-
-
2,217 f
1,390 f
0
2.5
5.0
10.03 mi

Viewed 181 times, downloaded 3 times

near Corredoira, Galicia (España)

RUTA POLAS TERRAS ALTAS DE COTOBADE
4 DE XUÑO DE 2017

guías: Maví/Matilde

Saída 9:00 Fontiñas ‐ 9:15 P.Vigo
Comezo e Remate: Igrexa parroquial de Corredoira
Percorrido: 20 km

Empezamos a ruta na igrexa de S. Gregorio de Corredoira. Despois xa nos metemos pola primeira das moitas corredoiras que, empedradas e abeiradas por bonitos valos, veremos. Pasamos pola aldea do Lombo e vemos o primeiro dos moitos cruceiros que hai. Atravesamos unha estrada e imos outra vez por corredoiras, polo medio de prados moi verdes. Logo chegamos ao lugar do Meixoeiro e a un vello campo de fútbol. Cruzamos por primeira vez o río Almofrei nunha área de lecer, e imos a carón del por un frondoso bosque de ribeira. Volvémolo atravesar por un pontigo de pedra, e subimos cara a igrexa de Santiago de Caroi e cara a Capela do Neno Xesús. Seguimos avanzando entre leiras, para pasar pola aldea abandonada do Porto. Logo outra fermosa corredoira achéganos ás aldeas de: A Cima de Vila, A Casola e Bouzas. E por terceira vez pasamos o río Almofrei, agora xa cerca do seu nacemento na Serra do Cando. Esta Serra quédanos alá arriba á nosa esquerda, cando avanzamos por un monte case plano. Alcanzamos o lugar da Chan, coas súas casas de patín. Despois chegamos á ruta do Foxo do Lobo, por unha bonita carballeira e á beira do Almofrei, que cruzamos por cuarta vez. Neste caso pola Ponte Serrapio, que é de principios do S. XVIII e ten un só ollo lixeiramente apuntado. E acabamos esta andaina onde a empezamos

Comments

    You can or this trail