Time  4 hours 34 minutes

Coordinates 1339

Uploaded January 30, 2013

Recorded January 2013

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
712 ft
101 ft
0
2.0
4.0
7.93 mi

Viewed 4366 times, downloaded 81 times

near Ribarteme, Galicia (España)

Este roteiro non sinalizado artéllase sobre a valgada do río Termes, xa preto da súa desembocadura no Miño e vainos dar coñecer senlleiros elementos do patrimonio do concello de As Neves.
Pódese comezar na igrexa de Santiago de Ribarteme (1669), que conta cun escudo nobiliario das Casas de Fontán e Barreiro e a seu carón está a Casa da Inquisición. Seguindo a verea do Vía Crucis acadamos o Calvario de As Penlas.
Baixamos cara a capela de O Cristo e un camiño entre piñeiros lévanos ata a ponte sobre o río Termes. En Chan de Vide tomamos uns folgos na súa área de lecer para deseguido enfilar para as beiras do río Miño. O carreiro métenos nunha sombriza fraga, con moitas sobreiras, e onde as raiolas do sol cústalle entrar.
Agora hai que subir ata a capela de Santa Lucía e a poucos metros temos a igrexa de orixe románica de Santa María de Vide e nun muro do atrio veremos un reloxo de sol do século XIII e que servía para indicar as horas de rega. O que era a antiga casa reitoral alberga hoxe en día o museo Casa da Auga. Vide conta cuns seis quilómetros de levadas para o regadío, pénsase que da época romana. A considerar tamén o peto e o calvario que hai na contorna.
Subimos pola lomba de Teceláns e camiñamos durante medio quilómetro paralelos a levada que vai ata A Canliña.
A seguinte etapa é a freguesía de San Cibrán e moi preto da súa igrexa parroquial érguese un artístico cruceiro con serpe enroscada no fuste. De aquí saímos de novo para as marxes do Termes e n´A Senra salvamos o río pola ponte de medio arco de orixe romana nun lugar de lendas e tamén de paso para A Franqueira da raíña Isabel de Portugal. Acompaña a fermosa ponte un policromado peto de ánimas do ano 1815.
Só resta acadar a igrexa de Santiago mergullados nun fondo e vizoso carreiro polas ourelas dun rego.

View more external

Picnic

Area de lecer

Área recreativa en Chan de Vide.
Photo

Calvario Santiago Ribarteme

Calvario preto da igrexa de Santiago de Ribarteme.
Photo

Calvario en Vide

Calvario en Santa María de Vide.
Sacred architecture

Capela do Cristo

Ermida no lugar de O Cristo.
Sacred architecture

Capela Sta Lucia

Ermida no lugar de A Aldea.
Tree

Carballeira

Carballeira en Teceláns.
Waypoint

Chan de Vide

Lugar na parroquia de Vide.
fountain

Fonte n´O Cristo

Fonte no lugar de O Cristo.
fountain

Fonte n´A Rochiña

Fonte no lugar de A Rochiña.
fountain

Fonte lavadoiro

Fonte e lavadoiro n´A Canliña.
Sacred architecture

Igr San Cibran

Igrexa parroquial de San Cibrán.
Sacred architecture

Igr Santiago Ribarteme

Igrexa parroquial de Santiago de Ribarteme.
Sacred architecture

Igr Sta Maria de Vide

Igrexa parroquial de Santa María de Vide. Con orixe románica.
River

Levada

Levada no lugar de A Canliña.
Ruins

Muiño

Muíño n´A Senra, as beiras do río Termes.
Ruins

Muiños

Muíños no lugar de A Ponte.
Photo

Peto en Vide

Peto de ánimas ao carón da igrexa parroquial de Santa María de Vide.
Photo

Peto da Senra

Peto as beiras do río Termes, no lugar de A Senra.
Bridge

Ponte da Senra

Ponte de medio punto de orixe romana no paso do río Termes por A Senra.
River

Rio Termes

Río que flue pola concello de As Neves e desemboca no Miño.
River

Rio Miño

O máis longo dos ríos galegos.
River

Rio Termes

Río que flue polo concello de As Neves e desemboca no Miño.
Tree

Sobreiral

Bosque de sobreiras en Vide, as beiras do río Miño.
Photo

Via Crucis

Vía Crucis ata a igrexa de Santiago de Ribarteme.
Waypoint

Via do tren

Vía do ferrocarril pola beira do río Miño ao seu paso pola parroquia de Vide.

2 comments

  • Photo of FreeCat

    FreeCat Mar 21, 2015

    I have followed this trail  View more

    Realizada sin mayor dificultad que algunas zarzas invadiendo parte del camino en ciertos puntos.
    La iniciamos en sentido contrario para comer en el área recreativa y dejar los 4 últimos kilómetros para después del descanso.
    Imprescindible llevar GPS y el track de la ruta.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Mar 22, 2015

    Muchísimas gracias, "FreeCat2, por actualizar la información del recorrido.

You can or this trail