Coordinates 1549

Uploaded December 10, 2019

Recorded November 2019

-
-
1,049 ft
282 ft
0
2.3
4.7
9.39 mi

Viewed 80 times, downloaded 8 times

near Leiro Grande, Galicia (España)

Aos camiños xacobeos recoñecidos hai un máis que pretende unirse e acadar o título oficial: o Camiño Miñoto Ribeiro, que comenza na cidade lusa de Braga e pasa por 16 concellos galegos (Lobios, Entrimo, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, Arnoia, Ribadavia, Castrelo de Miño, Leiro, Carballiño, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada, Vedra e Boqueixón).

O percorrido tenta de ser declarado primeiro Vía Cultural e nun futuro próximo Camiño Xacobeo. Por parte da Igrexa xa está recoñecido e dase a Compostela a quen o fai.

Na páxina web da Asociación Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro tendes máis información.

A nosa andaina será por un treito do Camiño ao seu paso polo concello de Leiro, onde nos poñemos as botas ao carón da ponte colgante sobre o río Avia (no mesmo centro). O traxecto a facer é circular, de xeito que primeiro andaremos por unha parte que non é do Camiño. Acompañamos ao río no seu descenso para chegar a Barzamedelle e proseguir entre engaloiantes carballeiras por antigas corredoiras que levaban a aldeas agora abandonadas. Acadamos a igrexa de Santa María de Beade con singular cruceiro e aquí conectamos co Camiño Ribeiro (pisamos agora o concello de Beade que axiña abandonamos).

Seguen máis carreiros a carón de regatos baixo bosques de carballos ata poñernos en Berán, onde érguese a casa señorial Pazo dos Ulloa ou Casa de Torres e de aquí a Lebosende coa súa igrexa gótica de San Miguel (séc. XVI).

Logo de pasar por un pardiñeiro en Rubial, entramos en Leiro Pequeno e só resta chegar a ponte colgante onde iniciamos a nosa andada.

View more external

Picnic

Area lecer

Área recretiva en Berán.
Photo

Barzamedella

Aldea do concello de Leiro.
Provisioning

Beran

Entidade Local Menor do concello de Beade.
Photo

Bieite

Aldea no concello de Leiro.
Tree

Bosque

Bosque no Camiño Miñoto Ribeiro.
Photo

Camiño 1

Camiño preto de Berán.
Photo

Camiño 2

Camiño en Leiro Pequeno.
Photo

Camiño Santiago

Camiño Miñoto Ribeiro.
Sacred architecture

Capela 1

Capela ao carón da igrexa de Santa María de Beade.
Sacred architecture

Capela 2

Capela en Berán de Arriba (Leiro).
Sacred architecture

Capela 3

Capela ao carón do cemiterio de Lebosende.
Sacred architecture

Capela Barzamedelle

Capela na aldea de Barzamedelle.
Bridge

Comezo Camiño Ribeiro

Punto de inicio ao carón da ponte colgante de Leiro.
Photo

Corredoira 1

Congostra en Barzamedelle.
Photo

Corredoira 2

Congostra no Camiño Ribeiro Miñoto.
Photo

Cruceiro

Cruceiro en Leiro Pequeno.
fountain

Fonte

Fonte na aldea de Rubial.
fountain

Fonte Barzamedelle

Fonte de auga potable na aldea de Barzamedelle.
fountain

Fonte Beran

Fonte de auga potable en Berán.
fountain

Fonte Cima de Vila

Fonte de auga potable en Cima de Vila.
Tree

Fraga

Bosque no Camiño Miñoto Ribeiro.
Sacred architecture

Igrexa S Miguel

Igrexa parroquial de San Miguel de Lebosende. Gótica do século XVI.
Sacred architecture

Igrexa San Pedro

Igrexa en Leiro.
Sacred architecture

Igrexa Sta Maria Beade

Templo parroquial de Santa María de Beade.
Sacred architecture

Igrexa Sto Adrao

Igrexa na aldea de Bieite, Leiro.
Photo

Lebosende

Parroquia do concello de Leiro.
Photo

Leiro Pequeno

Barrio no concello de Leiro.
River

Levada

Levada de auga no regato Caldelas.
Photo

Muiño

Muíño hidráulico no centro de Leiro.
Ruins

Pardiñeiro 1

Aldea abandonado preto de Barzamedelle.
Ruins

Pardiñeiro 2

Aldea abandonada Eira dos Mouros.
Building of interest

Pazo dos Ulloa

Casa señorial en Berán.
Bridge

Ponte colgante

Ponte colgante sobre o río Avia, no centro de Leiro.
Bridge

Ponte das Poldras

Pontella de pedra sobre o río Avia, ao seu paso por Leiro.
Bridge

Pontella 1

Pontón de pedra sobre o regato Caldelas.
Bridge

Pontella 2

Pontón de pedra sobre o regato Caldelas.
Bridge

Pontella 3

Pontella de pedra sobre o regato do Faxón.
River

Regato Caldelas

Pequeno afluente do río Avia.
River

Rio Avia

Afluente do Miño pola marxe dereita.
Photo

Sendeiro

Carreiro polas beiras do regato Caldelas.
Photo

Viñedos 1

Plantación de viña en Bieite.
Photo

Viñedos 2

Plantación de viña en Bieite.

Comments

    You can or this trail