Time  4 hours 59 minutes

Coordinates 2531

Uploaded January 31, 2014

Recorded January 2014

-
-
195 ft
-31 ft
0
1.8
3.6
7.17 mi

Viewed 2222 times, downloaded 23 times

near Brañas Verdes, Galicia (España)

Percorrido non sinalizado oficialmente, de pouca dificultade que empregando os camiños dos pescadores de costa levaranos do Cemiterio dos Ingleses ata a casa de Man, o alemán de Camelle, tamén se pode percorrer no sentido contrario, camiñando cara a posta do sol. Iremos pasando por camiños de carro, carreiros, praias, coídos... Sempre pegados ao mar, moitos tramos chans e un par de subidas pero doadas de facer. Ao ir tan pegado á beira en algún punto pode ofrecer algo de risco, fácil de evitar indo con precaución. Algúns tramos é probable que estean inundados no inverno pero non son insalvables. Non coincide coa ruta RC-2 Ruta Litoral de Camariñas (http://www.camarinas.net/turismo/ga/pdf/cas_Topoguia_Litoral.pdf) que vai polas pistas máis alonxadas, parte de esta ruta pode empregarse para facela circular.
Tanto de inverno coma de verán é conveniente levar unha prenda que nos evite o vento pois na zona o nordés é frecuente. Non se pode realizar en bicicleta, a ruta RC-2 de Camariñas si.
Aínda que está sinalizado non é un percorrido oficial, as marcas, de cor verde, están colocadas para realizalo no sentido Camelle a Camariñas e pertencen ao Camiño dos Faros (http://www.caminodosfaros.com/p/camino-dos-faros.html)

A destacar:
Un tramo da Costa da Morte, 8 naufraxios e 245 vítimas entre a punta do Boi e a punta da Cagada deixan constancia da perigosidade da zona. O naufraxio máis sinalado é o do HMS SERPENT o 10 de novembro de 1890, un cruceiro torpedeiro da Royal Navy afundiu na punta do Boi, faleceron 172 tripulantes e só 3 supervivintes. Na punta do Boi construiuse o Cemiterio dos Ingleses para albergar os restos dos náufragos.

Manfred Gnädinger, o alemán de Camelle. Un home solitario que arredor da súa casa convertiu un curruncho de Camelle nunha mostra artística única, hoxe maltratada e ignorada polas administracións púlicas.

Camariña (Corema album) Este arbusto ten colonizada a zona dunar da praia do Trece de arrecendo moi sutil e agradable ofrécenos as súas bagas cara o verán, dóces de de cor mouro.

A bravura da Costa da Morte fará que a cada pouco te pares para contemplala...
Waypoint

Acceso ao Cemiterio

Parking

Aparcadoiro C Ingleses

Photo

Area das Lobeiras

Photo

Area de Arou

Photo

Arou

Photo

Braña de Lazo

Parking

Camelle

Aparcar
Photo

Casa de Man

Photo

Cemiterio dos Ingleses

Photo

Duna rampante

Monte Branco
Photo

Enseada do Colludo

Peirao de Santa Mariña
Waypoint

Furna da Raíña

Waypoint

Pedra do Sal

Waypoint

Peirao de Arou

Photo

Peirao de Santa Mariña

Photo

Penal do Veo

Photo

Praia do Trece

Photo

Punta da Cagada

Photo

Punta do Boi

Comments

    You can or this trail