Moving time  2 hours

Time  2 hours 36 minutes

Coordinates 1711

Uploaded May 5, 2018

Recorded May 2018

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
2,461 f
1,811 f
0
1.5
3.1
6.13 mi

Viewed 153 times, downloaded 13 times

near Bolmente, Galicia (España)

Partindo do Outeiro, adega Cividade, esta ruta circular achégase ao colado da Cividade, xusto por riba do Miradoiro do mesmo nome, polo camiño de carro con arca ou pilo no que se traían as uvas. Nese percorrido, pasamos xusto por riba das Chouselas, a costa do Bouzo e, máis adiante a Filgueira, tamén costa, na que á dereita vemos subir tamén o camiño de carro vello. No cima petada, a 50 metros unha fontela, na actualidade bañeira de xabaríns.
De regreso, seguimos o corta-lumes do Monte Camilo dos veciños de Bolmente. De seguida intuímos o colado da Cividade desde o que (pola maleza) non vemos a Peneda das Merendas, xa rega abaixo. A pouco máis de media subida, desprazámonos á dereita, cara ao canón, para accedermos ao Castro da Cividade. É ben curioso o indicador de guizos feito para a ocasión. En realidade, o núcleo castrexo e despois romano que dá nome ao tramo que vai desde o alto da ribeira á pedreira desordenada que e a viña, sobre o mesmo Sil.
No cima da subida, o punto máis alto: o Cotarro das Rodas. Dous puntos de observación Desde o alto. Anotamos despois catro dos moitos colados que hai: o das Rodas, o do Vento, o do Boqueiriño, o da Nogueira da Laxa (tamén do Santo). Finalmente, o paso polo petróglifo da Laxa da Carreira. Aínda que nas informacións da prensa se di que o descubriu un veciño do lugar, todos sabemos que foi Manuel Verao un 19 de marzo, día de San Xosé.
Xusto na aba do monte cara ao Outeiro anotamos a Fonte da Bouza que por degraza xa non o é. Nin fonte, nin Bouza. Un inmenso piñeiral.
Photo

As Chouselas

Uns metros antes das Chouselas tomamos o camiño á esquerda por riba do lugar.
Photo

O Camiño que vén de Ferrón

Xusto ás nosas costas para non nos confundirmos.
Photo

Alvariza moderna

O de moderna por iso de que a protección dos bichos xa non se basea nas paredes circulares das de vello que hai na ribeira.
Photo

Pista miradoiros e forestal

Neste punto collemos a pista "xeral".
Photo

Costa da Filgueira. Camiño vello

A uns 10 metros camiña connosco o de carro. Poucos tramos se conservan. A necesidade de amplialos foi un caso de adaptación necesaria.
Photo

Miradoiro da Cividade

Foi deseñado por Isabel Aguirre. Ben dá a sensación de que camiñamos cara á vertixe. Do outro lado Cerreda e máis o regato do Rabo da Mula. Tamén ten leria a historia, se estivesen outras cousas tan de actualidade.
Photo

O Colado da Cividade

Photo

Castro da Cividade

Posiblemente dúas plataformas, unha segunda máis cara ao Sil. Foi cousa de Alfonso Campos, do Colado do Vento e de Francos, dar con el.
Photo

Entrada e saída do castro

Photo

O Cotarro das Rodas

Xusto as canteiras onde se facían as rodas de muíño. De moita sona en toda a comarca pola súa calidade. Xosé Ramón Verao, canteiro que foi e bon, atribúello ao tipo de grao da pedra e a falta de lizos.
Photo

Punto R1 de observación

Non queda outra que achegarse aí e mirar.
Photo

Punto R2 de observación

O mesmo que no anterior. E ademais de mirar, algo haberemos de ver.
Photo

O Colado das Rodas

Seguro que dedicado a retirar as rodas xa rematadas. Tamén se lle chama o colado das Moas.
Photo

O Colado do vento

Calquera o tomaría coo nome lietrario ou refuxio para a súas vivencias mías íntimas, pero é cousa da Ascociación do Colado do Vento, que o fixou nominalmente para a posterirade.
Photo

Observatorio de aves

Non sabería que dicir. Non vexo demasiado campo de visión. Non son técnico.
Photo

O Colado do Boqueiriño

Que mágoa, coa sonoridade do nome e as suxestións que desvela, que non se poida ver o canón.
Photo

Miradoiro do Boqueiriño

Desde aquí si que hai unha vista ampla. O mosteiro de Sta Cristina, Castro, Portela. A Cabeza da Meda ardida en outubro de 2017.
Photo

Desde o Colado da Nogueira da Laxa

Desde o Colado do Santo ou da Nogueira da Laxa, o Eucalipto do Médico.
Photo

A Laxa da Carreira

Petróglifo. Coviñas e sucos fundamentalmente.
Photo

A Fonte da Bouza

Aquí está a traida de auga de Cacedo e mais O Outeiro. Hoxe a auga hai que subila desde a Lama de Ferrón practiacmente todo o ano. Sabemos que o ano que se cortou o monte volveu funcionar a traída desde esta mina todo o ano. A tapada de por riba aínda non tiña piñeiros.
Photo

O Outeiro

Xosé Ramón Verao, coa colaboración do Pepe do Outeiro, quen transmitiu a paixón pola viticultura e a Viña da Cividade, fixo a punteiro e maza a casa que no seu baixo acolle Adega Cividade. Principio fin da ruta.

2 comments

  • Photo of Andreas S

    Andreas S Dec 16, 2018

    I have followed this trail  View more

    Hemos realizado la ruta, pero al revés y creo que es un acierto porque así la parte del bosque más bonito lo haces al final.
    15/12/2018
    Tiempo acompañaba y dificultad baja
    Dos familias con 4 niños total

  • Suso de Ver Dec 21, 2018

    Certo. Menor dificultade. Grazas por comentar.

You can or this trail