Time  8 hours one minute

Coordinates 3227

Uploaded December 31, 2018

Recorded December 2018

-
-
1,402 f
251 f
0
3.1
6.2
12.46 mi

Viewed 160 times, downloaded 7 times

near Ribadavia, Galicia (España)



Este xoves facemos un anaco da senda do río Avia, dende o inicio na área recreativa de A Veronza ata o lugar de A Seara. Desviámonos a dereita por estradas asfaltadas polo medio de viñedos ata Santo André de Camporedondo. Paramos a ver a reitoral, hoxe convertida en Museo Galego do viño, e a súa igrexa. Un pouco máis adiante, atopamos a casa rural “Casal de Armán”. Continuamos monte arriba pasando preto de Cenlle ata chegar a Esposende, onde retomamos de volta a senda do Avia.

Facemos o mesmo percorrido que pola mañá pola beira do río. Na Ponte de A Quinza desviámonos uns metros ao restaurante do mesmo nome, para proceder a xantar antes de continuar pola tarde.

Destacamos o ben que fomos atendidos, a calidade do menú, o bo viño ribeiro da casa e o prezo. Recomendámolo sen ningunha dúbida.

Pola tarde realizamos o que nos queda de ruta pola senda ata o inicio en A Veronza.

Temos algo de asfalto no bucle circular que facemos, non ten apenas tráfico, o resto senda pola beira do río, camiños e pistas forestais.

O tempo que botamos en movemento foi de 5 horas 16 minutos, a media foi de 3,8 quilómetros hora.
Páxina web Casal de Armán. " Casa grande de principios do século XVIII, situada no alto dun coto desde o que se pode divisar todo o val do Avia. Está situada a 2 km da capital da D.O. Ribeiro (Ribadavia), a 1,5 quilómetros da ligazón da autovía das Rías Baixas, a 15 minutos de Ourense, a 40 minutos de Vigo, a 1 hora de Santiago e a 40 minutos de Portugal. Dispón de adega acollida á D.O. Ribeiro con tenda para vender os seus produtos, restaurante con cociña típica galega e está rodeada de 6 hectáreas de terreo pertencentes á propiedade destinadas a viñedo, xardíns, aparcadoiro, etc. Hotel rural de seis habitacións e un restaurante de cociña tradicional con toques de modernidade. Os propietarios de Casal de Armán deron ás habitacións o nome de variedades autóctonas de uvas: Treixadura, Godello, Torrontés, Caiño, Brencellao, Sousón. Todas as habitacións están equipadas con baño completo, televisión… . Ademais, a habitación Treixadura dispón de bañeira de hidromasaxe e dun balcón desde o que se goza das vistas do val do río Avia. Tamén dúas habitacións gozan de balcón propio: Godello e Torrontés. Dispoñemos nas zonas comúns, un amplo salón con cheminea e balcón propio. Dentro do complexo tamén se atopa a cafetería e o restaurante.
>a href=http://casagrandedoribeiro.com/>Páxina web Casa Grande do Ribeiro Casa rural con historia, datada no século XVII e situada entre viñedos; nun marco natural de interior, propia para o descanso e o acougo. Entre os seus servizos ao visitante ofrece ceas por encargo ou o uso de bicicletas para gozar dun bo paseo polos arredores.
Santiago de Esposende é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. A parroquia é a máis setentrional do concello. Linda ao norte coa parroquia homónima de Esposende (no veciño municipio de Cenlle), ao leste e sur coa parroquia de Santo André de Camporedondo, e ao oeste dá co río Avia, que constitúe fronteira natural co concello de Beade. Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz (1842), Santiago de Esposende era unha freguesía do concello de Ribadavia no que vivían 84 persoas, das que só 19 tiñan o dereito de veciñanza. Os veciños vivían en unas veinte casas repartidas nos barrios de Eiroa, Quintas e Casas do Marco. Madoz dicía que de norte a sur a vila ocupaba 1/4 de legua (1,5 km aproximadamente). E de leste a oeste, outro tanto. Destacábanse aspectos como que o cemiterio no ofende a la salud pública ou que os camiños son locales y generalmente en mal estado. O correo recibíase da capital do concello 3 veces á semana. Era unha parroquia típica do rural da comarca. Producía trigo, millo, legumes, hortalizas, froitas de carabuña, liño e viño, do que xa Madoz nomea a súa calidade, chegando a dicir que saía viño desta parroquia cara a Santiago de Compostela, A Coruña e comarcas próximas de montaña.
(Cultura de Galicia-Xunta de Galicia) Na parroquia de Sto. André de Camporedondo a 3 quilómetros de Ribadavia, sitúase este monumental conxunto, formado pola reitoral de Sto. André, a granxa vinícola máis importante que o mosteiro de San Martiño Pinario tivo en Galicia. Actualmente reformada para acoller o Museo do Viño de Galicia, trátase dun edificio de grandes proporcións feito en sillería, do século XVIII, con grandes lagares e adegas. Á beira atópase un dos máis perfectos exemplos do barroco compostelán no rural galego, a igrexa de Santo André.
Templo románico, construído probablemente a partir do século XII, aínda que con posteriores reformas barrocas, no século XVIII. Ten unha soa nave e planta rectangular, con ábsida tamén rectangular. Os muros son de perpiaño de tamaño irregular, rematados cunha connixa con decoración xeométria e canzorriños figurados. A portada conta cunha dobre arquivolta de medio punto con decoración xeométrica nas chambranas e na imposta, apoiada sobre un par de columnas de fuste liso e capiteis con ornamentos de entrenzado. O tímpano, monolítico, está presidido por un relevo que representa unha roseta de seis follas inscrita nun círculo. A espadana é barroca, con dobre arco para os sinos. A decoración da fachada complétase con cruces antefixas sobre os pináculos das esquinas e no cumio da espadana. No muro norte apréciase unha inscrición.
N42.29367° W8.14142°
"Galeón.com" Río da provincia de Ourense, afluente do río Miño. Nace en Fonte Avia na Serra do Suido a 900 metros de altitude. Nos seus primeiros quilómetros é guiado por unha fractura NE- SW e alimentado por numerosos afluentes que drenan parte desta serra, como o Couso, Doade, Beariz e Magros ( drenan o monte Testeiro), o Viñao, Lovagueira e Lodeiros que drenan os montes de Irixo e chegan ao Avia despues de percorrer un curso de 25 quilómetros ou o Valdeiras que vén do Farom de Avión. O seu encaixamento provoca un curso tortuoso e un forte contraste entre os sectores achandados e os fondos encaixados da súa rede fluvial. Este encaixamento foi suficiente para a construción do encoro de Alvarellos. Construído en 1972 represa un volume de 90,7 Hm3 de auga grazas ao caudal do río Viñaoque, mediante unha canle desde Cameixa ( Borborás) transvasa ao encoro boa parte do seu caudal. A pesar do gran volume de auga de Alvarellos o seu central é de pequeno tamaño, 59 MW de potencia instalada. A partir de Alvarellos e a desembocadura do Viñao, recibe pola esquerda á súa máis importante afluente, o Arenteiro para tributar no Avia despues dun curso de 33 quilómetros, 185 km2 de área drenada e unha achega de auga de 4,5 m3/s. Augas abaixo da unión co Arenteiro, o Avia entra nun tramo moi diferente. Por unha banda a súa dirección decididamente ao S, por outra o seu aspecto sosegado e sen grandes correntes por unha ampla chaira aluvial que o río depositou en millóns de anos e que o home humanizou intensamente plantando as cepas dun dos mellores viños galegos, o Ribeiro. O avia verte ao Miño en Ribadavia despues de percorrer 36,7 quilómetros, drenar 673 km2 e achegar un caudal de 18,5 m3/s.
"Páxina web Restaurane Quinza" Restaurante especialista en comida al grill con una amplia variedad de menús, capacidad para 300 comensales, cafetería y terraza. Tipo de cocina Casera, Tradicional Precio 10,00 € - 20,00 € Tipos de menú Menú del día: 1º - 2º - Bebida - Postre y Café Precio: 10,00 € Horario: Mañana / Noche Platos principales • Pulpo (especialidad) • Anguilas • Parrillada de pescados y marisco • Bacalao a la portuguesa • Entrecot de cabrales • Solomillo al café de París Otra información • Cocina mañana: 12:30 - 16:00 • Cocina tarde: 20:00 - 00:00 • Número de tenedores: 1 • Reconocimientos: Tenedor de oro parrillada asador • Comidas por encargo • Comidas para llevar • Carta según mercado • Terraza • 40 mesas para 300 comensales
A ruta comeza na ponte que dá acceso a unha das aldeas máis belas da provincia de Ourense: Pazos de Arenteiro. Unha escaleira de pedra entre viñedos deixa atrás este encantador núcleo de marcado carácter rural e medieval. O camiño a media ladeira ata Lebosende pasa pola aldea abandonada de Viñoá e as ruínas dunha antiga adega chamada “Adega do Conde”. En Lebosende hai que visitar a súa igrexa de orixe románico. Aquí, o camiño se xunta co Carreiro de Pena Corneira para descender polo rehabilitado Camiño Real ata Leiro. Unha vez cruzado o río Avia é de obrigado cumprimento o tomar a pequena derivación ata o mosteiro de San Clodio (hoxe Hotel Monumento), expoñente da arraigada implantación de cenobios benedictinos en Galicia. A ponte de San Clodio (S. XVI) na Ponche é outro dos puntos fortes desta ruta que segue por zona de viñedos e ribeira ata entrar en Ribadavia polo novo parque da Veronza.

Comments

    You can or this trail