Time  6 hours 18 minutes

Coordinates 1201

Uploaded April 20, 2017

Recorded March 2017

-
-
581 f
69 f
0
2.7
5.4
10.88 mi

Viewed 2205 times, downloaded 55 times

near Sada, Galicia (España)

Galego e castelán

Galego

O principio desta ruta está situado, aproximadamente, no Km. 2 da AC-163. Nese lugar temos sito para deixar o automóbil.
Abandonamos esa estrada virando á dereita xusto despois de pasar unha casa e continuamos por ese camiño asfaltado que máis adiante pasa a ser de terra. Á nosa esquerda está o castro de Espiñeiro que sufriu unha gran transformación porque se construíron casas no seu recinto.
Seguindo polo camiño observamos terrazas no terreo e o que puido ser parte do parapeto cara ao Oeste. Ao final do camiño viramos 90º cara á dereita descendendo ata un camiño que seguiremos virando á esquerda e logo á dereita nun tramo con forte pendente. Continuamos, xa co mar á vista, cara á esquerda seguindo as indicacións do PRG 96. Pasaremos por encima das calas de Arnela e Os Lobos.
Cando cheguemos ao camiño que ascende desde o cemiterio de Carnoedo á igrexa de Santo André, xiraremos á dereita abandonando o PRG 96. Tomamos o camiño que hai xusto á esquerda do cemiterio e por el avanzamos próximos á costa ata enlazar con outro que sobe ás casas desde a praia de Lourido. Podemos visitar a praia; en todo caso continuaremos de fronte seguindo de novo as indicacións do PRG 96 só ata o lugar onde aparece un carreiro á dereita, que tomaremos deixando o PRG á esquerda.
O camiño é estreito pero séguese bastante facilmente a pesar de que non está sinalizado; vai moi preto do cantil. Despois de pasar un pequeno valo de varas de eucalipto que protexe dunha posible caída, comezamos a ascender separándonos da costa ata chegar a unha gabia, xa na parte alta, que separa o monte da parte superior do inferior. Aínda que non está moi marcado remontamos a gabia cando o camiño que seguiamos empeza a virar, ascendendo cara á esquerda; nós imos á dereita descendendo de novo cara ao mar.
Continuando polo bosque mixto chegaremos ao foxo do castro de San Mamede, ao que descendemos virando á dereita para, bordeando o castro, volver á esquerda ascendendo cara ao interior e que podemos atravesar ata chegar ao mar onde poderemos contemplar unhas espléndidas vistas da ría de Ares-Betanzos. De fronte, ao Norte, veremos a costa de Ares. Á dereita, Leste, a de Pontedeume e Miño quedando Sada escondida da nosa vista. Á esquerda, Oeste, veremos Veigue e Lorbé, que pertencen o primeiro a Sada e o segundo a Oleiros.
Ascendemos agora seguindo as indicacións da variante do PRG 96 que nos levará, xa en Campo da Cruz, cara á dereita por un camiño ancho de terra. Despois de pasar un sito onde hai humidade no camiño e xusto antes de que ascenda, tomamos á dereita por un carreiro ancho, de terra, que máis adiante se estreita ao ir ascendendo.
Na primeira bifurcación seguimos de fronte; na seguinte, á dereita, onde hai un piñeiro tombado (se non é posible o paso pola vexetación, daquela seguiremos polo camiño ascendendo ata atopar unha pista ancha de terra pola que seguiremos á dereita ata enlazar co final do tramo que ponteamos). Se non hai problemas seguiremos polo trazado previsto e viraremos á esquerda por un paso estreito, entre castiñeiros, con moita pendente, chegando a unha gabia profunda con algún tronco vello caído ao través; case ao final da gabia subimos, á esquerda, ata saír a unha ancha pista de terra pola que seguimos cara á dereita. Un pouco máis adiante, a uns 100 m. viramos á dereita descendendo por un estreito carreiro con bastante pendente que nos vai achegando de novo á costa e que vai saír, á beira dunha nave, a unha rúa asfaltada pola que seguimos á dereita e que nos achega a unha estrada que baixa á praia de San Pedro e pola que seguimos de fronte deixando a praia á dereita.
Chegados ao alto viramos á dereita cara á praia de Cirro. No areal tomamos á dereita pegados ao cantil ata que vexamos a subida ao foxo do castro de Punta do Castelo. Se a marea está alta é necesario esperar un pouco ata que podamos acceder; debemos tamén ter precaución de non escorregar nas rocas húmidas. Desde o foxo ascendemos, pola esquerda á croa do castro que está rodeado polo mar excepto na zona sur do foxo escavado na roca.
Regresamos de novo cara atrás pero en lugar de ir cara á praia de San Pedro continuamos de fronte ascendendo en dirección a Veigue. Medio quilómetro despois chegamos ao castro da Fraga ao que accederemos á beira dunha casa branca con xanelas azuis. No momento de subir esta ruta pódese subir con facilidade porque o monte está rozado pero de non ser posible hai un camiño ata unha casa do fondo que o bordea deixándoo á esquerda.
Subimos ata Veigue e alí atravesamos a AC-163 para continuar pola DP-5815 que abandonaremos, pasado un bar, polo segundo desvío á esquerda en dirección a Meirás.
Camiñamos por esa estrada ata que cheguemos a unha pista de terra na que hai un indicador do R-6 (variante do PRG 96) e no que xa atopamos, á esquerda, o castro de Meirás. Entramos no monte e continuamos bordeando o castro que quedará á nosa dereita. Seguimos por un carreiro que é bastante claro ata que desemboquemos, xunto a unha casa, no camiño de terra que abandonamos ao penetrar no castro e polo que seguiremos cara á esquerda seguindo as indicacións do R-6 ata que volvamos chegar, polo monte de Lácere, á AC-163.
Continuamos uns metros por esa estrada que abandonaremos virando á esquerda atendendo as indicacións do R-6. Chegaremos a unha pista de terra bastante ancha pola que seguiremos á esquerda uns 200 m. para virar á dereita onde, penetrando no monte atoparemos o foxo e parapeto do castro da Agra de Taibó. Percorrémolo saíndo de novo, á esquerda, ao camiño polo que chegamos e polo que continuamos ata unha bifurcación pola que avanzamos á dereita ata atopar unha estrada asfaltada que seguimos cara á esquerda.
Pasaremos un campo de fútbol que nos quedará á dereita e seguiremos ata chegar ao núcleo de Carnoedo. Desde aí podemos continuar sempre de fronte, camiñando pola DP-7504 ata chegar á AC-163 que seguiremos á esquerda ata atoparnos no punto de saída; ou ben no lugar do Seixo tomar á dereita para, se queremos, tomarnos algo nos bares que alí hai e continuar, por entre un dos bares e a capela, cara á AC-163 pola que continuaremos, á esquerda, ata o lugar de comezo desta ruta.
Mapa Topográfico 21-IV. Escala 1/25.000


Castellano

El principio de esta ruta está situado, aproximadamente, en el Km. 2 de la AC-163. En ese lugar tenemos sito para dejar el automóvil.
Abandonamos esa carretera girando a la derecha justo después de pasar una casa y continuamos por ese camino asfaltado que más adelante pasa a ser de tierra. A nuestra izquierda está el castro de Espiñeiro que sufrió una gran transformación porque se construyeron casas en su recinto.
Siguiendo por el camino observamos terrazas en el terreno y lo que pudo ser parte del parapeto hacia el Oeste. Al final del camino giramos 90º hacia la derecha descendiendo hasta un camino que seguiremos girando a la izquierda y luego a la derecha en un tramo con fuerte pendiente. Continuamos, ya con el mar a la vista, hacia la izquierda siguiendo las indicaciones del PRG 96. Pasaremos por encima de las calas de Arnela y Os Lobos.
Cuando lleguemos al camino que asciende desde el cementerio de Carnoedo a la iglesia de San Andrés giraremos a la derecha abandonando el PRG 96. Tomamos el camino que hay justo a la izquierda del cementerio y por él avanzamos próximos a la costa hasta enlazar con otro que sube a las casas desde la playa de Lourido. Podemos visitar la playa; en todo caso continuaremos de frente siguiendo de nuevo las indicaciones del PRG 96 solo hasta el lugar donde aparece un sendero a la derecha, que tomaremos dejando el PRG a la izquierda.
El camino es estrecho pero se sigue bastante fácilmente a pesar de que no está señalizado; va muy cerca del acantilado. Después de pasar una pequeña valla de varas de eucalipto que protege de una posible caída, comenzamos a ascender separándonos de la costa hasta llegar a una gavia, ya en la parte alta, que separa el monte de la parte superior del inferior. Aunque no está muy marcado remontamos la gavia cuando el camino que seguíamos empieza a girar, ascendiendo hacia la izquierda; nosotros vamos a la derecha descendiendo de nuevo hacia el mar.
Continuando por el bosque mixto llegaremos al foso del castro de San Mamede, al que descendemos girando a la derecha para, bordeando el castro, volver a la izquierda ascendiendo hacia el interior y que podemos atravesar hasta llegar al mar, donde podremos contemplar unas espléndidas vistas de la ría de Ares-Betanzos. De frente, al Norte, veremos la costa de Ares. A la derecha, Este, la de Pontedeume y Miño quedando Sada escondida de nuestra vista. A la izquierda, Oeste, veremos Veigue y Lorbé, que pertenecen el primero a Sada y el segundo a Oleiros.
Ascendemos ahora siguiendo las indicaciones de la variante del PRG 96 que nos llevará, ya en Campo da Cruz, hacia la derecha por un camino ancho de tierra. Después de pasar un sito donde hay humedad en el camino y justo antes de que ascienda, tomamos a la derecha por un sendero ancho, de tierra, que más adelante se estrecha al ir ascendiendo.
En la primera bifurcación seguimos de frente; en la segunda, a la derecha, donde hai un pino tumbado (sin no es posible el paso porque la vegetación lo impide, entonces seguiremos por el camino ascendiendo hasta encontrar una ancha pista de tierra por la que seguiremos a la derecha hasta enlazar con el final del tramo que puenteamos). Si no hay problemas seguiremos por el trazado previsto y giraremos a la izquierda por un paso estrecho entre castaños, con mucha pendiente, llegando a una gabia profunda con algún tronco viejo caído al través. Casi al final de la gabia subimos, a la izquierda, hasta llegar a la pista ancha de tierra que seguimos hacia la derecha. Un poco más adelante, a unos 100 m. viramos a la derecha descendiendo por un estrecho sendero con bastante pendiente que nos va acercando de nuevo a la costa y que va a salir, al lado de una nave, a una calle asfaltada por la que seguimos a la derecha y que nos acerca a una carretera que baja a la playa de San Pedro y por la que seguimos de frente dejando la playa a la derecha.
Llegados al alto giramos a la derecha hacia la playa de Cirro. En el arenal tomamos a la derecha pegados al acantilado hasta que veamos la subida al foso del castro de Punta do Castelo. Si la marea está alta es necesario esperar un poco hasta que podamos acceder; debemos también tener precaución de no resbalar en las rocas húmedas. Desde el foso ascendemos, por la izquierda a la corona del castro que está rodeado por el mar excepto en la zona sur del foso excavado en la roca.
Regresamos de nuevo hacia atrás pero en lugar de ir hacia la playa de San Pedro continuamos de frente ascendiendo en dirección a Veigue. Medio kilómetro después llegamos al castro de A Fraga al que accederemos al lado de una casa blanca con ventanas azules. En el momento de subir esta ruta se puede subir con facilidad porque el monte está desbrozado pero de no ser posible hay un camino hasta una casa del fondo que lo bordea dejándolo a la izquierda.
Subimos hasta Veigue y allí atravesamos la AC-163 para continuar por la DP-5815 que abandonaremos, pasado un bar, por el segundo desvío a la izquierda en dirección a Meirás.
Caminamos por esa carretera hasta que lleguemos a una pista de tierra en la que hay un indicador del R-6 (variante del PRG 96) y en el que ya encontramos, a la izquierda, el castro de Meirás. Entramos en el monte y continuamos bordeando el castro que quedará a nuestra derecha. Seguimos por un sendero que es bastante claro hasta que desemboquemos, junto a una casa, en el camino de tierra que abandonamos al penetrar en el castro y por el que seguiremos hacia la izquierda siguiendo las indicaciones del R-6 hasta que volvamos a llegar, por el monte de Lácere, a la AC-163.
Continuamos unos metros por esa carretera que abandonaremos girando a la izquierda atendiendo las indicaciones del R-6. Llegaremos a una pista de tierra bastante ancha por la que seguiremos a la izquierda unos 200 m. para virar a la derecha donde, adentrándonos en el monte encontraremos el foso y parapeto del castro del Agra de Taibó. Lo recorremos saliendo de nuevo, a la izquierda, al camino por el que llegamos y por el que continuamos hasta una bifurcación por la que avanzamos a la derecha hasta encontrar una carretera asfaltada que seguimos hacia la izquierda.
Pasaremos un campo de fútbol que nos quedará a la derecha y seguiremos hasta llegar al núcleo de Carnoedo. Desde ahí podemos continuar siempre de frente, caminando por la DP-7504 hasta llegar a la AC-163 que seguiremos a la izquierda hasta encontrarnos en el punto de salida; o bien en el lugar de O Seixo tomar a la derecha para, si queremos, tomarnos algo en los bares que allí hay y continuar, por entre uno de los bares y la capilla, hacia la AC-163 por la que continuaremos, a la izquierda hasta el lugar de comienzo de esta ruta.
Mapa Topográfico 21-IV. Escala 1/25.000

View more external

Archaeological site

Espiñeiro

Castro de Espíñeiro
Beach

Arnela

Praia de Arnela. Miradoiro e merendeiro na parte alta.
Beach

Os Lobos

Praia dos Lobos, dende o cantil.
Intersection

Á dereita

Xiro á dereita cara ao cemiterio de Santo André de Carnoedo
Intersection

Á dereita

Á dereita polo camiño de Lourido. Deixamos na seguinte a baixada á praia a dereita e seguimos de fronte.
Intersection

Á dereita

Collemos á dereita onde hai unha sinal de X, abandoando o PR-G.
Intersection

Á dereita

Case no alto da gabia pola que imos, viramos á dereita rumbo ao mar, atravesando un bosque mixto ata chegar ao foso do castro.
Intersection

Á dereita 1

Xiramos á dereita, cara ao mar, en descenso. Hai un piñeiro deitado.
Intersection

Á dereita 3

Despois de camiñar pola pista algo máis de 100 m. Saímos dela virando á dereita. Descendemos con pendente cara ao mar. Uns metros máis abaixo hai un carreiro á dereita, pero continuamos pola esquerda. Seguindo o carreiro, a carón do cantil e coa costa á vista chegaremos a unha nave, á esquerda, e despois de pasala xiramos á dereita polo asfalto ata chegar á baixada á praia de San Pedro. Alí collemos á esquerda.
Intersection

Á dereita 2

Saímos á pista de terra e viramos á dereita e seguimos camiñando por ela.
Waypoint

Á dereita 5

Á dereita
Intersection

Á dereita 4

Viramos á dereita para ir cara á praia de Cirro onde está, na marxe dereita, o castro da Punta do Castelo.
Intersection

Á esquerda 2

Imos á esquerda saíndo da gabia onde hai árbores podrecidas deitadas. Seguimos por un carreiro que sae a unha pista de terra.
Intersection

Á esquerda 1

Subimos por outra perpendicular, entre castiñeiros, con forte pendente pero curta.
Intersection

Baixada ao foxo, á dereita

Baixamos ao foxo e xiramos á dereita. Un pouco máis adiante viramos á esquerda subindo á croa do castro.
Archaeological site

Castro da Fraga

Castro da Fraga na parroquia de Veigue.
Archaeological site

Castro de Meirás

Castro de Meirás na parroquia de San Martiño de Meirás
Archaeological site

Castro de Taibó

Castro da Agra de Taibó. Na parte orientada ao leste hai construcións que modificaron a orografía do asentamento.
Archaeological site

Foxo castro Punta do Castelo

Foxo do castro na marxe dereita da praia de Cirro. Ao chegar á praia xiramos á dereita e camiñamos ata atopar a subida ao foxo. Poucos metros máis adiante ascendemos, á esquerda, á croa do castro.
Archaeological site

San Mamede

Castro de San Mamede ou de Amandi.

Comments

    You can or this trail