-
-
754 ft
2 ft
0
3.2
6.4
12.85 mi

Viewed 135 times, downloaded 3 times

near Catoira, Galicia (España)

Ruta con forma de oito moi variada e completa admirando a beleza de Catoira e a desembocadura do Rio Ulla. Comenzamos na Alameda de Catoira, visitando a igrexa parroquial que contén no seu interior unha inmensa imaxe da Virxen Maria que veu dende Cuba fai uns 60 anos, Baixamos a fermosa Carballeira de Fonte Gaiteira e o seu precioso parque que conten un muiño un cruceiro a Casa Grande das Pexegas e oa Ponte Medieval do s. XII no Camiño Real, seguimos en dirección as Torres do Oeste atravesando os lugares da Ponte, Corredoira, As Lombas e Borreiros ata o Sistema Fluvial Ulla-Deza e continuar pola ribeira do Ulla polas suas pasarelas de madeira e visitar o Centro de Interpretación Vikingo, onde se encontra unha réplica de un drakkar.
Chegando a fortaleza medieval do s, IX, As Torres do Oeste, que durante sécolos resisteu o ataque de vikingos, normandos e piratas sarracenos onde adosada a unha das suas torres está a capela de Santiago de estilo románico mandada construir polo Arcebispo Xelmírez, natural da fortaleza, no ano 1122.
Continuamos polas pasarelas de madeira ata chegar o modernista monumento en ferro das Sete Torres de Oeste, a praia fluvial e pasando por atrás da abandoada fabrica de Cedonosa, chegamos o Muiño de Mareas (Muiño de Cura ou O Machón) comenzamos recorrendo o Rio Catoira que xunto o Rego de San Cibrán teñen o seu carón uns 45 muiños de rio,
Volvemos a cruzar o centro de Catoira: Alameda (onde se encontra unha estátua de Diego Xelmírez), Igrexa, fonte Gaiteira, Ponte Medieval, etc. seguimos subindo o Rio Catoira e o Rego de San Cibrán ata chegar a Ermida, Carballeira, Cruceiro e Curro da Rapa das Bestas de San Cibrán.
Seguimos a nosa ruta ata chegar os Muiños de Vento de Catoira, cuia peculiaridade é que teñen dobre sistema de aspas e din que son únicos en Europa. Dende este lugar temos unha gran vista panorámica de Catoira e de toda a Ria de Arousa.
Baixando os muiños de vento atopamos a fermosísima Lagoa de Pedras Miudas, lagoa artificial creada sobre unha antiga canteira de extracción de pedra.
Cruzamos os lugares de Tras da Veiga, Aragunde e Barral ata chegar de novo o inicio da ruta.

Comments

    You can or this trail