Moving time  4 hours 16 minutes

Time  6 hours 23 minutes

Coordinates 3490

Uploaded January 26, 2020

Recorded January 2020

-
-
2,793 f
1,552 f
0
3.1
6.2
12.35 mi

Viewed 21 times, downloaded 0 times

near Entrimo, Galicia (España)

Ruta bastente potente que comeza na área de lecer da Perdices, a onde se chega por unha pista asfaltada dende o lugar da Feiravella, concello de Entrimo (caben outras posibilidades de chegar). Iníciase percorrendo un curto treito do río no sentido da corrente para ver os cachóns e pozas dos Cirolos. Atravesamos a primeira pontella de madeira á que lle faltan as varandas e máis unha peza do taboleiro... Logo falarei máis do tema.
A seguir comezamos unha loga subida que en primeiro lugar nos achega a unha zona de bolos de granito. Impresionantes e suxerentes combinacións de pendos acubillando un castro escavado en parte. É o Castro dos Castelos. Non moito máis adiante chegaremos á Pía da Moura, ao que parece resto dunha torre defensiva medieval. Sexa ou non for, en todo caso é un lugar impresionante de grandes penedos que dominan unha ampla panorámica. Por unha orixinal escada podemos subir (non padecendo de vertixe) á cima do máis alto onde se observan os asentos de antigos perpiaños e unha pía escavada na rocha; supostamente un alxibe.
Continuando a ruta aínda atoparemos outros grandes bolos, como o Penedo das Letras (parece que fito de lindeiros de termos), o da Pingueira... Tras atravesar unha zona máis rasa, chegaremos á área de lecer e capela do San Bieito. Aquí hai unha fonte.
Á hora de seguir a ruta, descubrimos uns avisos de que esta está cortada nunha ponte entre este lugar e Queguas. Arriscando ter que dar volta, continuamos e efectivamente, a ponte (xa moi cerca da aldea de Queguas) está en mal estado, faltando varias travesas do piso así como as varandas que están arrincadas e penduradas. Tendo coidado, pásase pero NON É ACONSELLABLE PASAR POR AQUÍ ata tanto non sexa arranxada. A reflexión que suscita esta avaría así coma a da outra pontella do comezo da ruta, é a escasa cualidade da construción e nulo mantemento. Traducido: presupostos "distraídos", apariencia e foto de venta política, desleixo co común e escaso interese polo país. Cada quen pode opinar...
Pásase axiña por Queguas, unha aldea co tristemente típico despoboamento e abandono dos elementos da aquitectura tradicional, como son os cabaceiros. O mesmo se pode dicir das seguintes: Venceáns e Vilar.
Logo dunha prolongada baixada, temos a posibilidade de achegarnos a outra das fervenzas ou cachóns que divisamos ao longo da ruta: o Pozo Caído. Logo do camiño percorrido e das subidas e baixadas, ir ata esta fervenza é un esforzo que fai dubidar, pero paga a pena ir. Xa estamos moi preto do punto de comezo e fin da ruta.
En xeral: os elementos de interese da ruta xa están enumerados na descrición anterior e son ben deles: paisaxes, formación líticas, restos históricos, arquitectura popular, o río cos seus caedeiros e pozas...
O camiño está limpo, non sendo no tramo entre San Bieito e a ponte de Queguas, aínda que é transitable sen dificultade. A ruta está sinalizada (no treito citado non tanto) pero convén levar GPS.
Pode resultar moi dura para persoas sen preparación. Tén, como se obseva, un notable desnivel acumulado.
Insistir en que no momento actual NON é aconsellable facela, polo estado da ponte. Se a arranxan, entón si que o é.
Existe a posibilidade de facer un percorrido máis curto dende un pouco máis adiante do Penedo da Pingueira. Un waipoint indica o punto. Retornaríase ao punto de iniciio ou ben podería visitarse o Pozo Caído polo lado esquerdo do río. Sería unha rutiña moi asequible.
Picnic

Inicio. 'As perdices'

Área con mesas, moita sombra e piscinas fluviais. Lugar para estacionar.
Bridge

Ponte de pau. EN MAL ESTADO

Transitable, polo momento.
Waterfall

Fervenza do Cirolos

Intersection

Dereita

Photo

Bolo

Intersection

Dereita (cruce coa estrada)

Intersection

Esquerda

Pista en reparación neste momento.
panorama

Panorámica

Photo

Pedras cabaleiras

Intersection

Desvío ao Castro dos Castelos.

Archaeological site

Castro

Intersection

Desvío á Pía da Moura

Tree

Penedos e sobreiras

Photo

Bandeira no penedo

Archaeological site

Pía da Moura

Archaeological site

Curuto

Posible asentamento dunha torre defensiva (?)
Intersection

Esquerda

Archaeological site

Penedo das Letras

Posibles marcas delimitadoras de termos.
Photo

Penedo da Pingueira

Intersection

Derivación para ruta curta. Seguimos de fronte.

Á esquerda, posibilidade de retorno ao punto de comezo
Intersection

Esquerda

Picnic

Area San Bieito

Intersection

Dereita

Paneis informativos e aviso de ruta cortada.
Waterfall

Fervenza

Posiblemente estacional
panorama

Panorámica de Queguas

Intersection

Esquerda

Coincidencia con outra ruta: Vieiro das Mámoas
Risk

Ponte deteriorada. PERIGO

Building of interest

Muíño

Building of interest

Queguas

Sacred architecture

Capela de S. Xoán

Bridge

Pontón de pedra

Intersection

Coincidencia coa ruta das Mamoas.

Building of interest

Aldea Venceáns

Sacred architecture

Igrexa de San Tomé de Venceáns.

Intersection

De fronte

Non seguir pola esquerda
Building of interest

Aldea Vilar

Intersection

Dereita

Intersection

Desvío ao Pozo Caído.

Waterfall

Pozo Caído

Fervenza no Río da Montaña, ou Pacín, e nun regueio pola dereita daquel.

Comments

    You can or this trail