Time  8 hours 38 minutes

Coordinates 3390

Uploaded December 31, 2018

Recorded December 2018

-
-
1,527 f
22 f
0
3.4
6.9
13.78 mi

Viewed 297 times, downloaded 21 times

near Samieira, Galicia (España)

Bonita ruta polo Concello de Poio. Percorremos unha primeira,polos Muíños de Samieira que nos levará ata o Bosque de Colón, o maior de Europa de sequoias. Facémolo durante case nove quilómetros subindo. Agora toca baixada ata o lugar de A Seca, onde no Asador A Freixa procedemos a xantar.
Antes pasamos por outra das rutas existentes nesta zona, a das Fervenzas do Pereiro.

Pola tarde facemos o resto da ruta que nos queda ata o inicio en Teinogueira, a beira do campo de fútbol do Samieira, pasando polo Parque da Memoria, un anaco do Camiño Espiritual de Santiago, rozando o interior de Combarro. Desviámonos do camiño para entrar en pleno monte por pistas forestais ata o final da ruta.

Temos asfalto dende que abandonamos o Pereiro ata que saímos de Combarro, sobre cinco quilómetros. Tanto a ruta dos Muíños de Samieira como a das Fervenzas do Pereiro, están e perfectas condicións para podelas transitar sen ningún problema. Polas pistas forestais e camiños tamén se pasa perfectamente, incluso nestes días de chuvia.

O tempo en movemento foi de 5 horas 54 minutos. A media foi de 3,8 quilómetros hora.
Waypoint

Vistas dende o Parque da Memoria

Provisioning

Asador A Freixa

Waypoint

As fervenzas O Pereiro

Esta ruta ofrece a posibilidade de coñecer a beleza natural dun deses recunchos ocultos que pouca xente coñece. Moitas veces temos ao noso lado lugares marabillosos que nin sequera sabemos que existen. Esta ruta lineal pretende mostrarnos un bonito carreiro a beiras do Rego do Pereiro, no que o son das súas augas convértense nun elemento constante ao longo de toda a ruta. Pasaremos por varias pontes de madeira, polo " Muiño da Boneira", por varios regachos e pequenas " fervenzas" ata chegar a "A fervenza do Pereiro". A pesar de que o camiño de ida é costa arriba, é de fácil acceso mesmo para nenos. Noticia no Faro de Vigo de data 25-05-2018: A Ruta dás Fervenzas no Pereiro presenta, desde hai uns días, unha nova imaxe. O Concello de Poio levou a cabo unha reforma integral para poñer a punto esta bonita ruta. O goberno local destinou 14.500 euros de fondos propios para a rehabilitación de boa parte das pontes e as proteccións desta pequena ruta de sendeirismo de apenas un par de quilómetros que une os muíños da zona coa fervenza. "As pontes que se usaban para salvar o pequeno río de Pereiro estaban podrecidos e as proteccións que se usaban para salvar os desniveis, tamén. A "Ruta dás Fervenzas do Pereiro" é un dos espazos que o Concello busca promocionar co seu plan de excursións de sendeirismo.
Waypoint

Muíños de Samieira

Muíños de Samieira (Galicia Máxica) A Ruta dos muíños de Samieira é un percorrido pola historia do río Freiría que nos mostra un conxunto etnográfico formado por 23 muíños. O nome de río Freiría, tamén chamado Arroio dos Muíños, ten como orixe toponímico a palabra "frades", xa que o río era coñecido como "río dos frades", debido a que no lugar do seu nacemento, un nobre convertido a frade construíu un pequeno convento do que non quedan restos. A senda comeza na Praza de Alfredo Romay, en Samieira, e desde alí en dirección sur atopamos o primeiro muíño da ruta ( Muíño de Cubo de Abaixo) e continuando a senda chegamos a Fontemulleres, onde se atopa o lugar de interés " Oco das campás. Volvendo a Praza de Samieira e continuando cara ao norte descubrimos os demais muíños. O primeiro quilómetro do percorrido discorre por Samieira, e partir de aquí atopamos máis de vinte muíños en diferentes estados de conservación. Tras deixar atrás a área de Xirome, entramos nunha franxa de bosque de ribeira que ascende ata o foxo dás vacas que aínda se mantén en bo estado de conservación.
Waypoint

Cruceiro e hórreos en Combarro

Waypoint

Cuceiro e Fonte

Waypoint

INICIO Campo futbol Samieira

N42.42356° W8.73396°
Waypoint

Muiños-da Loriña-do Barreiro

Waypoint

Muiños-de Balboa-de Espiga-de Esperón-Muiñeiro

Waypoint

Muiños-de Cancela-de Portas-do Cego

Waypoint

Muiños-de Carballos-de Santiaguiño-de Arriba

Waypoint

Muiños-de Catalina-Novo-da Ponte

Waypoint

Muiños-de Suarez-de Cabezudo-de Teselán-de Correa

Waypoint

Muíños de cubo e canle no rego do Pereiro

Os muíños son construcións de pedras pequenas cubertas de tella, xeralmente cadradas, que se dividen en dúas plantas; tremiñano (parte superior) e o inferno (parte inferior). Localízanse nas beiras dos ríos para aproveitar o seu caudal e trasladar a auga ao muíño. Hai dous sistemas de aproveitamento que afectan á súa arquitectura: muíños de canle ou de cubo. Os de canle, a auga accede á adega por unha canle de pedra máis estreito e profundo canto máis se achega ás penas do rodicio precipitándose con forza. Este sistema afai instalarse en ríos de caudal aceptable ou nos tramos medios e baixos dos regachos. (Os de cubo precisan dun almacenamento previo da auga e dunha saída abocada dun chorro que faga que supla a carencia do caudal regular). En canto aos tipos de fariña, unha vez cargada a moa e hechado a andar, o gordo da fariña regulábase na cruceta e na caída da acequia: levantando a moa a fariña saía máis viva e baixándoa máis miúda. Tiñamos varios tipos de calidades: o óleo, fariña que cae preto do pé, moi fina e que servía de papas para os nenos; daquela a fariña propiamente dita; ou farelo, máis lonxe do pé, fariña brava con casca do gran de maiz; ou picón, grans machucados
Waypoint

Muíños de Xirome de Campelo dos Cabanales

Waypoint

Parque da Memoria

Un bonito parque situado no lugar da Seca, concello de Poio. Paseando por este parque podemos ver unha preciosa panorámica da ría de Pontevedra contemplando, entre outros, o bonito pobo mariñeiro de Combarro, Marín á fronte ou a Illa de Tambo no medio da ría. Desde a súa situación excepcional permite igualmente contemplar toda a enseada que se estende desde os pobos de Combarro a Campelo, un gran areal que alberga unha rica zona de marisqueo. Debido á súa configuración de leito mariño case plano, ofrece unha visión totalmente diferente se se contempla coa marea chea ou con baixa mar. Conta con aparcadoiro gratuíto, zonas axardinadas con palmeiras, unha gran extensión de céspede, fontes de auga e zona de xogos infantís entre outros servizos. A poucos metros tamén hai pistas deportivas de uso público e unha cafetería próxima. O máis destacado deste parque, a parte da súa privilexiada situación sobre o mar, é un conxunto de esculturas nas que podemos observar talladas en pedra retratos de galegos ilustres, simboloxía celta, representación de animais e demais obras. Formando un círculo todas elas rodean unha escultura en forma de chama, representando un faro, con base de Sargadelos.
Waypoint

Pasarela e muiños ao fondo

Waypoint

Rego Do Pereiro

Waypoint

Vista fotrográfica

Waypoint

Zona descanso

Comments

    You can or this trail