Moving time  one hour 56 minutes

Time  6 hours one minute

Coordinates 1552

Uploaded July 31, 2019

Recorded July 2019

-
-
6,684 f
5,531 f
0
1.4
2.9
5.76 mi

Viewed 38 times, downloaded 7 times

near Balouta, Castilla y León (España)

Comeza no porto dos Ancares, polo lado do estacionamento. Non é complicado seguila pois está moi transitada, polo menos ata o cume do Cuíña. Dende esta cima temos unhas impresinantes vistas dos Ancares e mesmo se albisca a cidade de Lugo.
Logo do Cuíña seguimos ata o Campanario ou "Dos Hermanitos" (?), uns cumes rochosos máis baixos. Aquí xa o camiño se torna máis complicado tanto por non estar tan transitado coma polo terreo rochoso que atravesa. Non é moi indicado para persoas con vértixa xa que atravesa un treito de lombo con fortes caídas a ambos os lados. Nalgún momento é complicado seguir a mellor ruta pois non hai unha continuidade exhaustiva dos fitos ou estantes de pedra. O consello é seguir polo lombo e tan só pasar por un lateral no último fragueiro antes do primeiro dos "Hermanitos". Tratar de seguir os estantes que colocamos.
As vistas dende estes cumes non son tan espléndidas coma as do Cuíña pero non son desprezables e engádese percorrido á ruta.
O regreso faise por onda uhas pequenas lagoas, de orixe glaciar obviamente, e un refuxio pequeneiro pero ben amañado. Evitamos, de paso ter que volver gabear o Cuíña. Finalmente volvemos incorporarnos ao camiño de ida para rematar a ruta.
A ruta presenta un notable desnivel así como "dentes de serra", porén a beleza das paisaxes que se divisan e mesmo o poder ver animais selvaxes (cabra montesa, rebezo, voitres e aguias...) ben pagan a pena do esforzo.
Mountain pass

Porto dos Ancares

Shelter

Refuxio

panorama

Portela

panorama

Panorámica

Summit

Cuíña

Risk

Pasar polo cima

Risk

Ir polo cima!

Summit

Curuto

Summit

Campanario leste

Risk

Treito complicado

Intersection

Dereita, circular

Lake

Lagoas do Cuíña

Shelter

Refuxio

Comments

    You can or this trail