendeiro

Un lugar bonito.
Shelter

Curro

panorama

Miradoiro

Gastamento de cartos en poñer unhas mesas de pedra no medio do monte. Utilidade...? Chupadeira!!
panorama

Penedos

panorama

Penedo

Sacred architecture

Cruz

Parece sinalar o lugar dunha morte...
panorama

Panorámica

fountain

Fontes e área de lecer

Descoñezo se tén auga no verán. As mesas, ao sol...
Shelter

Refuxio

Intersection

Esquerda

Waypoint

Arroxa

Neste momento non hai moito monte, pasando o tempo pode haber máis aínda que non será nunca moi alto
Wildlife sighting

Banco

Outra pamemada máis...
panorama

Panorámica

Baixar polo lombo abaixo, dereitamente.
Intersection

Camiño

Building of interest

Muiño

Bridge

Pontella

Comments

    You can or this trail