Coordinates 306

Uploaded April 12, 2012

-
-
1,611 f
1,037 f
0
1.5
3.1
6.1 mi

Viewed 3921 times, downloaded 54 times

near Villoría, Galicia (España)

A ruta parte da Casa de Río Cigüeño (S.XVIII) onde está instalado o Centro Comarcal de Valdeorras que conta cunha exposición permanente sobre a comarca e un punto de información turística, sae do casco urbano do Barco pola zona do Chao e a Urbanización A Cerámica. No lugar do Córrego interesa parar para ver a ponte antiga sobre o regueiro Forcadela. Seguimos cara á Vila do Castro, lugar que foi capital da xurisdicción de Valdeorras na Idade Media, onde se conserva en ruína parte da torre da fortaleza (S.XIV), os pazos Casa Carballo e de Flórez (S.XVII), este último é hotel-restaurante, e excelentes vistas sobre a chaira do Barco. Neste lugar hai numerosas adegas-cova, unhas singulares construcións baixo terra para a elaboración e conservación do viño. O camiño segue por entre viñas e sobreiras ata cruzar a pista asfaltada que une O Barco con Xagoaza, dali mesmo parte un carreiro ata o río Mariñán por entre unha vexetación de frondosas e loureiros nas inmediacións da igrexa de San Miguel (S.XII) de estilo románico na ábsida e con pinturas manieristas no interior, xunto a ela o Mosteiro (S.XVIII) un antigo priorado da Orde de San Xoán de Xerusalén convertida en adega de viños da variedade godello. Seguimos pola propia finca, que é propiedade privada pero aberta ao paso, para adentrarnos na mesta vexetación autóctona que arrodea o río Mariñan ata a ponte da Acea, onde se atopan, como o seu nome indica, os restos dunha antiga acea ou muiño fariñeiro, iremos enlazar coa pista que dá acceso á canteira de caliza de Vilarica, pasamos ao pé da nova adega de Godeval, e voltamos a entrar na finca do Mosteiro ata unha fonte situada na parte de arriba da viña. Regresamos polo camiño, asfaltado e sempre entre árbores a carón do río, ata Tremiñá. Cruzamos por unha ponte a N-120 e estamos en Veigamuíños, localidade que está unida ao casco urbano do Barco. Por chegar ao punto de partida da nosa ruta por camiños máis tranquilos collemos en dirección a Veigadecabo e logo polo Chao iremos concluíndo o percorrido onde empezamos.

Comments

    You can or this trail