• Photo of Monte Pindo-A Reina Lupa-A Moa-Fervenza do Ézaro-Carnota,Dumbría-Mazaricos (A Coruña)
  • Photo of Monte Pindo-A Reina Lupa-A Moa-Fervenza do Ézaro-Carnota,Dumbría-Mazaricos (A Coruña)
  • Photo of Monte Pindo-A Reina Lupa-A Moa-Fervenza do Ézaro-Carnota,Dumbría-Mazaricos (A Coruña)
  • Photo of Monte Pindo-A Reina Lupa-A Moa-Fervenza do Ézaro-Carnota,Dumbría-Mazaricos (A Coruña)
  • Photo of Monte Pindo-A Reina Lupa-A Moa-Fervenza do Ézaro-Carnota,Dumbría-Mazaricos (A Coruña)
  • Video of Monte Pindo-A Reina Lupa-A Moa-Fervenza do Ézaro-Carnota,Dumbría-Mazaricos (A Coruña)

Technical difficulty   Moderate

Time  6 hours 7 minutes

Coordinates 2315

Uploaded April 20, 2014

Recorded April 2014

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
2,077 f
16 f
0
2.6
5.3
10.59 mi

Viewed 1915 times, downloaded 33 times

near O Pindo, Galicia (España)

Venres, 18 de abril de 2014. Estiven en "O Pindo". Gardaba unha imaxe diferente á de hoxe. Un macizo granítico, de formas distintas, pedras que despertan a imaxinación. Espazo incluído no LIC (lugar importancia comunitaria) xunto coa praia de Carnota, na ría de Corcubión e que abrangue os concellos de Dumbría, Mazaricos e Carnota. Coñéceselle como o Olimpo Celta.
Iniciamos o percorrido no bonito lugar de "O Pindo" en suba pronunciada entre rochas graníticas, de formas caprichosas e sorprendentes, ata "A Moa" (629 m), punto máis alto con situación do vértice xeodésico. Na rocha de "A Moa" son visibles fendas e ocos, coma se fosen cuncas e denomínanse "As Pías dá Moa". E que dicir das espectaculares vistas. Marabilloso lugar. Ata chegar "A Moa" salvamos lugares como Fonte Salgueiriño, O Castro, A Raíña Lupa e O Alto dás Cortes. Continuamos o noso camiño, descendendo ata o lugar de Fieiro para cruzar o encoro de Santa Uxía en busca do miradoiro do Ézaro con vistas panorámicas sobre a desembocadura do río Xallas (tamén chamado Ézaro) e pertencente o concello de Dumbría. Proseguimos ata a fervenza do Ézaro, onde o río verte as súas augas no Océano (40 metros de caída), con menos espectacularidade polo embalsamiento das augas para electricidade e que con tanta suba pagamos. Dezasete quilómetros de percorrido por un lugar arrasado polo lume. O Monte Pindo sucumbe á voracidade dos incendiarios. O que pasou no verán de 2013 e corroborado por min no día de hoxe: "destrución". O Olimpo celta, o monte sagrado galego,impasible, cheo de deidades e maxia, supervivente histórico, sucumbiu á voracidade do lume. Síntome triste.

View more external

1 comment

  • Photo of aconsalpe

    aconsalpe Dec 7, 2017

    I have followed this trail  verified  View more

    Es una ruta muy bonita, lastima que al final hay que ir por carretera

You can or this trail