Moving time  2 hours 20 minutes

Time  3 hours 3 minutes

Coordinates 1969

Uploaded April 13, 2018

Recorded April 2018

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
1,549 f
350 f
0
1.8
3.5
7.1 mi

Viewed 191 times, downloaded 11 times

near Canedo, Galicia (España)

Pequena ruta cercanca a Ourense que permite tanto saír do asfalto coma gozar de espectaculares panorámicas e outros elementos interesantes. O punto de partida é o aparcadoiro das termas de Outariz. Tras pasar a carón delas (tanto públicas coma do balneario), contorneamos tamén as do Muiño da Veiga (coma tantas veces alagadas polas crecidas do Miño). Pasamos baixo a N-120 e atopamos outro aparcadoiro que podería ser tamén un acaído punto de comezo da ruta. Continúase por entre as naves comerciais e logo iníciase a subida xa por vellos camiños empedrados e gastados polas rodas no transcursos dos séculos. A certa altura achamos as ruínas do descoñecido mosteiro de Santa Comba das Naves que máis que requintes arquitectónicos chama a atención pola súa solidez, exemplo de potencia econónica. Parece ser que de orixe baixomedieval, debeu ser un priorato dependente de Celanova.
No percorrido atravesamos tamén a aldea de Untes, pasando a carón da súa igrexa como edificio máis sobranceiro.
O retorno, tras atravesar a vía a nivel, faise pola beira do Miño mediante o abandoado paseo que noutrora se estendía ata case Santa Cruz (Pazo de Ramirás). Porén este carroucho está fóra de uso xunto ao enlace da Autovía por mor dun preito que obrigou a restablecer unha finca particular. A xente segue atravesándoa pero hai un piñeiro grande atravesado con ánimo de impedir o tránsito dos camiñantes e ciclistas. Cumpriría que o Concello de Ourense arranxase a situación.
Finalmente teremos a oportunidade (buscada) de tomar un baño relaxante nas pozas da Burga de Canedo ou nas máis pequenas de Outariz. Tamén no balneario, que para gustos...
A ruta ten unha pequena dificultade só polo desnivel. Moi interesante e totalmente recomendable.
Feita a partir desta:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ourense-comarca-de-ourense-ourense-ruta-circular-outariz-a-conchada-13901319
aínda que suprimindo a visita á Conchada (interesante, tamén, para quen non a coñeza).
Bridge

Pasarela termal

Spa

Balneario Termas de Outariz

Spa

Muíño da Veiga

Nestes días alagado polas augas do pai Miño. Mírese como a auga quente abrolla perto da cemba.
Parking

Aparcadoiro.

Bo sitio para comezar a ruta e logo tomar un baño nas pozas do Muiño, caso de estar en servizo.
Intersection

Cruce N-120

Atravesar con precaución porque non hai paso de peóns.
panorama

Canedo

Intersection

Desvío. Seguir pola dereita.

panorama

Canedo 2

Photo

Corredoira

panorama

Miradoiro natural

Intersection

Esquerda (seguir de fronte)

Sacred architecture

Capela

Ruinas da capela do mosteiro das Naves.
Building of interest

Mosteiro

Robusto, sólido pero ben construido. Onde hai, vese...
Building of interest

Solaina

Dada a orientación, non para tomar o sol. Elemento de prestixio, seguramente.
Intersection

Esquerda

panorama

Aldea das Naves

panorama

Miradoiro dos Paramiños

panorama

Panorámica de Untes e Alongos

fountain

Lavadoiro. Aldea do Outeiro

Sacred architecture

Igrexa de Santo Estebo de Untes.

Risk

Vía. Paso a nivel sen sinais.

Photo

Freixendo

Spa

Pozas da Burga de Canedo

2 comments

  • Nepal23 Apr 24, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    Todo genial. Buena ruta y sencilla de realizar. El pico pica. Mucho cuidado de realizarla en verano. Ah y la vía del tren está activa.

  • Tío_Pepe Apr 24, 2018

    Certo, en verán, con calor, pode ser algo dura.
    Grazas por comentar.

You can or this trail