Coordinates 541

Uploaded September 9, 2012

-
-
4,065 f
2,077 f
0
2.8
5.6
11.11 mi

Viewed 3079 times, downloaded 45 times

near Jacébanes, Galicia (España)

Comezaremos o roteiro no centro da pintoresca aldea de Xacebáns, colgada sobre o río Deva nun pequeno rechairo dos sopés da Serra do Leboreiro. Tras deixar atrás as derradeiras casas do núcleo rural, atoparemos unha bifurcación na que tamaremos o camiño da esquerda, onde arranca un duro e pronunciado ascenso ate a mítica cima de Penagache, unha temenda concentración de bolos graníticos venerada desde tempos inmemoriais polos ancestrais poboadores destas terras, e cristianizada cun cruceiro a principios do século XX.
De camiño a Penagache, poderemos contemplar as suaves lomas das serras de Basteira e do Aguillón, e as fortes caídas onde se xuntan o Rego da Basteira e a Corga do Salto do Gato. Desde o cruceiro de Penagache as vistas son infinitas cara ao norte, podendo divisar en días claros a Serra do Courel. Entre as rochas do promontorio rochoso proliferan os arandos (vaccinium myrtillus) e unha curiosa pranta, o coxín de monxa (erynacea anthyllis).
Logo de coroar Penagache, un último esforzo achegaranos á Lomba do Mouro, xa no planalto leboreirano, unha serra intensamente aplanada pola presión dun gran casquete glaciar ao londo da última glaciación Würmiense. A extensa planicie alberga unha das necrópoles megalíticas máis importantes do país, con máis de 200 túmulos funerarios espallados polo planalto, amosando a gran actividade humana desta serra hai 5000 anos. Na Portela de Pau, atópase a máxima expresión diste fenómeno megalítico, a Mota Grande, unha mámoa que supera os 4000 m3 de volumen de terra para agochar unha cámara funeraria ou dolmen onde se depositaban os restos dos difuntos.
Disfutando da maravillosa paisaxe do Leboreiro e da súa rica e variada fauna, comezaremos un pronunciado descenso desde a Serra da Basteira á Serra do Aguillón, cuxo Coto do Castelo, nos proporcionará unha gran visual da bacia do Miño. Bordeando o Coto do Castelo, chegaremos á aldea de As Chedas, desde onde descenderemos ata a Corga do Salto do Gato para percorrer, entre unha frondosa carballeira, o último tramo do roteiro que nos achegará de novo ao punto de partida.
Waypoint

Igrexa de Xacebáns

Waypoint

Calvario de Xacebáns

Conxunto de tres cruceiros populares rústicos.
Waypoint

Fonte

Waypoint

Mirador Natural

Espléndidas vistas das Serras da Basteira e do Aguillón.
Waypoint

Cruz Recente

Waypoint

Acivro

Resistencia absoluta contra o lume no medio da peneda.
Waypoint

Cruceiro de Penagache

A mítica cima de Penagache depáranos unhas vistas espectaculares do Val do Miño e das montañas que o circundan. Este gran penedo obxeto de culto ancestral, foi cristianizado a principios do século XX cunha cruz pétrea.
Waypoint

Mota Grande

Ao longo de milleiros de anos, infinidade de gandeiros e gandeiras pastorearon a Serra do Leboreiro. Os máis temperás, alá polo IV milenio antes da nosa era, monumentalizaron a morte, construíndo grandes túmulos funerarios chamados mámoas, motas, medorras ou arcas. A Mota Grande é unha potente mámoa en cuxo interior agocha un dolmen de corredor ou cámara funeraria, cuxos esteios presentan pinturas simbólicas e abstractas do Neolítico.
Waypoint

Coto do Castelo

O Coto do Castelo coroa a Serra do Aguillón, cuxa estratéxica posición permite disfrutar dun gran contraste de vistas: por un lado as suaves lomas do Leboreiro, e polo outro as fortes caídas cara ao río Miño.
Waypoint

As Chedas

No final do roteiro, establécense os interesantes núcleos rurais de As Chedas e Os Mociños.

2 comments

  • Photo of Goigain mt

    Goigain mt Mar 31, 2014

    Hola buenas tardes: Somos un grupo de montaña de Bilbao que la la próxima Semana Santa tenemos previsto dar una "vuelta" por esa zona y concrétamente una las cimas en cartera es esta de PENAGACHE. En este sentido y después de analizar el recorrido que propones nos gustaría saber si la calificación de DIFICIL que le otorgas es debido a dificultades técnicas o bien la distancia u otras razones como puede ser los desniveles de subida/bajada.

    Muchas gracias por tu colaboración e información prestada.

    Goigain M.T.

  • Photo of Goigain mt

    Goigain mt Apr 1, 2014

    Muchas gracias por tus explicaciones.Tal como comentas esperamos y deseamos pasar un días estupendos en Galicia.

    Saludos. (Agur bero).

You can or this trail