Time  4 hours 16 minutes

Coordinates 1350

Uploaded September 10, 2019

Recorded September 2019

-
-
1,782 f
1,084 f
0
2.0
4.0
7.91 mi

Viewed 157 times, downloaded 14 times

near Baíña, Galicia (España)

Xa todos sabemos que o “Mellor Banco do Mundo” é o que está en Loiba, concello de Ortigueira e se falamos de miradoiros o “Mellor Miradoiro do Mundo” -alomenos un dos mellores- é o de O Cortelliño, por riba de Baiona.

Situado a unha altitude de 560 metros, desde esta atalaia sobre o Océano Atlántico nun día sen néboas pódense albiscar as rías de Vigo, Pontevedra e Arousa. Aos nosos pés veremos a colosal escultura da Virxe da Rocha, a fortaleza de Monterreal -onde está o Parador Nacional-, a fermosa vila de Baiona, a praia de brancas areas de Ladeira, o esteiro do río Miñor, Monte Lourido, Nigrán, a cidade de Vigo e toda a crista da Serra do Galiñeiro.

No mar avistamos as illas Estelas e máis as Cíes e Ons do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Máis lonxe enxergamos as rías de Pontevedra e Arousa, a Serra do Barbanza e se o ceo está nítido tamén Fisterra.

O roteiro, circular e que faremos no sentido contrario as agullas do reloxo para ter mellores vistas, comezámolo na área de lecer de Chan da Lagoa, zona recreativa que foi acondicionada pola Asociación de Montes de Baíña e que conta con mesas a sombra dun extenso piñeiral e fonte de auga potable. O percorrido vai subindo por carreiros e camiños, por veces entre piñeiros, ata acadar o antigo refuxio de cazadores de O Cortelliño. Na nosa andaina seguramente nos cruzaremos en máis dunha ocasión con algunha das greas de cabalos salvaxes que por aquí trotan libres.

Logo de gozar das incribles vistas, baixamos ata outro miradoiro, o de Chan da Tomada, ao que chegamos cu pequeno desvío e desde o que teremos outro ángulo de visión das marabillas espalladas por este treito da costa Atlántica. Segue o descenso, presentándonse outros puntos privilexiados de observación, para finalmente chegar ao punto de partida en Chan da Lagoa.

View more external

Picnic

Area lecer Chan Lagoa

Área recreativa na parroquia de Baíña, concello de Baiona.
Photo

Camiño 1

Camiño de subida a O Cortelliño.
Photo

Camiño 2

Camiño por riba do lugar de San Cosme, Baíña.
Photo

Camiño empedrado

Camiño empedrado por riba do lugar de San Cosme.
Waypoint

Comezo Chan Lagoa

Punto de inicio na área recreativa de Chan da Lagoa, en Baíña, concello de Baiona.
panorama

Cortelliño

Miradoiro por riba de Baiona.
fountain

Fonte Chan Lagoa

Fonte de auga potable na área de lecer de Chan da Lagoa.
fountain

Fonte Cortelliño

Fonte de auga potable no miradoiro de O Cortelliño.
panorama

Miradoiro Chan Tomada

Miradoiro con estupendas vistas.
Photo

Penedos

Bolos graníticos.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros.
Shelter

Refuxio cazadores

Antigo refuxio de cazadores no miradoiro de O Cortelliño.
River

Regato

Pequeno tributario do río Baíña.
panorama

Vistas

Vistas panorámicas desde San Cosme.

Comments

    You can or this trail