Technical difficulty   Easy

Time  3 hours 50 minutes

Coordinates 1643

Uploaded April 24, 2016

Recorded January 2016

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
2,116 f
597 f
0
1.9
3.7
7.42 mi

Viewed 663 times, downloaded 18 times

near Belesar, Galicia (España)

Comezamos a ruta no colexio público de Belesar, con moito espazo onde deixar os coches. Durante a ascensión seguimos pista case todo o tempo, agás do Cortelliño ao cumio, pero a partir da caseta forestal fomos improvisando algo e como resultado quedou unha baixada bastante cómoda.

A ruta comeza moi suave nos primeiros quilómetros. Camiñados os dous primeiros, á nosa dereita descende cara ao río Guillade un souto de repoboación recente e aos catro quilómetros do inicio un antigo camiño lousado que algúns cualifican como vía romana (nalgún sitio tamén atopei a denominación "camiño lousado da Costa de Quelle"), comeza á nosa esquerda. Nós continuamos pola pista na procura do petróglifo das Pedras da Cruz, indicado no mapa, mais non demos con el. Dende o lugar no que está indicado, se nos asomamos un chisco, vemos unha parte do encoro de Belesar.

A partir de aquí a ruta deixa de ser tan suave e a ascensión é practicamente continuada até o cumio. En lugar de recuar cara á vía empedrada, cortamos polo monte en liña recta até dar co coa devandita vía algo máis arriba. É un treito cómodo mais hai que ter tino se está mollado. Seguímola até que enlaza coa pista que ascende cara ao Cortelliño (onde conflúen, á esquerda). As vistas cada vez son máis espectaculares, a medida que imos subindo e sobre todo unha vez nesta pista.

Aos sete quilómetros chegamos a un dos máis fermosos miradoiros das Rías Baixas, o Cortelliño. O miradoiro foi arranxado nos últimos anos, mágoa que non talen tamén algún piñeiro illado que interrompe o espectáculo visual. Consérvase aquí, e aínda en uso, unha caseta forestal daquelas que se edificaran a mediados do século XX cando o franquismo decidiu enchernos estes montes de piñeiros.

A fermosísima e inmensa panorámica que se abre ante nós é realmente espectacular: en primeiro termo o esteiro do río Miñor coa lingua de area da Ladeira e o monte Lourido. A bahía de Baiona e o monte Real, Monteferro e as illas Estelas, o areal de praia América e Panxón... pechando o lenzo as illas Cíes e a ría de Vigo (co espantallo de Toralla á vista). Co día claro albiscamos os montes do Barbanza (a Curota, o pequeno Tahume), mesmo Aguiño, e a silueta que se perfila en último termo non pode ser outra que a punta de Fisterra...

Pero a ascensión continúa até o alto da Groba, procurando treitos de prado e logo de monte rozado para evitarmos o asfalto. Piñeiros esculpidos pola forza do vento, os garranos sempre presentes nesta serra (burras do monte ou cabalos salvaxes de pura raza galega) até chegarmos ao vértice xeodésico (denominado polo IGN como Gabiñeira, malia estar o alto da Gabiñeira sinalado nos mapas ao outro lado da estrada, un chisco máis adiante). Aquí a forza do vento é tremenda decote.

Seguimos avanzando e pasamos á beira da poza Negra que, como algunha outra que hai tamén nas proximidades, é de orixe artificial, para que o gando poida beber (esta é a poza que máis tempo aguanta sen secar) e abeira unha rica fauna anfibia.

Atravesamos a estrada e dirixímonos á caseta forestal de Montouto. A paisaxe descrita dende o miradoiro do Cortelliño vese aquí magnificada: cara ao norte e ao oeste temos a mesma vista, agora máis ampla, pero así como a nosa ollada se despraza do norte cara ao leste e bastante próximos vemos o Outeiro Grande, o Galiñeiro, o Aloia... e a partir de aí cara ao lonxe o Faro de Avión... A vista máis completa cara ao leste e cara ao sur tiñámola no alto da Groba, pero a paisaxe que se abre ante nós dende a caseta é realmente fabulosa.

E logo o descenso, onde é doado ir enxergando o colexio de Belesar e ir escollendo camiños á nosa comenencia pola regueira Escura cara abaixo.
  • Photo of Colexio de Belesar
Colexio público de Belesar. Aparcadoiro.
  • Photo of Ponte sobre o río Guillade
  • Photo of Ponte sobre o río Guillade
  • Photo of Ponte sobre o río Guillade
  • Photo of Ponte sobre o río Guillade
Ponte sobre o río Guillade
  • Photo of Vía enlousada
  • Photo of Vía enlousada
  • Photo of Vía enlousada
  • Photo of Vía enlousada
  • Photo of Vía enlousada
  • Photo of Vía enlousada
Vía enlousada
  • Photo of Petróglifo
Petróglifo
  • Photo of Miradoiro do Cortelliño
  • Photo of Miradoiro do Cortelliño
  • Photo of Miradoiro do Cortelliño
Miradoiro do Cortelliño
  • Photo of Alto da Groba
  • Photo of Alto da Groba
  • Photo of Alto da Groba
Alto da Groba
  • Photo of Caseta forestal de Montouto
  • Photo of Caseta forestal de Montouto
  • Photo of Caseta forestal de Montouto
  • Photo of Caseta forestal de Montouto
Caseta forestal de Montouto

2 comments

  • freecalixto Aug 9, 2018

    I have followed this trail  View more

    Buena ruta aunque no recomendable en verano. Calor y rios secos

  • Photo of Xoanzinho

    Xoanzinho Aug 9, 2018

    Grazas polo comentario e pola valoración, freecalixto. Tes razón co do verán, pero cada estación ten o seu engado, as vistas impresionantes sempre están aí...

You can or this trail