Time  6 hours 55 minutes

Coordinates 1337

Uploaded December 24, 2014

Recorded December 2014

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
2,213 f
1,090 f
0
2.4
4.8
9.59 mi

Viewed 16158 times, downloaded 458 times

near Figueroa, Galicia (España)

O Monte do Seixo, en plena Terra de Montes, antigo santuario celta e hoxe case estragado polos aeroxeradores que se erguen insolentes nas súas cimeiras, é unha zona ateigada de lendas de fadas, mouros, deuses, túneles no subsolo e cidades mergulladas.
Destes lugares de encantamento baixa polas súas abas un río que axiña cúbrese dun bosque de galería e que ven sendo básicamente una longa e estreita carballeira. Por estas aglaoiantes ourelas transcorrirá unha boa parte da nosa xeira.
O percorrido comeza no mesmo centro de Cerdedo e cadrará no seu primer treito co roteiro do Padre Frei Sarmiento, mais chegados a Cabenca os nosos pasos enfilarán cara a Cavadosa polo antigo camiño dos Mortos, por unha congostra que aledará aos nosos sentidos coa súa fermosura. As árbores sempre presentes, os muíños tantos que quizais perdamos a conta, o río limpo e que por veces alimenta algunha levada, agora alá embaixo, logo aos nosos pés.
Na aldea de Cavadosa cambiamos de contorna e volvemos a media aba para ter unha boa vista deste verde val. Baixando para Meilide temos a uns pasos o río Lérez, no que tributa o Seixo, e rematamos na igrexa de San Xoan Bautista, en Cerdedo.

View more external

Pequena aldea de Cerdedo.
Treito de calzada romana que saindo do centro de Cerdedo chega ata a capela de Santo Antón.
Camiño que une Cabenca con Cavadosa.
Camiño que une Lourido coa capela de Santo Antón.
Ermida situada na aldea de Cabenca.
Ermida do século XVIII en Lourido.
Ermida nas beiras do río Lérez. Ao carón da calzada romana de Cerdedo.
Aldea de Cerdedo nas abas do monte do Seixo.
Punto de inicio do noso roteiro no centro de Cerdedo.
Desvío do roteiro cara as abas do monte.
Caedoiro no río do Seixo.
Igrexa de San Xoán Bautista. No centro de Cerdedo.
Lavadoiro ao carón da calzada romana de Cerdedo.
Levada desde o río do Seixo para os muíños de Cabenca.
Lugar de Cerdedo.
Muíño cubo na aldea de Revolta.
Muíño no río do Seixo. A altura da aldea de Abelaíndo.
Muíño no río Seixo, por debaixo da aldea de Abelaíndo.
Restos dun muíño no río Seixo. A altura de Abelaíndo.
Muíño no río Seixo, no Camiño dos Mortos.
Muíño no río do Seixo. No Camiño dos Mortos.
Muíño no río Seixo. Preto da aldea de Cavadosa.
Muíño de cubo na aldea de Cabenca.
Muíño no Camiño dos Mortos.
Muíño no río do Seixo.
Muíño no río Seixo. Por debaixo de Abelaíndo.
Muíño no río Seixo. Preto de Abelaíndo.
Muíño no río Seixo. A altura da aldea de Abelaíndo.
Muíño no río Seixo. A altura da desembocadura do rego das Laceiras.
Muíño no río Seixo. No Camiño dos Mortos.
Pontella de pedra sobre o río do Seixo. A altura de Abelaíndo.
Pontella de pedra sobre o río Seixo. Preto de Cavadosa.
Pequeño regato afluente do río Seixo.
Tosta no río Seixo para encauzar a auga nas levadas.
Aldea de Cerdedo.
Río que nace preto do mosteiro de Aciveiro, en Forcarei, e desemboca na ría de Pontevedra.
Pequeño tributario do río Seixo que baixa polas abas do monte do Seixo.
Río que nace na montaña do Seixo e desemboca no Lérez en Cerdedo.

30 comments

  • Photo of caseriodacastineira

    caseriodacastineira Dec 26, 2014

    Que buena pinta ;)

  • Photo of Cesáreo Alonso

    Cesáreo Alonso Dec 26, 2014

    Interesante ruta. Para hacérmela, si puedo, en verano. Aunque a bien seguro no será lo mismo que por estas fechas en donde la diversidad de colores que nos ofrece el monte gallego nos ofrece una estampa completamente distinta y mágica.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 26, 2014

    Antes de eu facelo, deixaron por aquí as súas pegadas: Frei Martín Sarmiento, o escritor e etnólogo Calros Solla e a boa sendeirista MCMoledo.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 26, 2014

    Ao "caseriodacastineira" e mais a Cesáreo dicirlle que a pinta é boa pero facelo percorrido é mellor aínda.

  • Photo of Chacaritas

    Chacaritas Dec 26, 2014

    Hola Suso:

    Gracias por la información. Pretendemos hacerla este Domingo ( 28.12.14 ) y desearía me informes si es buena fecha o tiene agua en exceso y no practicable y mejor dejarla para otra fecha. Te llevó mucho tiempo coun una media baja ¿ no crees ? Un abrazo.

  • Photo of MCMOLEDO

    MCMOLEDO Dec 27, 2014

    ¡Hola, Jesús! Realmente é un percorrido espectacular. Nós cando camiñamos por alí,hai case un ano xa, non faciamos máis que sorprendernos e admirar o río Seixo e todo ao seu redor. Porque como ti ben dis o mellor é estar alí a respirar todas aquelas sensacións!
    Un abrazo desta sendeirista e admiradora de tan grande viaxeiro!
    Mary Carmen Moledo

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 27, 2014

    Saludos, Chacaritas.
    El recorrido está totalmente libre de obstáculos y sin duda ninguna ahora mismo es una buena época para hacerlo, el colorido otoñal aún permanece vivo.
    Abrazos.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Dec 27, 2014

    Saludos MCMoledo y que en 2015 sigamos disfrutando de estos paisajes tan maravillosos que tenemos a nuestro alrededor.

  • Photo of Antonio Aguilera

    Antonio Aguilera Jan 1, 2015

    I have followed this trail  View more

    Hola jesussimon.
    Te deseo que este 2015 te respete la salud, para que puedas seguir enseñando esos preciosos rincones que con tanta ilusión compartes. Feliz 2015

  • Photo of Chacaritas

    Chacaritas Jan 2, 2015

    Hola Antonio Aguilera:

    Creo tenemos unos amigos comunes: Jose, Loly y Diego de Mámoles en la Alquería, de los que presumimos muy orgullosos de ser unos buenos amigos.

    Me alegro que compartas esta afición/deporte tan bonito y saludable como es el senderismo.

  • Photo of Chacaritas

    Chacaritas Jan 3, 2015

    Amigo Suso:
    La ruta la hemos realizado nuestro grupo familiar ( 8 personas ) en el día de hoy 03.01.2015.
    Hemos quedado impresionados de los bellísimos paisajes que nos regala esta ruta, a pesar de haberla tomado por error en sentido contrario, sufriendo un poco al comienzo por la mayor pendiente que hemos encontrado. Es una maravilla y pensamos repetirla en primavera cuando esté todo mas cubierto de brotes verdes que debe ser espectacular. Gracias por todo. Un abrazo.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Jan 3, 2015

    Estupendo, "Chacaritas".
    Es importante la anotación que tú haces, el mejor sentido para hacer la ruta es el antihorario, sobre todo paisajísticamente; comenzando el sendero bajando por la calzada romana. Diría incluso más, en caso de mal tiempo y con escasa visibilidad, una buena opción sería hacer sólo la parte del río y volver por el mismo sitio, el tramo es tan espectacular que no importa repetir.
    Saludos de Suso.

  • Photo of xa cho contarei cado cheje

    xa cho contarei cado cheje Mar 4, 2015

    Moitas grazas por compartir as vosas rutas. Escollelas sempre é un acerto. Concretamente ésta é impresionante, e de seguro que habémola repetir.
    Disfrutámola moito, das sombras e das luces do rio, e das vistas dende o monte...
    Novamente grazas.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Mar 4, 2015

    Saúdos, "xa cho contarei cando cheje".
    Estou dacordo contigo que a ruta é para repetir varias veces.

  • Photo of Ignacio.Agullo

    Ignacio.Agullo Mar 17, 2015

    Ola, fixen esta ruta o 15-3-2015. Pola beira do río do Seixo hai un par de cancelas, que para pasar ábrense e péchanse sen problema. Pero ao chegar ao punto etiquetado como "Desvío" hai unha cancela que é un obstáculo difícil. É de arame, así que non apetece nada tentar escorregarse polo medio; e está asegurada cun par de grosos cravos de ferro dobrados, así que sen ter ferramenta non hai xeito de endereitalos cos dedos nus, ademais están oxidados.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Mar 17, 2015

    Ola, Ignacio.
    Entérome agora deste valo que cando eu fixen o roteiro non existía. Tampouco sei a razón del xa que nese punto o camiño non leva a ningunha propiedade privada. Coido que non durará moito. O das cancelas ten o seu motivo polo gando que hai pola zona.
    Saúdos de Suso.

  • Photo of Miguel T G

    Miguel T G Aug 25, 2015

    Hola,
    Qué tal está para facer correndo? Sobre todo. Ten silvas ou toxos no camiño? Non é o mesmo andar que correr.
    Ten moi pinta!!!
    Gracias

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Aug 25, 2015

    Saúdos, Miguel.

    Cando eu a fixen os camiños estaban limpos, sen problema para correr.

  • pattocuak Sep 17, 2015

    Hola, quizás hagamos esta ruta el sábado. Vamos con perros y preferimos que no haya riesgo de encontrar caballos o bicis, las casas se suelen ver y los agarramos, pero por el monte... Se vuelven un poco histéricas con caballos, ovejas y bicis :(
    Gracias!

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Sep 17, 2015

    No creo que te encuentres con ninguno. Te recomiendo la ruta, "pattocuak".
    Saludos.

  • pattocuak Nov 10, 2015

    Hola, la hicimos esta sábado. Como advertíais es preciosa! A pesar de haber llovido mucho durante la semana y estar el suelo bastante mojado se puede hacer con normalidad, mejor con botas de goretex, claro. Ni rastro de bicis, los únicos caballos que vimos estaban en una finca por la que, además, no había que pasar, nos saltamos un desvío. Muchas gracias por compartir!

  • Photo of Ignacio.Agullo

    Ignacio.Agullo Nov 17, 2015

    Ola, son o que fixo a ruta o 15-3-2015 e atopou que non se podía pasar do punto etiquetado como "Desvío" porque había unha cancela de arame de espiño enganchada a uns cravos dobrados, e non se podía desenganchar porque os cravos non se daban endereitados cos dedos nus. Exactamente oito meses despois, o 15-11-2015, volvín a facer a ruta; e atopei a cancela de arame de espiño aberta e puiden facer a ruta sen problema.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Nov 17, 2015

    Estupendo, Ignacio, alédome que finalmente conseguiras facer o roteiro completo. Saúdos.

  • lois a secas Feb 19, 2016

    I have followed this trail  View more

    Realizada en febreiro de 2016 con moita choiva e podíase pasar por todos lados, algun charco que con botas impermeables solucionase.
    Cancelas pechadas pero portas sinxelas de abrir.

  • Photo of efeso55

    efeso55 May 19, 2016

    I have followed this trail  View more

    Sin duda una ruta para disfrutar y concoer algo más de nuestro patrimonio etnográfico y natural. Muchas gracias

  • Photo of Anxom

    Anxom Nov 20, 2017

    Ruta feita o 18/10/17. Está en boas condicións, as cancelas abriron sen problema. Cans soltos nalgún tramo. As marcas de información escasas nalgúns casos, polo que se levas a ruta cargada nun GPS evitarás perderte (sobre todo na última parte de baixada). A parte de subida a carón do río é moi bonita. Leva pouquiño caudal, como todos os rios este ano. Ruta seguida tal cual o indica o track. Moitas grazas jesussimon por compartir!!

  • Photo of kikecoutado

    kikecoutado Apr 29, 2018

    Perfecta, transcorre por un lugar extremadamente tranquilo e fermoso, sobretodo en época de choivas, cando os rios e regatos van atestados de auga.

  • Photo of kikecoutado

    kikecoutado May 18, 2018

    I have followed this trail  View more

    Perfecta, transcorre por un lugar extremadamente tranquilo e fermoso, sobretodo en época de choivas, cando os rios e regatos van atestados de auga.

  • Photo of rodrigovmgalicia

    rodrigovmgalicia Dec 9, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    Non teño palabras, fermosísima

  • Photo of xabierx

    xabierx Jan 17, 2019

    I have followed this trail  verified  View more

    Grazas @jesussimon pola ruta (por esta e por todas!)
    Feita en xaneiro 2019; agora en boa parte hai postes e indicacións, polo que é doada de seguir. Tamén hai novas cancelas de madeira. Non sei en primavera/verán se na pista do regreso dende Cavadosa haberá moitos toxos e silvas. Isto, xunto con que a segunda parte da ruta ofrece menor interese, quizais sería bo facer o regreso pola mesma ruta entre Cabenca-Cadavosa.

You can or this trail