Coordinates 1389

Uploaded September 28, 2017

Recorded September 2017

-
-
413 f
-6 f
0
1.8
3.7
7.34 mi

Viewed 1005 times, downloaded 47 times

near Mogor, Galicia (España)

O roteiro recorre un treito da costa do concello de Ortigueira, pola parroquia de Loiba e ao bordo de verticais cantís de máis de cen metros de altitude, ao longo de praias e con vistas a farallóns de senlleiras de aglaiantes formas. A iso de metade da ruta, e se agardamos a debida quenda, poderemos sentarnos no coñecido coma "The best bank of the world", toda unha icona. (No rótulo está escrito "bank" -entidade bancaria- e non bench, banco para sentarse).

O percorrido recibe o nome de Ruta das Algas na promoción turística que fai o concello, sendo moi doado de facer por non presentar case desnivel, agás a baixada a Praia de Fábrega -preto do miradoiro de O Cadaval-, que é bastante costenta e que no seu treito final conta cunha corda para facilitar a baixada, sendo este tramo evitable ao poder facerse o traxecto polo camino de enriba.

Lese na información que atopamos nos carteis:

"Acantilados de O Picón.
Os acantilados de O Picón sitúanse na parroquia de Loibs, no extremo leste do concello de Ortigueira e teñen un grande interese ecolóxico e unha singular beleza. Esta zona de costa acantilada de aproximadamente 7 Km de fronte presenta paredes rochosas moi recortadas pola acción mariña e teito plano, na que se abren areais de difícil acceso prácticamente virxes (O Picón, O Coitelo, Praia de Fábrega, Praia Furada, Praia do Carro e Praia do Sarridal entre outros).

A continuación da Praia do Picón parte unha senda que desemboca nun saliente do acantilado. Alí atópase "the best bank of the world coñecido como "o mellor banco do mundo", dende o cal se poden contemplar unhas vistas inmellorables dos acantilados e divisar Estaca de Bares e Cabo Ortegal.

A Praia do Carro recibe este nome polo seu camino de acceso, polo cal se baixaba en carro para ir buscar algas, especialmente abundantes nesta praia.

O miradoiro de Pena Furada, situado sobre a Praia de Sarridal, ofrece panorámicas únicas do litoral das parroquias de Céltigos e de Loiba. Situado sobre un saliente da costa, permite contemplar Pena Furada, unha impresionante rocha perforada polo mar."

View more external

Picnic

Area lecer O Cadaval

Área recreativa sobre a praia de Fábrega.
panorama

Banco

Banco sobre os cantís de Loiba.
panorama

Banco de Esteiro

Banco con vistas a praia de Esteiro.
panorama

Banco de Loiba

Banco en Loiba: The best bank of the world.
panorama

Banco do Picon

Banco sobre os cantís de O Picón.
Photo

Cantil

Cantil preto da praia de Esteiro.
Waypoint

Comezo Loiba

Punto de inicio na praia de Esteiro.
Mooring point

Embarcadoiro de Furnas

Embarcadoiro en Loiba.
panorama

Miradoiro do Picon

Miradoiro sobre os cantís de O Picón, no conncello de Ortigueira.
panorama

Miradoiro Os Castros

Miradoiro sobre as praias de Fábrega, A Lomba e do Carro.
panorama

Miradoiro Pena Furada

Miradoiro de Pena Furada.
Photo

O Picon

Lugar da parroquia de Loiba, no cocello de Ortigueira.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros.
Tree

Piñeiral do Picon

Bosque de piñeiros n´O Picón.
Beach

Praia A Lomba

Praia en Loiba.
Beach

Praia Costa dos Xuncos

Praia en Loiba.
Beach

Praia de Fabrega

Praia en Loiba.
Beach

Praia de O Picon

Praia no lugar de O Picón, Loiba.
Beach

Praia do Carro

Praia en Loiba.
Beach

Praia do Esteiro

Praia en Loiba.
Photo

Rubido

Lugar en Loiba, Ortigueira.
Photo

Sendeiro

Carreiro de baixada a praia de Fábrega.
panorama

Vista farallon

Punto de vistas panorámicas sobre farallón nos cantís de O Picón.

1 comment

  • Photo of torresalazar@gmail.com

    torresalazar@gmail.com Jan 22, 2018

    No todos sabemos gallego, una traducción seria interesante para el público en general.Gracias de todos modos

You can or this trail