Time  4 hours 7 minutes

Coordinates 1152

Uploaded December 25, 2017

Recorded December 2017

-
-
1,035 f
431 f
0
2.0
4.1
8.15 mi

Viewed 1221 times, downloaded 57 times

near Calvos de Socamino, Galicia (España)

Esta ruta sinalizada pola bacía do río Ulla vén ligar outros dous sendeiros homologados, o da Fervenza das Hortas (PR-G 169, que se adentra polo concello de Arzúa) coa Ruta dos Tres Ríos (PR-G 121, no concello de Touro), tendo conexión ésta última a súa vez coa Ruta da Ribeira do Ulla (PR-G 93, en Touro). En resumo, agora temos polas beiras do Ulla uns 50 quilómetros de percorrido contínuo polo concello de Touro aos que hai que engadir outros 22 do PR-G 169 por Arzúa.

Entre As Hortas, onde está a fervenza, e o encoro de Touro o sendeiro vai por camiños paralelos e un chisco afastados do Ulla e desde augas embaixo da presa o percorrido transita por sendeiros de pescadores ata acadar a desembocadura do río Lañas, onde remata a nosa andaina.

Nos carteis que hai ao longo do roteiro, lemos:

"As ribeiras do río Ulla son un lugar de gran riqueza biolóxica e preciosas paisaxes que poderás descubrir camiñando coa sensación de absoluta tranquilidade.

A través desta ruta únense os 50 Km que discorren pola ribeira do Ulla no concello de Touro, desde o límite co concello de Arzúa ata o límite co concello de Boqueixón.

O camiño transcorre por fragas e bosques de ribeira autóctonos e por veces se estreita converténdose en fermoso carreiro, no que se descobren diversos elementos naturais e culturais como fervenzas, pontes, muíños, fontes, lavadoiros, mais tamén aproveitamentos como a pesca, encoros para a produción eléctrica, explotacións gandeiras e cultivos, que acompañan á diversa flora e fauna das súas ribeiras.

A fervenza das Hortas é un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro. Consta de dúas caídas de auga sobre gneis mesturados con cuarcita, duns 30 metros de altura, no río de Saímes.

Estas zonas de grandes desniveis foron aproveitadas para a instalación de aparellos hidráulicos, sendo os máis comúns os muíños de regato. A carón da fervenza os veciños construiron unha serie de muíños, sendo o máis grande o coñecido como o Muíño dos Agra.

A fervenza das Hortas tamén é coñecida co nome de Fervenza de Santa Marta, debido a unha lenda que ten asociada. Segundo conta a historia popular, unha moza quedou embarazada do seu namorado. Cando soubo a noticia, o mozo rexeitouna e, nunha noite de muiñada, empuxouna desde o alto da fervenza. Mentres caía, a rapaza exclamou: "Santa Marta me vaia!", e parou a caída un carballo que na fervenza estaba, salvándose milagrosamente."

View more external

Picnic

Bancos

Bancos a beira do río Ulla.
Tree

Bosque

Bosque de arborado mixto na aldea de Os Chaos.
Photo

Camiño

Camiño n´As Hortas.
Tree

Carballeira 1

Bosque de carballos na aldea de Os Chaos.
Tree

Carballeira 2

Bosquete de carballos.
Waypoint

Chanzos

Chanzos para salvar un desnivel do sendeiro.
Waypoint

Comezo Hortas Lañas

Punto de inicio do roteiro n´As Hortas.
Waypoint

Corda

Corda de axuda para salvar un desnivel no roteiro.
Waypoint

Desvio fervenza

Punto de desvío a fervenza das Hortas.
Photo

Encoro

Encoro de Touro no río Ulla.
Waterfall

Fervenza de Hortas

Fervenza de 30 metros de caída n´As Hortas.
fountain

Fonte Lavadoiro

Fonte e lavadoiro n´As Hortas.
Photo

Lavadoiro

Lavadoiro na aldea de Os Chaos.
Photo

Muiño 1

Muíño hidráulico n´As Hortas.
Photo

Muiño 2

Muíño na baixada a fervenza das Hortas.
Photo

Muiño 3

Muíño hidráulico n´As Hortas.
Photo

Muiño 4

Muíño hidráulico nas beiras do río Ulla.
Photo

Muiño de Agra

Muíño hidráulico n´As Hortas, por riba da fervenza.
Photo

Os Chaos

Lugar no concello de Touro.
Bridge

Pasarela 1

Pasarela de madeira sobre un rego.
Bridge

Pasarela 2

Pasarela de madeira sobre un rego.
Bridge

Pasarela 3

Pasarela de madeira sobre un rego.
Bridge

Pasarela 4

Pasarela de madeira sobre o río Lañas.
Photo

Prados

Pradaría na aldea de Os Chaos.
River

Rego

Pequeno rego que desemboca no Ulla.
River

Rio Lañas

Afluente do río Ulla. Punto final do noso roteiro.
River

Rio Ulla

Importante río galego que logo de 132 quilómetros desemboca na Ría de Arousa.
Tree

Sobreiral

Bosquete de sobreiras nas beiras do río Ulla.
River

Ulla

Importante río galego que logo de 132 quilómetros desemboca na Ría de Arousa.

4 comments

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 25, 2017

    Dado que é o sendeiro é lineal, o regreso ao punto de comezo supón o dobre de percorrido. Hai posibilidade de levar outro coche para a volta ao rematar. Ata As Hortas o acceso non ten problema. Á desembocadura do río Lañas tamén pode chegar un coche pero o camiño que leva ata alí nos seus metros finais xa non ten firme de asfalto, que pasa a ser de terra compacta e con algo de desnivel, mais chégase coa debida precaución.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 26, 2017

    Este sendeiro a data 26/12/17 atópase pendente de homologación.

  • Photo of SEGATUR

    SEGATUR Jul 29, 2019

    Unha pequena rectificación. Este sendeiro non é o PR-G 169. O percorrido realizado e descrito é o PR-G 233. O titulo leva a erro. Saúdos.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Jul 29, 2019

    Moitas grazas. Un saúdo dun seguidor das vosas rutas.

You can or this trail