Coordinates 1317

Uploaded May 30, 2016

Recorded May 2016

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
2,394 f
500 f
0
2.3
4.6
9.25 mi

Viewed 1808 times, downloaded 106 times

near Viñoás, Galicia (España)

O pasado 15 de maio inaugurouse un fermosísimo roteiro polo concello de Nogueira de Ramuín da man da asociación Móvete por Nogueira que traballou arreo para abrir vieiros cegados e que contou co sólido apoio da empresa de lecer Rutea.

O percorrido desenrólase polas abas e cimeiras de a cabalo entre o río Miño e o Sil, por camiños, congostras e carreiros testemuñas de tempos de "contrabando" coa fariña que saía dos muíños que hai por debaixo de Baldomir.

Sendo o traxecto circular, nós ímolo comezar en Penalba, na antiga estrada N-120a e seguindo o sentido das agullas do reloxo, sobor de A Ferreirúa, teremos a vista de paxaro, aló embaixo, ao río Miño e deseguido verémonos mergullados no medio de carballeiras que de cando en vez trócanse soutos.

Chegados a Moura non podemos deixar de ir ata o miradoiro de A Lampa, de onde albiscamos o mosteiro de Santo Estevo, tendo aos nosos pés un Sil que baixa entre paredes verticais. Deixando atrás a vella escola, entramos nunha contorna de penedía onde as rochas teñen nome de seu: Penedo do Trigo, Penedos de Rufino e a impresionante e vertical Pedra Longa de imprescindible visita cun pequeno desvío. Conta a lenda que aquí unha princesa moura sufriu un infeliz encontró e tivo que enterrar as súas alfaias e outros tesouros entre as enormes rochas do camiño.

Da aldea de Monteverde ata a de Baldomir, o noso sendeiro, cadra có do Maquino Largaño, para logo internarse polas beiras dun pequeno rego con marxes ateigadas de feiticeiros muíños hidráulicos, vendo todos cunha curta desviación no recorrido.

Máis carballos, bidueiros e castiñeiros que nos envolven nunha fraga de fermosura sen igual e na que non falta ata una antiga alvariza.

En Borraxos o carreiro baixa rápido por corredoiras entre soutos a procura de máis muíños e, xa de remate, subimos cara a Penalba onde iniciamos a Ruta do Contrabando.

View more external

Photo

A Ferreirua

Pequena aldea pegada a Penalba.
fountain

A Fonte

Fonte de auga potable n´A Ferreirúa.
Photo

Alvariza

Antiga construción para o coidado das abellas.
Photo

Antiga escola

Antiga escola no lugar de Moura.
Photo

Baldomar

Lugar por debaixo e preto de Luintra.
Photo

Borraxos

Aldea pola que pasa o roteiro.
Waypoint

Comezo Contrabando

Punto de inicio da ruta no lugar de Penalba, Nogueira de Ramuín.
fountain

Fonte

Fonte de auga potable no lugar de O Mollón.
fountain

Fonte lavadoiro

Fonte de auga potable no lugar de Moura.
panorama

Mirador A Lampa

Mirador sobor de o río Sil e o mosteiro de Santo Estevo, no lugar de Moura.
Photo

Monteverde

Lugar de Nogueira de Ramuín.
Photo

Moura

Freguesía de Nogueira de Ramuín.
Ruins

Muiño 1

Inxeño hidráulico no rego que baixa de Baldomar.
Ruins

Muiño 2

Muíño hidráulico en ruínas.
Ruins

Muiño 3

Restos dun muíño no rego que pasa por Baldomar.
Ruins

Muiño 4

Restos dun muíño hidráulico.
Ruins

Muiño 5

Muíño en ruínas no rego que pasa por Baldomar.
Ruins

Muiño 6

Muíño no rego que baixa por Baldomar.
Ruins

Muiño 7

Muíño en ruínas en Baldomar.
Photo

O Mollon

Lugar polo que pasa a Ruta do Contrabando.
Photo

Pedra Longa

Pedra de dimensións colosais chantada vertialmente.
Photo

Penalba

Lugar do concello de Nogueira de Ramuín onde comezamos a ruta.
Photo

Penedo do Trigo

Pedra granítica de dimensións colosais, en Moura.
Photo

Penedos Rufino

Enormes rochas graníticas na parroquia de Moura.

2 comments

  • Photo of jesussimon

    jesussimon May 31, 2016

    O roteiro conta con sinalización con frechas e trazos de cor verde, pero en treitos é moi deficiente de xeito que é moi aconsellable o uso de GPS.

  • Photo of Daniel61

    Daniel61 Feb 17, 2019

    I have followed this trail  verified  View more

    Preciosa ruta, aunque con algún punto dudoso, bastante bien señalizada. Muy recomendable, paisaje muy variado. Yo diría que la gran sorpresa de la provincia de Orense. No os la perdáis.

You can or this trail