Time  4 hours 24 minutes

Coordinates 898

Uploaded April 8, 2010

Recorded April 2010

-
-
2,022 f
1,051 f
0
1.9
3.8
7.55 mi

Viewed 8261 times, downloaded 424 times

near Vilamor, Galicia (España)

Ruta sinalizada (amarelo e branco) polo Courel inda que con algunha variante.

A ruta sae do pobo de Vilamor, o camiño parte xunto os carteis que hai na estrada, síguese a sinalización ata a ponte de Vilar (ou da Rastradeira) sobre o río Lor e ascende ata o pobo de Vilar. Alí podemos visitar o museu etnográfico de Xan de Vilar e logo ir ata o espectacular castro de Vilar que ocupa un esporón rochoso a máis de 120 m de altitude sobre un meandro do río Lor. Á entrada do castro hai unha pequena e moi sinxela capela adicada a San Roque e San Sebastián. Polo trazado da ruta podería escollerse visitar o castro na volta.
O camiño continúa baixando ata Froxán pasando polo Piñeiral de Abraído e nunha curva do camiño xusto antes de chegar ao río Lor de novo e na que hai indicacións para Froxán (dereita) e A Vitoreira (esquerda), cóllese por esta última. É unha senda estreita pero sen moitos problemas e tamén sinalizada que atravesa varios regatos e carrozos e pasa baixo a Vitoreira, un paredón rochoso. Sáese a unha estrada cunha ponte e aos 10 metros de cruzar a ponte está o seguinte camiño cara Froxán. Estes metros da ponte son os únicos de asfalto da ruta.
O camiño ascende entre valados ata Froxán, aldea na que hai varias casas restauradas. Desde o medio de pobo dirixímonos cara a ponte do Bao e no camiño atavesamos o souto de Froxán e tamén un sobreiral.
Crúzase a ponte de Bao e xusto despois xírase á esquerda en dirección á fonte do Bao, onde podemos repoñer auga. Seguimos avanzando pola senda estreita a continuación da fonte ata un lugar en que podemos xirar á dereita e a senda únese ao camiño polo que baixamos antes desde Vilar e que nos devolve á capela de San Roque. Agora é o momento de visitar o castro se non se fixo antes.
Baixando por un pequeno prado á esquerda da capela pode seguirse unha senda máis ou menos visible que nos permite atallar uns centos de metros a través do souto de Vilar ata o camiño de volta a Vilamor a onde chegaremos desfacendo o camiño do principio.

Feita en abril de 2010

Outras rutas do Courel:
Courel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos
Courel 2: Vilamor, Vilar e Froxán
Courel 3: Natureza e historia no Courel
Refuge

01 Vilamor

Hiking

02 Ponte de Vilar ou da Rastradeira

Refuge

03 Vilar

Tree

04 Piñeiral de Abraído

Hiking

05 Desvío á Vitoreira

Archaeological site

06 Sequeiro

Hiking

07 Ponte na estrada Froxán-Castro Portela

Refuge

08 Froxán

Tree

09 Souto de Froxán

Tree

10 Sobreiral de Froxán

Hiking

11 Ponte do Bao

fountain

12 Fonte do Bao

Hiking

13 Desvío cara o camiño Vilar-Froxán

Archaeological site

14 Castro de Vilar

panorama

15 Fin do esporón

Comments

    You can or this trail