Coordinates 496

Uploaded July 20, 2017

Recorded July 2017

-
-
267 f
81 f
0
1.7
3.3
6.61 mi

Viewed 782 times, downloaded 19 times

near Bastavales, Galicia (España)

Un fabuloso roteiro cheo de encanto que che permitirá descubrir parte da riqueza patrimonial e paisaxística do concello de Brión.
Ruta circular duns 11 kms de distancia e dificultade baixa ao discorrer toda ela polas terras do Val da Mahía.
Incluímos (ó comezo e o final do percorrido), un paseo por Vidaloiso, aldea con elementos singulares e paisaxísticos que merecen a pena ver (cruceiro, pombal, obradoiro de pedra, lavadoiro, arbores de grande porte coma carballos, sequoia, robinias...)
Nesta ruta cabe destacar ademais, a ribeira do Sar con vexetación abundante, con presenza de aves moi variadas (garzas, bubelas, gaios, corvos, patos...e distintos paseriformes) a zona do balneario (cun carballo singular), a ermida da Nosa señora de Guadalupe, a Igrexa da Nosa Señora dos Ánxeles co cemiterio incluído; e tamén o longo do percorrido poderemos ver lavadoiros, fontes , campos, cruceiros e hórreos das aldeas, ademais de fermosos xardíns e numerosas parras.

Agardamoste!!!
Seguir pola pista asfaltada.
Seguiremos o sendeiro que discorre pola beira do rio.
Continuaremos recto.
Viraremos á esquerda despois do lavadoiro.
Seguiremos polo sendeiro da dereita, deixando a pista de asfalto.
Seguiremos recto pola nosa esquerda.
Seguimos á dereita pola pista asfaltada.
Aquí atopamos un gran exemplar de Carballo.
Seguimos á esquerda cara a Ermida de Nosa Señora de Guadalupe.
Viraremos á esquerda deixando a estrada AC-543.
Seguiremos pola pista asfaltada da esquerda.
Cruzaremos a estrada AC- 304 e seguiremos de frente.
Aldea de Alqueidón. Seguiremos pola dereita, deixando o lavadoiro á esquerda.
Viraremos á esquerda como nos indican as marcas no poste que vemos á dereita.
Colleremos á esquerda para seguidamente virar á dereita pola pista que nos conduce á Igrexa dos Ánxeles.
Volvendo da Igrexa hacia a estrada, cruzarémola para seguir á esquerda entre os edificios.
Cruzaremos a estrada e seguiremos de frente.
Viraremos á dereita camiño da aldea de Estrar
Seguiremos de frente pola esquerda.
Colleremos o sendeiro que discorre pola nosa dereita na saída da aldea.
Seguiremos de frente cara as casas.
Deixaremos a pista asfaltada para apartar á esquerda polo sendeiro.
Continuaremos de frente. Se virásemos á esquerda iríamos de novo cara o rio Sar.

Comments

    You can or this trail