-
-
797 f
556 f
0
0.6
1.2
2.39 mi

Viewed 2406 times, downloaded 20 times

near Conxo, Galicia (España)

BARRIO DE CONXO
A zona estivo poboada dende a prehistoria, como indican os restos atopados no depósito arqueolóxico do Castriño de Conxo. En 1835 constituíuse como concello independente ata 1925, momento en que é anexionado ao concello de Santiago de Compostela, conurbación feita durante a ditadura de Primo de Rivera.
Algúns dos feitos mais importantes que tiveron lugar en Conxo foron:
- En 1837 naceu en Cornes a escritora Rosalía de Castro, que en 1884, un ano antes de falecer, publicou o seu último libro de poemas ‘En las orillas del Sar’
- En 1856 celebrouse o Banquete de Conxo, con Eduardo Pondal e Aurelio Aguirre entre os participantes. Foi un xesto de confraternización entre os obreiros, artesáns e estudantes.
- En 1873 inaugurouse en Conxo a primeira liña de ferrocarril de Galicia, que ía de Cornes ao porto de Carril a través de 42 kilómetros de vías e dous túneles, un deles o da Fervenza que aínda sigue en pé en Conxo. Neste ferrocarril traballaron o pai de Valle-Inclán e o avó de Camilo José Cela, polo que na súa fundación está exposta a locomotora Sarita.

MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE CONXO
Segundo a tradición, foi fundado pola señora francesa Rusuída para dar sepultura ao seu marido, Almerico Canogio (nome do que supostamente deriva Conxo) asasinado en Burgos cando facía o Camiño de Santiago; e ela sería tamén a primeira abadesa do mosteiro. Pero os documentos históricos atribúen a súa fundación ao arcebispo Xelmírez no 1129. Aínda conserva parte do claustro románico da época da súa fundación.
Inicialmente acolleu unha comunidade de monxas benedictinas que posteriormente foron trasladadas a San Paio Antealtares para ser habitado por frades mercedarios no 1482. Coa desamortización de Mendizábal de 1835 os monxes tamén foron desaloxados, trasladándose ao mosteiro de Poio, que ata 1835 fora benedictino.
De planta cuadrangular con muros de granito, destaca a da portería, feita por Fernández Sarela no s. XVIII. No interior da igrexa traballou Frei Gabriel de Casas en 1693-1710, e Simón Rodríguez realizou a fachada e os retablos da igrexa, o claustro, e a capela do San Cristo en 1729-1737 . Esta última acubilla unha escultura dun Cristo Crucificado de 1628 atribuída a Gregorio Fernández.
Desde 1885 pasou a acoller o primeiro Sanatorio Psiquiátrico de Galicia, situado nas dependencias e horta do mosteiro mercedario.


VOLTA DO CASTRO
Capudre, escornabois (Sorbus aucuparia)
Sorbus é o nome latino dos froitos da árbore, e aucuparia provén do latín e significa ‘coller paxaros’ facendo referencia a que os seus froitos eran usados polos cazadores como cebo para atraelos.
É unha pequena árbore caducifolia que crece nunha gran variedade de hábitats en Europa e Asia. Abunda na montaña e vese moito nos Pirineos, Pena Trevinca ou o Courel, onde crece acompañando a carballos, faias ou abetos.
Ten a cortiza lisa e marrón grisácea, e a madeira dura e elástica, polo que é aproveitada por torneiros e ebanistas. As follas son compostas, alternas, imparapinnadas, de forma oval e lixeiramente dentadas. Teñen bastantes taninos, polo que nalgúns países usábanse para curtir o coiro. Florece en maio con inflorescencias brancas dispostas en corimbos terminais, que forman un vistoso ramallete moi oloroso.
O froito son baias carnosas, alaranxadas. Utilízanse na fabricación de marmelada e do vodka ruso. Son o alimento das larvas dalgúns lepidópteros así como dos paxaros, que son os encargados de diseminar as sementes. Son ricos en vitamina C e principios activos aproveitados pola medicina contra a tose, a gota, diuréticos ou antidiarreicos, pero consumidas en cantidades excesivas as baias poden ser tóxicas.

OS HUMEDAIS:

DEFINICIÓN
Un humedal é un sistema natural ou artificial de auga doce, salgada ou mestura de ámbalas dúas, que existe de maneira temporal (pozas) ou permanente (lagos, ríos, lagoas, marismas...). Posúen unha gran variedade de biótopos e hábitats intermedios entre os ambientes terrestre e acuático. A inundación destas superficies satura o solo e o desprové de osíxeno, conformando un espazo caracterizado pola escasa profundidade do nivel freático.
A vexetación especificamente adaptada a estas condicións denomínase hidrófita, cando se sitúa sobre zonas alagadas de auga; e freatofita cando estas zonas sitúanse sobre zonas de auga oculta (criptohumedales) Grandes familias de aves e réptiles están unicamente adaptadas a contornas deste tipo. Estímase que o 6,4% da superficie total do planeta está cuberta por humedais.

REGULADORES DAS AUGAS
Moitos ríos seguen constituíndo unha fonte de auga todo o ano grazas a que o seu caudal se desvía da canle principal cara ás zonas de turbeiras, pantanos, brañas e tremedais da cunca. Os humedais conseguen así que a auga na estación de chuvias flúa máis lentamente, e no verán tórnanse imprescindibles para afronta-la seca.
A evapotranspiración que propician as reservas de auga mantén os niveis locais de humidade e de precipitacións pluviais, polo que a destrución dos humedais ocasiona unha diminución das precipitacións pluviais na zona afectada.
Son instrumentos imprescindibles para a xestión sostible da auga e para obter auga potable a longo prazo, por iso foron rebautizados como "riles do planeta", ao realizaren os procesos naturais de filtración: cando a auga pasa dun humedal ao acuífero subterráneo, amais de renovar a auga que corre baixo terra, a converte en apta para o consumo humano. Parte desta canle lateral subterránea aflorará despois á superficie noutro humedal, como descarga de auga subterránea, e así continuará o ciclo.

IMPORTANCIA SOCIAL DOS HUMEDAIS
A valoración social dos humedais experimentou nas últimas décadas un gran cambio: pasaron de ser áreas improdutivas e insás a constituír elementos clave na conservación da biodiversidade e do uso sostible do territorio. A pesar disto, a desaparición de humedais é algo xeneralizado: perdéronse, aproximadamente, dúas terceiras partes dos humedais que existían en Europa, e as terras húmidas en todo o mundo encóntranse ameazadas pola agricultura, o desenrolo industrial ou a explotación excesiva.

DÍA MUNDIAL DOS HUMEDAIS
O 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humedais porque nesa data de 1971, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza formulou unha listaxe de humedais de protección recomendada na súa primeira convención, coñecida como Convenio Ramsar pola cidade iraniana na que levou a cabo. O Ramsar é o tratado internacional máis importante en materia de conservación de humedais, ratificado por 160 países, e que protexe 1.953 humedais de todo o planeta. España é parte do Convenio desde 1982.

Comments

    You can or this trail