Time  4 hours 9 minutes

Coordinates 4875

Uploaded January 3, 2014

Recorded February 2012

-
-
1,202 ft
727 ft
0
2.0
4.0
8.07 mi

Viewed 1356 times, downloaded 6 times

near Figueiroa, Galicia (España)

O día que fixemos esta ruta contamos cun guía excepcional, Modesto G. gran coñecedor das terras de Dumbría.

É unha ruta liñal non sinalizada, discorre por camiños amplos, sen grandes pendentes e comparte boa parte co camiño de Santiago a Fisterra. Son 13km doados de facer, tamén en bicicleta. Partimos desde Buxantes e chegamos a Olveiroa ou viceversa.

O primeiro tramo é sobre asfalto (2,3km) e cómpre ir con coidado ata a capela de Nosa Señora das Neves e desde aquí percorremos o camiño real e de peregrinos pero cara Santiago, así chegamos a un cruce de camiños cun cruceiro cheo de pedras que van deixando os peregrinos e preto del o marco do Couto. Un pouco máis adiante e saíndo un pouco do camiño están os petróglifos de Pedra Ancha, na cara surleste do penedo. Xusto antes de chegar á fábrica de ferrosilicio do Grupo Ferroatlántica, desviámonos e así podemos ir ata a pedra cabalgada chamada Pedra do Brazal, enlazamos de novo co camiño dos peregrino pouco antes da ponte do río do Hopital, un pouco máis adiante podemos observar a volta que dá o Xallas entre os encoros de Ponte Olveira e o de Castrelo. Xa moi preto está Olveiroa, fermosa aldeíña onde podemos comer.
Non estarían de máis algúns carteis sinalando este percorrido e catro liñas explicativas nos fitos.
Parking

Buxantes

San Pedro de Buxantes
Religious site

Capela da Nosa Señora das Neves

Cruceiro e fonte milagrosa
Photo

Cruceiro

Cruceiro do marco do Couto. Cruce do Camiño Real co camiño de Dumbría a Buxantes
Waypoint

Encoro da Fervenza

O maior embalse do Xallas
Waypoint

Encoro de Castrelo

Waypoint

Encoro de Ponte Olveira

Photo

Figueiroa

Cruceiro na esquina da casa
Archaeological site

Marco do Couto

Marco do Couto
Parking

Olveiroa

Photo

Pedra do Brazal

Pedra cabalgada
Archaeological site

Petróglifos de Pedra Ancha

Petróglifos de Pedra Ancha
Bridge

Ponte río do Hospital

Río do Hospital

Comments

    You can or this trail