Coordinates 3995

Uploaded September 30, 2013

Recorded September 2013

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
1,910 f
693 f
0
6.0
12
23.9 mi

Viewed 9055 times, downloaded 153 times

near Asma, Galicia (España)

Lemos no cartel situado ao comezo do roteiro ao carón da igrexa románica de Santo Estevo de Ribas de Miño, preto da estrada que une Escairón con Chantada:
"Esta ruta, que transcorre pola beira esquerda do río Miño, mostra algunhas das maravillas presentes nos concellos lucenses do Saviñao e Pantón.
Son terras escarpadas, traballadas con viticultura heroica, percorridas por camiños e sendas en difícil equilibrio. Pero tamén son terras de crentes e peregrinos, cheas de igrexas e ermidas, coma as igrexas románicas de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi, San Martiño da Cova ou Santo Estevo de Atán. Aséntanse estas centenarias construcións entre fermosas fragas, soutos e viñedos, gozando de impresionantes imaxes sobre o pai dos ríos galegos.
Porque a auga é, quizais, o maior protagonista do camino: o río Miño, a praia fluvial da Cova, a área recreativa da Maiorga ou a agachada fervenza de Augacaída, lugares que non podemos deixar de visitar."

View more external

Photo

A Míllara

Aldea do concello de Pantón restaurada para turismo rural.
Photo

A Portela

Aldea do concello de O Saviñao, na Ribeira Sacra do Miño.
Photo

Albarde

Aldea do concello de Pantón, na Ribeira Sacra do MIño.
Photo

Arxuá

Aldea do concello de O Saviñao preto das lindes con Pantón. Na Ribeira Sacra do Miño.
Mooring point

Belesar

Núcleo de poboación repartido as duas beiras do río Miño, entre os concellos de Chantada e O Saviñao. Ten un embarcadoiro para os catamaráns que fan rutas turísticas polas augas do río encorado.
Photo

Bexán

Aldea da Ribeira Sacra do Miño, no concello de O Saviñao.
Photo

Cabo de Vila

Aldea na Ribeira Sacra do Miño, no concello de Pantón.
Sacred architecture

Capela S Antón

Ermida na aldea de Bexán, no concello de O Saviñao.
Mooring point

Casa de Maiorga

Lugar onde está un embarcadoiro dos catamaráns turísticos que saen de Belesar.
Photo

Cima de Atán

Aldea do concello de Pantón onde remata o roteiro.
Photo

Codos de Belesar

Antiga calzada romana, que baixa desde Diomondi a Belesar.
Waypoint

Desvio Augacaida

Desvío do roteiro para chegar a fervenza de Augacaida. Treito perigoso.
River

Fervenza Augacaida

Caedoiro duns cincuenta metros de alto que forma o regato de Aguianza preto da súa desembocadura no río Miño, en Marce.
Photo

Galegos

Aldea na Ribeira Sacra do Miño, no concello de O Saviñao.
Sacred architecture

S Paio de Diomondi

Construida entre os séculos XIII e XIV. Está declarada Monumento Nacional.
Photo

Marce

Aldea da Ribeira Sacra do Miño no concello de Pantón. Ten unha senlleira Torre do Reloxo.
Photo

Montecelo

Aldea do concello de O Saviñao, na Ribeira Sacra do Miño.
Photo

O Carballo

Aldea do concello de Pantón, cerca das lindes con O Saviñao. Na Ribeira Sacra do Miño.
Photo

O Piñeiro

Aldea do concello de O Saviñao, na Ribeira Sacra do Miño.
Photo

Prado de Atán

Aldea da Ribeira Sacra do Miño, no concello de Pantón.
Beach

Praia da Cova

Praia fluvial no río Miño. Fronte a ela está o meandro do Cabo do Mundo.
River

Rego Aguianza

Regato que forma a fervenza de Aagacaida ao desembocar no río Miño.
Photo

Reguenga

Aldea na Ribeira Sacra do Miño, no concello de O Saviñao.
Photo

Reiriz

Aldea na Ribeira Sacra do Miño, no concello de Pantón.
Sacred architecture

S André de Ribeiras de Miño

Igrexa parroquial do século XVII, no lugar de Barreal do concello de Pantón.
Sacred architecture

S Estevo de Atán

Igrexa románica construida entre os séculos XII e XIII.
Sacred architecture

S Estevo de Ribas de Miño

Igrexa románica do século XII na parroquia de Pesqueiras, no concello de O Saviñao. Punto de comezo do roteiro. Foi declarada Monumento Nacional no ano 1931.
Sacred architecture

S Martiño de A Cova

Igrexa románica de finais do século XII.
Photo

Seoane

Aldea na Ribeira Sacra do Miño, no concello de Pantón.
Photo

Soane

Aldea do concello de O Saviñao, na Ribeira Sacra do Miño.
Photo

Valboa

Aldea do concello de Pantón, na Ribeira Sacra do Miño.

15 comments

  • veciños Oct 1, 2013

    O ideal , parando nos puntos de interese , pensamos na asociación que son 4 etapas . Camiñando a bó ritmo faise en 2 . A metade da ruta está na egrexa da Cova . Existen próximas casas de turismo rural a precio asequible , tanto en Pantón como no Saviñao .Nos elaboramos un CD con toda esta información para entregar a quen nolo pida ( por correo electrónico pesa moito ) . Tamén hai unha furgoneta con 8 prazas para concertar a recollida no destino : De Marcha 615470124 ( Lorena ) .Agradecidos pola vosa visita e comentarios .

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Oct 1, 2013

    Moitísimas grazas pola información tan interesante que aportades. Sen dúbida será de utilidade para quen faga esta ruta imprescindible e tan chea de historia e paisaxes para lembrar.
    Cincuenta y cinco sendeiristas da Asociación Cultural O Coto, de Vigo, farán o roteiro que vós artellastes con tanto cariño e esforzo.
    Parabéns, "veciños", o voso traballo sabémolo valorar no moito que vale.

  • veciños Oct 18, 2013

    Si precisais información de alojamiento , comidas o coche para la recogida , ponerse en contacto con : asociacionvecinaldosavinao@gmail.com

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Oct 19, 2013

    Contamos cun autobús que nos recolle ao final dos treitos que imos facendo. Aí queda o voso correo para quen o precise. Moitas grazas polo vosa disponibilidade.

  • Photo of jesmartinez

    jesmartinez Dec 2, 2013

    Buenos días,
    La ruta es ciclable? Por las fotos veo que se podría hacer en bicicleta, pero no sé si hay tramos peores.
    Gracias

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 2, 2013

    Hola, "jesmartinez".

    La ruta no es ciclable en bastantes tramos, pero en su gran mayoría si, aunque no es fácil.

    Saludos.

  • Photo of jesmartinez

    jesmartinez Dec 2, 2013

    Gracias. Puede que me acerque. No pasa nada por andar un rato.

  • veciños Dec 2, 2013

    Ola jesmartinez . No te recomendaría en bicicleta , pues hay muchos puntos en los que la tendrias que cargar , sobre todo en la 2 ª etapa , entre A Cova y Seoane . Creo que seríabastante duro en bici . Hay tramos en los que hay tocones cortados a ras de suelo , que casi no se ven , pues en algún camino crecian árboles en el medio , y puede provocar algun reventón . lo ideal sería valorarla primero a pié . Un saludo .

  • veciños Dec 3, 2013

    Adán e Eva no capitel . https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-da-ribeira-sacra-do-mino-pr-g-162-5350611#wp-5350638/photo-2803077

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 3, 2013

    Que espidiño está o pobre Adán!

    Saúdos, "veciños" desa fermosa terra. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-da-ribeira-sacra-do-mino-pr-g-162-5350611#wp-5350638/photo-2803077

  • veciños Dec 3, 2013

    Esta é a egrexa máis entrañable do románico da zona , para mín .Esas celosías astures , ese pequeno e fertil val , eses canzorros ....Ata que volvas por aquí ..e moitas gracias polo abundante documento fotográfico https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-da-ribeira-sacra-do-mino-pr-g-162-5350611#wp-5350638/photo-2803077

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 3, 2013

    Grazas a vós pola laboura tan inxente que fixestes ao abrir ese fantástico roteiro.

    Saúdos de Suso. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/ruta-da-ribeira-sacra-do-mino-pr-g-162-5350611#wp-5350638/photo-2803077

  • Photo of kraklups

    kraklups Apr 6, 2014

    Realizada en una etapa, unas 9 horas 15 minutos.

    El recorrido es increíble, una delicia, se va viendo el río mientras subes y bajas, los paisajes espectaculares.

  • Photo of kraklups

    kraklups Jul 28, 2014

    I have followed this trail  View more

    Realizada en una etapa, unas 9 horas 15 minutos.

    El recorrido es increíble, una delicia, se va viendo el río mientras subes y bajas, los paisajes espectaculares.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Jul 28, 2014

    Hola, "kraklups".
    Estoy de acuerdo contigo de que la ruta es espectacular.

    Saludos de Suso.

You can or this trail