Time  4 hours 15 minutes

Coordinates 1132

Uploaded July 13, 2019

Recorded July 2019

-
-
1,238 f
666 f
0
1.9
3.7
7.49 mi

Viewed 160 times, downloaded 10 times

near Cornide, Galicia (España)

Este sendeiro homologado como PR-G 238, Ruta dos Petróglifos de Teo, consta dunha primeira parte lineal, de ida e volta, ao carón das beiras do río Angueira – sendo éste o treito de maior beleza natural- e logo un percorrido circular que conecta a maior parte dos petróglifos que visitamos, e que vai por unha zona de monte baixo ou bosquetes de pinos e eucaliptos esparexidos e sen interese paisaxístico.

As mellores horas para ver os xacementos cadran cando o sol está baixo polas sombras que facilitan a observación dos sucos no granito, sendo o máis indicado facer a andaina na compaña dalgún estudoso do tema xa que moitas das inscricións son difíciles de ver debido a súa degradación polas inclemencias meteorolóxicas ao longo do tempo. As fotos que achego foron tiradas no peor momento, en pleno cénit do sol.

No comezo do roteiro, na capela de Cornide, hai un cartel no que lemos:

“Partindo desta capela en Cornide, o percorrido adéntrase nun espazo físico de pequenos outeiros graníticos e lenes chairas ocupadas por gran cantidade de restos arqueolóxicos e, polo tanto, avánzase tamén nun percorrido paralelo a través do tempo.

Este sitio arqueolóxico representa unha das áreas de maior importancia en Galicia, e sen igual na comarca de Compostela, pola gran densidade de xacementos de mámoas e petróglifos existentes e polas características dalgúns destes gravados.

Son moi relevantes os petróglifos de Río Angueira ou de Monte Cornide, cun conxunto de escenas de monta, unha delas sobre un cervo; o petróglifo de Outeiro de Corno I, de gran importancia e recoñecemento na comunidade galega, que amosa na súa parte central un motivo cuadrangular segmentado acompañado dunha daga; e tamén os petróglifos de Pena Bicuda de Loureiro que representan combinacións circulares pero tamén motivos menos usuais como espirais ou un posible ídolo.”

Ao chegar ao sitio no que o recorrido faise circular, outro cartel di:

“Neste punto a Ruta dos Petróglifos de Teo divídese en dúas direcións, creando un anel para poder facer a senda en calquera sentido e ollar os diferentes vestixios pétreos, así como a panorámica dende o Trono da Raíña. Tamén dende este lugar retórnase a Cornide, inicio e fin do sendeiro, polo mesmo camiño de acceso que vén ata aquí.

O sitio arqueolóxico destes cumios ten unha alta e valiosa concentración de petróglifos, destacando entre eles os de Pena Bicuda de Loureiro que representan combinacións circulares e tamén motivos menos usuais como espirais ou un posible ídolo.

Xunto ao inicio da derivación que nos leva ata a Pena Bicuda de Loureiro, na paisaxe aprécianse unhas lombas suaves na chaira: son un importante conxunto de mámoas. Un lugar bo para observar esta prehistórica necrópole é dende as proximidades dos pretróglifos do Outeiro Piquiño.”

Tendes unha información polo miúdo na web da empresa Segatur que acondicinou o sendeiro e tamén na do colectivo A Rula que traballa pola conservación e divulgación dos petróglifos.

View more external

Picnic

Area lecer

Área recreativa en Cornide.
Sacred architecture

Capela Miragres

Capela en Cornide, no punto de inicio do sendeiro.
Waypoint

Comezo Teo

Punto de inicio ao carón da capela dos Miragres, en Cornide.
Photo

Muiño 1

Muíño hidraúlico na beira do río Angueira.
Photo

Muiño 2

Muíño hidraúlico na beira do río Angueira.
Photo

Muiño 3

Muíño hidraúlico na beira do río Angueira.
Archaeological site

Petroglifo historico

Inscrición en forma de cruz, de época histórica.
Archaeological site

Petroglifos Cornide

Conxunto de petróglifos de Cornide.
Archaeological site

Petroglifos de Meau

Conxunto de petróglifos en Teo.
Archaeological site

Petroglifos Outeiro Corno 1

Conxunto de petróglifos en Teo.
Archaeological site

Petroglifos Outeiro Corno 2

Conxunto de petróglifos en Teo.
Archaeological site

Petroglifos do Fondao

Conxunto de petróglifos en Teo.
Archaeological site

Petroglifos Outeiro Piquiño

Conxunto de petróglifos en Teo.
Archaeological site

Petroglifos Pena Bicuda Loureiro

Conxunto de petróglifos en Teo.
Archaeological site

Petroglifos Pena Bicuda Regoufe

Conxunto de petróglifos en Teo.
River

Río Angueira

Pequeno río que pasa por Cornide.
Photo

Sendeiro

Carreiro polas marxes do río Angueira.
Photo

Trono da Raiña

Rocha granítica cabaleira.

Comments

    You can or this trail