Time  6 hours 36 minutes

Coordinates 1496

Uploaded November 4, 2015

Recorded November 2015

-
-
5,072 f
4,164 f
0
2.2
4.5
8.92 mi

Viewed 1532 times, downloaded 17 times

near Ramilo, Galicia (España)

Ramilo é unha pequena parroquia de montaña, pertencente ao concello de Viana do Bolo, situada a uns 1300 m de altitude nas abas do macizo de Trevinca.

A aldea ten a construción típica desta serra, con casas erguidas con pedra de xisto e cubertas de pizarra, sobresaíndo a igrexa de San Pedro e a Casa Grande do Marqués de Fradelo que data do século XVIII e que posúe capela e unha figura dun dragón en granito que soporta o patín da casa.

O roteiro comeza neste casal que vive da gandería e que en tempos cultivaba centeo que transformaban en fariña os muíños do río dos Corzos. A meta serán tres lagoas que están no alto do monte, a uns 1500 m de cota e, se a clareza do día nolo permite, poderemos albiscar os cumios de Manzaneda e Pena Trevinca.

View more external

Photo

Bolo

Enorme penedo granítico.
Photo

Camiño

Carreiro que sae de Ramilo.
Photo

Casa Grande

Casa Grande do Marqués de Fradelo. É do século XVIII e está na aldea de Ramilo.
Waypoint

Cerca

Cercado para o gando.
Waypoint

Cercado

Cerca para o gando.
fountain

Fonte

Fonte na aladea de Ramilo.
Sacred architecture

Igrexa San Pedro

Igrexa parroquial de Ramilo.
Lake

Lagoa 1 do Lombo

Unha das lagoas de Ramilo.
Lake

Lagoa 2 do Lombo

Unha das lagoas de Ramilo.
Lake

Lagoa de Lama de Grua

Unha das lagoas de Ramilo.
fountain

Mina auga

Mina de auga na aldea de Ramilo.
Photo

Muiño 1

Muíño hidráulico na aldea de Ramilo. No río dos Corzos.
Photo

Muiño 2

Muíño no río dos Corzos, en Ramilo.
Photo

Poula das Carqueixas

Paraxe no monte de Ramilo.
Photo

Ramilo

Parroquia do concello de Viana do Bolo.
River

Rio Corzos

Río que pasa pola aldea de Ramilo.
panorama

Valiña dos Carneiros

Paraxe nos montes de Ramilo.

Comments

    You can or this trail