Coordinates 820

Uploaded May 12, 2013

Recorded May 2013

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
500 f
272 f
0
1.6
3.2
6.36 mi

Viewed 5358 times, downloaded 74 times

near Puentedeva, Galicia (España)

O río Miño ten dous afluentes co nome de Deva, un deles baña os concellos pontevedreses de A Cañiza e Arbo, pola marxe dereita, e o segundo, que nos ocupa, ten o seu nacedeiro no concello de Verea e despois de vinte quilómetros desemboca no encoro de Frieira, regando os terras de Pontedeva e Cortegada, na provincia de Ourense e pola ourela esquerda do Miño.
En Pontedeva a Asociación Xirondiña, logo dun traballo de limpeza de matos, arranxo de sendeiros de pescadores, colocación de pasarelas, etc., organizou un percorrido polas vizosas beiras deste río sagrado para os celtas.
Esta andaina correspóndese cun dos treitos circulares, sendo posible engadirlle algúns quilómetros máis (non está no track do GPS) facendo o desvío desde a gran pasarela de madeira que hai sobre o Deva (habería que ir un treito pola estrada abaixo para conectar novamente co río e chegar deste xeito ata Pontetrado, na desembocadura e pasar de volta por Trado e Trado Pequeno).
O traxecto atópase sinalizado con frechas e pódese comezar no lugar de A Veiga.

View more external

Lugar da parroquia de San Breixo de Pontedeva.
Lugar da parroquia de Freans, en Pontedeva.
Área recreativa as beiras do río Deva, situada entra A Veiga e Freans.
Antiga ermida en Freans, Pontedeva.
Cruz nun cruce de camiños en Freans.
Conxunto de hórreos en Freans.
Fonte preto da igrexa n´A Fontaíña.
Fonte na área de lecer ao carón do río Deva, entre A Fontaíña e Freans.
Fonte nas aforas de Abelleira de Abaixo.
Fonte situada en Abelleira de Abaixo.
Lavadoiro e fonte situados en Freans, Pontedeva.
Fonte e lavadoiro situados en Guidixe, Pontedeva.
Parroquia do concello de Pontedeva.
Igrexa situada n´A Fontaíña, Pontedeva.
Lavadoiro en Freans, Pontedeva.
Muíño situado na área de lecer as beiras do río Deva.
Muíño con vivenda, nas beiras do río Deva.
Pontella de madeira sobre o río Deva.
Peto de ánimas, no centro de Freans.
Ponte sobre o río Deva.
Regueiro afluente do Deva.
Afluente do Miño pola marxe esquerda que desemboca no encoro de Frieira.
Afluente do río Miño pola súa marxe esquerda. Desemboca no encoro de Frieira.
Afluente do Deva. Nace en San Pedro de Crespos, concello de Padrenda.

5 comments

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Apr 6, 2014

    O día 6/4/14 volvín facer a ruta atopándome coa pasarela de madeira que hai na desembocadura do rego afluente do Deva en mal estado (punto do track marcado como Río Deva). Se facedes o roteiro e non está reposto este paso tendredes que seguir polo Deva enriba para logo baixar polo camino que vai pola outra beira.

  • Photo of efeso55

    efeso55 Jun 2, 2014

    I have followed this trail  View more

    Sin señalización, sin gps complicada de seguir. No se entiende que no esté marcada si todos los años programan andainas. Recorrido corto pero muy relajante. espectáculo natural y muy placentero al seguir el curso del río

  • pattocuak Mar 9, 2016

    Supongo que será imposible que lo recordéis, pero... tiempo estimado? Podremos estar el sábado a las 15 para la partida, pero igual es tarde y se nos hace de noche (poco apetecible), la verdad.
    Si tenéis sugerencia de ruta para hacer saliendo de Vigo el sábado a las 14, que no tenga riesgo de caballos ni bicis, ni mucha gente...
    Sigo buscando!
    Gracias!

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Mar 9, 2016

    Hola, "pattocuak".
    La ruta se puede hacer tranquilamente en menos de 3 horas; pero si sólo vas de tarde, te puedo recomendar la que titulé Muíños e montes de Mouriscados.
    Te queda cerca de Vigo y recorre el Xabriña más abajo del sendero clásico homologado.
    Saludos de Suso.

  • pattocuak Mar 9, 2016

    Gracias Suso, eres un encanto, siempre estás ahí para contestar...
    Me parece muy interesante la que propones, hemos hecho la homologada del Xabriña dos o tres veces y nos encanta, esta puede ser muy buena opción! Ya te contaré.
    Saludos!
    Nuria

You can or this trail