-
-
1,975 f
1,631 f
0
2.4
4.8
9.67 mi
Viewed 1185 times, downloaded 25 times
near Irijo, Galicia (España)
Este sendeiro homologado coma PR-G 189 transcorre entre Irixo de Arriba e o lugar de Valdesoiro. O percorrido foi posteriormente ampliado co propósito final de facer un percorrido circular. Actualmente (decembro de 2016) a sinalización do engadido aínda está sen completar e nós faremos a nosa andaina ata o lugar de Saavedra e de aquí volveremos ao punto de comezo en Irixo de Arriba desandando o camiño da ida.
Lemos na cartelería que atopamos ao longo de roteiro o seguinte:
"Nesta ruta dende Irixo de Arriba ata Valdesoiro, o caminante gozará das paisaxes e contornas destas terras xa humanizadas dende moi antigo. Nos montes darredor, as mámoas dan testemuña da antigüidade da ocupación do home nestas terras; no percorrido da ruta, os castros falan de tempos pretéritos pero moito máis achegados a nós.
Dende o Irixo de Arriba baixaremos por un camiño antigo ata o derruído muíño de Valcobo, do que hoxe só queda o seu inferno e parte do cubo, pero que se atopa nunha fermosa contorna natural do río Coedo. Logo, seguindo pola beira dunha coidada levada, a ruta discorre polas abas do Coto do Castro, ao cal podemos acceder mediante unha variante da ruta. No seu cimo quedan restos dos muros, hoxe pouco visibles, do que debeu ser a croa do Castro de Orros.
A ruta achégase ata a igrexa parroquial de Santa Mariña da Cidá. O seu nome posiblemente fai referencia a un castro (ás veces recoñecibles por nomes como Cibdá, Cidá, Cividade, etc.) ou a un primitivo lugar de veneración. Xeneralmente estes lugares foron "cristianizados" mediante a construción de igrexas e cruceiros.
Polo camiño sacramental ou "camiño da misa" cruzaremos o rego da Cidá e chegaremos a Paredes, lugar onde podemos ver os restos dunha agrupación de hórreos. Logo descenderemos ata os Casares e, tras unha pequena costa, achegarémonos a Valdesoiro."
Aquí remata a parte homologada e nós proseguerimos ata o lugar de Saavedra por fermosas corredoiras entre carballos e atravesando o río Viñao por unha antiga pontella de pedra.

You can add a comment or review this trail
Comments