Moving time  2 hours 35 minutes

Time  3 hours 47 minutes

Coordinates 2037

Uploaded July 15, 2018

Recorded July 2018

-
-
1,463 f
703 f
0
1.8
3.6
7.28 mi

Viewed 132 times, downloaded 8 times

near Fión, Galicia (España)

Rutiña que comeza preto da igrexa de San Martiño da Cova e percorre unha das fermosas caras da Ribeira Sacra. Se se desexa, pódese comezar a carón desa encantadora igrexa románica, pois hai un aparcadoiro acondicionado.
O percorrido tén un só defecto: moito pavimento artificial ("asfalto" e cemento). Cosecuentemente son camiños e pistas despexados na case totalidade. Só nalgún punto se pasa por entre as cepas das viñas. En total, é bastante levadeira.
Respecto da paisaxe tanto natural coma humanizada, pouco novo se pode dicir: é unha beleza total! Como é lóxico, pode gañar en interese no outono polas vendimas e as cores das viñas de demais vexetación.
Tén bastante sombra.
Comezo no cruce da pista de acceso a Arxúa de Abaixo.
Coa vexetación tan verde (ano chuvioso) e a néboa do día, lembra a esas paisaxes dos catálogos turísticos de Vietman, Cambodia...
Igrexa románica pertencente a un antigo cenobio (finais do XII). Unha xoia.
Abadía da Cova.
Singular meandro do río.
Pequena praia fluvial con instalacións hostaleiras.
Unha curiosidade natural que podemos obsevar na barreira dunha pista aberta con maquinaria...
En querendo, pódese continuar para alongar a ruta e gozar de novas paisaxes.
Un cantiño aínda ben traballado das viñas tradicionais.
A parra da caseta da viña caeu, levando consigo un anaco de parede. Ou ao revés... Mágoa, porque parece que ninguén a vai recompor...
Un lugar idílico.
Posiblemente comunal porque está na rúa.

Comments

    You can or this trail