Time  6 hours 2 minutes

Coordinates 1166

Uploaded December 12, 2015

Recorded November 2015

-
-
1,421 f
844 f
0
1.8
3.6
7.23 mi

Viewed 2149 times, downloaded 50 times

near Paradapiñol, Galicia (España)

Traslado a información dos paneis que atopamos no roteiro:

"A ruta percorre o val do río Soldón, entre a Ferrería de Rugando e a aldea de Soldón. Este camiño ten a súa orixe no recorrido que facían os arrieiros, transportando en mulas o mineral dende as montañas ata as ferrerías que situábanse nos vales, ao carón dos ríos, para aproveitar a forza da auga que mecanizaban as mazas e os foles. No seu interior atopábase un forno construido con pedras e cuberto de arxila, que empregaba carbón ou leña como combustible. A produción destinábase ao abastecemento da comarca, principalmente a fabricación de ferramentas de labranza.

O percorrido proposto arranca desde a Ferrería de Rugando, hoxe casa de turismo rural. Atravesamos o río pola ponte que une este lugar con Vilarmel e Cereixido. O camiño sae a dereita e atravesa un frondoso souto. Despois de varios cruzamentos, perfectamente sinalizados pola marxe esquerda do río Soldón, o camiño faise máis estreito e quebrado na baixada ao río onde aínda se poden ver os restos dunha ponte que permitiría acceder directamente a Paradapiñol. Neste treito o sendeiro vai cerca do río para ir gañando altura progresivamente ata separarse do camino vello que subía cara a Cereixido. A partir deste cruzamento o sendeiro vai máis ou menos chan ata chegar a unirse co camiño Ferradal. Neste lugar podemos volver ao punto de partida subindo á aldea de Paradapiñol ou continuar a ruta cara a Paradaseca e Ponte Soldón.

O camiño ascende con suavidade cara ao lugar de Castro, para descender tamén con suavidade ata unha ponte de madeira que atravesa o regato de Barreiro procedente de Cereixido. Desde o rego de Cereixido o sendeiro empeza a gañar novamente altura pasando ao carón dun curioso abrigo rochoso, probablemente empregado antaño polos pastores. Pronto nos atopamos co rego de Rocaboa que baixa bruscamente do chan de Fiais en abruptas fervenzas; atravésase novamente por unha ponte de madeira para ir gañando altura ata saír do rego e circular a media ladeira polo val do río Soldón. O camiño descende paseniño ata cruzar o Soldón na espectacular Ponte do Frade, xa na beira dereita a ruta percorre un treito rodeado de Sequeiros e alvarizas que nos conduce ata o lugar de Penafurada. Para chegar ao túnel escavado polos romanos temos que abandonar o camiño uns cens metros en dirección ao río por unha senda ben marcada.

A canle de Penafurada foi construida para levar auga a varias explotacións auríferas romanas. Toma a auga do río Soldón, xunto ao que discorre. Desde o seu comezo a canle conserva a súa altura mentres o río baixa polo val cara a súa desembocadura no río Sil. Os enxeñeiros romanos decidiron escavar un túnel de 15 metros para atravesar un esporón rochoso sen perder altura e evitando rodealo. Augas arriba e embaixo deste lugar é frecuente encontrar restos dos muros ou rebaixes no terreo que cumpriu facer para conducir a auga. Este túnel iniciouse desde os dous lados do esporón ao mesmo tempo. Como se pode comprobar no seu interior, tiveron que rectificar. Esta canle tiña unha lonxitude aproximada de 9 Km (ata o seu destino probable nas minas de Sequeiros e As Medas, en Quiroga), uns 80 cm de ancho e unha profundidade media de 5-10 cm."

Desde Penafurada temos duas opcións para continuar e nós escollemos a que baixa cara ao río, pola esquerda, para pasar pola chamada cova de Ricopete, antigo refuxio de pastores. Seguimos o descenso ata chegar a desembocadura no Sil do río Soldón, rematando o roteiro na aldea homónima.

View more external

Photo

Alvariza

Recinto de pedra para proteger as colmeas.
Photo

Camiño 1

Camiño que sae de Rugando cara a Soldón.
Photo

Camiño 2

Camiño entre Paradapiñol e Paradaseca.
Sacred architecture

Capela Soldon

Ermida na aldea de Soldón, ao remate do percorrido.
Waypoint

Comezo Ferradal

Punto de inicio na ferrería de Rugando.
Photo

Cova Ricopete

Oco na rocha usado polos pastores.
River

Desembocadura Soldon

Desembocadura do río Soldón no Sil.
Tree

Erbedal

Pequeño bosquete de érbedos.
Photo

Forno

Forno de pan nunha casa da aldea de Soldón.
Tree

Fraga

Bosques nas beiras do río Soldón.
Bridge

Pasarela

Pasarela de madeira no rego de Rocaboa.
Photo

Penafurada

Túnel escavado polos romanos preto do río Soldón.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros.
Bridge

Ponte

Ponte no río Soldón.
Bridge

Ponte do Frade

Ponte de estructura metálica sobre o río Soldón.
Bridge

Ponte madeira

Ponte de madeira no rego de Barreiro.
Bridge

Ponte Paradapiñol

Ponte sobre o río Soldón, por debaixo da aldea de Paradapiñol.
Bridge

Ponte Soldon

Ponte sobre o río Soldón na aldea do mesmo nome.
River

Rego Barreiro

Regato afluente do Soldón pola esquerda.
River

Rego Rocaboa

Afluente do río Soldón pola esquerda.
River

Rio Soldon

Afluento do río Sil pola súa dereita.
River

Rio Soldon

Afluente do río Sil pola dereita.
Photo

Rugando

Aldea do concello de Quiroga.
Ruins

Ruinas

Edificación de pedra en estado ruinoso.
Photo

Sendeiro

Carreiro a altura da aldea de Paradapiñol.
Photo

Sequeiro 1

Edificación para o secado das castañas.
Photo

Sequeiro 2

Recinto para o secado de castaños.
Photo

Sequeiro 3

Recinto para o secado das castañas.
Photo

Sequeiro 4

Alboio para secar castañas.
Photo

Sequeiro 5

Alpendre para o secado das castañas.
Photo

Sequeiro 6

Recinto para o secado de castañas.
Photo

Sequeiro 7

Construción onde se secan as castañas.
Photo

Sequeiro 8

Construción para o secado das castañas.
Photo

Sequeiros

Edificacións para o secado de castañas.
Tree

Sobreiras

Árbores caducifolias.
Photo

Soldon

Aldea do concello de Quiroga. Onde o río Soldón desemboca no Sil.
Tree

Souto 1

Bosque de castaños en Rugando.
Tree

Souto 2

Bosque de castaños.
Photo

Souto 3

Bosque de castaños a altura da aldea de Paradaseca.
panorama

Vistas Paradapiñol

Vistas panorámicas sobre a aldea de Paradapiñol.

Comments

    You can or this trail