Coordinates 1155

Uploaded September 6, 2016

Recorded August 2016

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
172 f
-18 f
0
2.0
4.1
8.12 mi

Viewed 1449 times, downloaded 30 times

near Pesqueira, Galicia (España)

A Pesqueira é un lugar da parroquia boirense de Castro que vive maioritariamente da pesca e o marisqueo, contando coma referente o importante porto de Cabo de Cruz. A nosa andaina transcorrerá polo litoral que bordea a esta freguesía, pechando o círculo pola súa agra interior.

Podemos comezar o percorrido na zona portuaria para seguir a Punta do Cabo, onde se ergue a cruz que lle da nome a esta zona -Cabo de Cruz-. Pola enseada chegamos a praia de Ribeira Grande e deixando atrás o núcleo de casas mariñeiras achegámonos ata a Punta Piñeirón para admirar un cruceiro conmemorativo da Ruta Xacobea do mar de Arousa - Ulla.

Por unha pasarela de madeira atravesamos a praia de Carragueiros por detrás das dunas, pasando ao carón dunha lagoa que fai as funcións de viveiro de marisco, estando xa nós fronte a praia da Retorta. O noso paseo continúa por diante da capela do Carme e baixamos deseguido a praia do Chazo para proseguir polo areal da praia de Ladeira.

Pasado o peirao de Punta Ancados o camiño intérnase nunha fraga que remata en Triñáns e deixando o seu núcleo habitado segue o piñeiral do monte Serpín. Entre leiras volvemos cara a costa, atopándonos coas praias de Rebordelo, Cariño e do Laranxo. Estamos en Esteiro que no pasado contou cunhas salinas que fornecían as industrias salgadeiras que por aquí tiñan donos cataláns. Só resta chegar a Cabo de Cruz.

View more external

Lugar de A Pesqueira na parroquia de Castro, Boiro.
Ermida no lugar de Chazo.
Cruceiro de peto no lugar de Cariño.
Cruceiro de peto en Punta Piñeirón.
Cruz de granito que da o seu nome ao Cabo de Cruz.
Fonte de auga potable no lugar de Esteiro.
Fonte de auga potable e lavadoiro en Cariño.
Fonte de auga potable no lugar de Triñáns.
Pequeno bosquete en Triñáns.
Lagoa por detrás da praia de Carragueiros e que se usa coma viveiro de marisco.
Monte na parroquia de Castro, Boiro.
Pequeno porto pesqueiro no lugar de Esteiro.
Formacións graníticas na praia de Esteiro.
Bosque de piñeiros no monte de Serpín.
Porto pesqueiro de A Pesqueira, Boiro.
Longa praia con formacións dunares, entre Punta Piñeirón e Chazo.
Praia que linda coa de Carragueiros.
Praia no lugar de Rebordelo.
Praia no lugar de Esteiro.
Praia no lugar de Chazo.
Praia preto de Punta Piñeirón.
Praia no lugar de Rebordelo.
Praia no lugar de Chazo.
Praia no núcleo de Esteiro.
Praia en Cabo de Cruz.

1 comment

  • Photo of MorenoJAM

    MorenoJAM Sep 7, 2016

    Precioso lugar, gracias por compartir.

You can or this trail