Moving time  2 hours 33 minutes

Time  5 hours 18 minutes

Coordinates 2663

Uploaded October 12, 2019

Recorded October 2019

-
-
2,270 f
786 f
0
2.4
4.8
9.52 mi

Viewed 41 times, downloaded 2 times

near Angueiros, Galicia (España)

Interesante percorrido polas terras de Montefurado e outras aldeas do concello de Quiroga. Comezamos nunha esplanada que serve de aparcadoiro, nas proximidades do poboado das hidroeléctricas dos Covallós, antes da ponte sobre o cauce orixinal do Sil. Dende aquí achegámonos (como non!) ao túnel que fixeron os antigos galaicos para a extracción do ouro que alimentaba as ansias de luxo da metrópole... Que cedo comezou a saca de recursos deste territorio cara ao dominador! Non deixamos de achegarnos ao túnel máis pequeno que está a uns metros do grande. É máis pequeno de luz pero máis longo pois conseva a medida orixinal, non coma o outro se sufriu un derrube no século XX
Collemos logo a estrada que sobe cara Anguieiros e, tras un par de revoltas, chegamos ata un miradoiro (toda a subida é un estupendo miradoiro) cara Montefurado e o célebre túnel.
Pasamos a carón da aldea de Anguieiros pero sen entrar nela continuamos pola estrada. Nesta parte podemos ver as vellas oliveiras que tradicionalmente daban aceite para o consumo da casa e mesmo para vender uns excedentes. Agora hai novas plantacións de variedades máis selectas. Aínda queda un anaco de asfalto ata atopar unha pista de terra, pola dereita, que tomamos. A subida é constante ata albiscar o val do Bibei, en cuxo fondo está un encoro (encoro de Montefurado. Todo ao longo desta pista imos ter unhas fermosas vistas sobre este parte do Bibei e a embocadura do Navea neste. Divisamos tamén diversas aldeas (Os Casares, Navea, O Seixo...) e finalmente A Pobra de Trives.
Xiramos logo cara a nosa esquera ata coroar e comezar o descenso xa na verquente do regato de Semil. Axiña atopamos a aldea de Enciñeira, onde paramos a comer o bocata e un paisano nos covida a unha botella do seu viño. O viño, natural e certamente bo, e o detalle, de agradecer! Nesta aldea aínda hai casas coidadas, mesmo con detalles orixinais e simpáticos. Un chisco máis abaixo está a igrexa arrodeada do seu adro e cemiterio, cunha vella enciñeira para facer honra ao nome do lugar.
Continúase outra vez por estrada (sen tráfico) e, cando por fin collemos un camiño pola dereita, resulta que a pouco está totalmente pechado de silvas. NON COLLER ESTE CAMIÑO! (a non ser que alguén o limpe). Volta de novo á estrada (coincidimos nun treito co percorrido de ida), ata chegar preto de Anguieiros en que collemos un camiño por entre viñas afogadas de maleza e o camiño case tamén. Alcanzamos a aldea dos Anguieiros, que mostra un dramático estado de abandono malia que se ve que foi rica noutras mellores épocas. Saímos por un camiño pola súa parte baixa que nos levará a estrada do comezo.
Como queda comentado, a camiñada ten unha parte de alcatrán pero non se fai pesada porque case non hai tránsito. O desnivel é respectable pero constante, tanto na subida como na baixada. En todo caso asumible por calquera que teña unha razoable preparación. Recomendable facela neste sentido, pois subida faise nun treito máis logo.
Como colofón, unha visita ao núcleo de Montefurado ou a outros puntos de interese que podemos atopar nos arredores.
Ruta recomendable por unha zona moi bonita e chea de historia.
Tunnel

Túnel 'romano'

Tunnel

Túnel 2

panorama

Miradoiro

Intersection

Anguieiros

Continuar pola estrada.
Intersection

Dereita, pista de terra.

fountain

Tanque, panorámica.

Vista do encoro de Montefurado e, na pista, unhas bucinas presumiblemente para avisos de emerxencia dos encoros (?)
panorama

Panorámica

fountain

Tanque de incendios (gastamento de cartos)

Neste momento non corre a auga...
Mountain pass

Punto máis alto

Intersection

Dereita, por un camiño

Waypoint

Enciñeira

Provisioning

Enciñeira

"Recanto con encanto"
Sacred architecture

Igrexa

Dead-end street

Itinerario frustrado. SEGUIR POLA ESTRADA!

Risk

Silvas, non se pode pasar.

Intersection

Dereita.

Procurar non deixar o camiño. Non é cara as viñas, é por encima.
Intersection

Esquerda.

Era o camiño que non se puido seguir máis atrás.
Building of interest

Os Anguieiros

Comments

    You can or this trail