Time  8 hours 33 minutes

Coordinates 3344

Uploaded March 10, 2017

Recorded March 2017

-
-
2,363 f
718 f
0
3.7
7.4
14.89 mi

Viewed 1156 times, downloaded 17 times

near Rajay, Galicia (España)

Iniciamos esta ruta na área de lecer de As Laceiras, pertencente ao Concello de Valga.

O primeiro que atopamos son os petróglifos "Pedra da Serpe"


O seguinte é a Capela da Virxe dos Milagres en Requián, cuxa celebración sempre coincide co día 28 de agosto.







Seguimos subindo ata o cume do monte Xesteiras, 718 metros de altitude, o mais alto das comarcas próximas, onde podemos ver as espectaculares vistas que se nos ofrecen.






Agora toca baixar ata Magán, onde no furancho O Cuberto, damos conta dun bo xantar.
Pola tarde facemos o que nos queda ata o inicio de esta bonita e agradable ruta.



En Martores atopamos esta fermosa capela. A páxina Web do concello de Valga di o seguinte de esta capela:
Dentro da parroquia de Valga, no lugar de “Os Martores”, pódese observar unha fermosa capela , construida a súa primeira parte no século IV-V, ampliada no século XVII e restaurada en 1949. Nesta restauración descubreuse un “ara romana” adicada ó Deus Mercurio (do século I), e tamén se destapou unha “necrópole sueva”.
Capela de planta rectángular cuberta a dúas augas, e muros laterais con xanelas a ambos lados da cabeceira. Fachada con porta alintelada, xanela rectángular con derrame exterior, espadana central de dobre van. Nos arredores da capela existen sartegos altomedievais.
Tamén existe un panel onde se informa do mesmo, aínda que se atopa bastante deteriorado.



Ruta un pouco esixente principalmente pola subida ao cume do monte Xesteiras.
Apenas ten asfalto, agás polos arredores das aldeas que cruzamos, a maior parte transcorre por pistas forestais.

Tempo en movemento: 5 horas 49 minutos, con unha media de 4,1 Qm/h.
Waypoint

Alto das Tres Laguiñas

Waypoint

Campos verdes

Os campos verdes atopámolos en moitos lugares polos que pasamos
Waypoint

Capela da Virxe dos Milagres en Requián

Capela da Virxe dos Milagres, cuxa festa se celebra o 28 de agosto, todos os anos
Waypoint

Capela dos Martores1

Capela dos Martores no lugar do mesmo nome
Waypoint

Capela no lugar de Magán

Capela no lugar de Magán
Waypoint

Corticeira a saída de Magán

Sobreira no lugar de Magán
Waypoint

Corticeira centenaria en Requián

Sobreira en Requián
Waypoint

Curro no monte Xesteiras

Curro onde se baixan as vestas do monte para rapalas
Waypoint

Figura da Virxe dos Milagres en Requián

A virxe dos milagres
Waypoint

Fonte de Xesteiras1

Fonte en Xesteiras
Waypoint

Fonte nos Martores

Fonte no lugar de Martores, no recinto da capela
Provisioning

Furancho O CUBERTO

N42.66457° W8.60159°
Waypoint

INICIO área lecer As Laceiras

N42.69347° W8.62085°
Waypoint

Lavadoiro en Magán

Lavadoiro no lugar de Magán
Waypoint

lavadoiro en Magán.

Lavadoiro no lugar de Magán
Waypoint

Monte Xiabre ao fondo

Vista panorámica co Monte Xiabre ao fondo
Waypoint

Muíño da Rocha1

Muíño da Rocha
Waypoint

Muíño en ruínas no rego de Vilares

Antigo muíño no rego de Vilares
Waypoint

Ovellas pastando

As ovellas e os fillos no prado
Waypoint

Panel capela dos Martores

Panel informativo da capela dos Martores
Waypoint

Panel informativo da ruta

Panel informativo da ruta en Requián
Waypoint

Pedra da aguia no monte Xesteiras

Pedra da Aguia no monte Xesteiras
Waypoint

Pedra vertical1

Pedra vertical no monte Xesteiras
Waypoint

Petróglifo Pedra da Serpe

Petróglifo Pedra da Serpe
Waypoint

Pila de carballos cortados en As Laceiras

Carballos talados para facer leña nun serradoiro en As Laceiras
Waypoint

Piñeiros1

Unha plantación de piñeiros na área de lecer no monte Xesteiras
Waypoint

Pozo de Eirado

Waypoint

Radar meteorolóxico no cume do monte Xesteiras

Radar meteorolóxico no cume do monte Xesteiras
Waypoint

Rego dos Vilares

Rego dos Vilares
Waypoint

Vista do cume do monte Xesteiras

Vista panorámica dende o cume do monte Xesteiras
Waypoint

Vista panorámica2

Vista panorámica

Comments

    You can or this trail