Moving time  2 hours 37 minutes

Time  4 hours 36 minutes

Coordinates 2472

Uploaded June 2, 2019

Recorded June 2019

-
-
2,004 f
1,475 f
0
2.4
4.8
9.53 mi

Viewed 24 times, downloaded 1 times

near Baños de Molgas, Galicia (España)

Ruta saíndo a carón do balneario de Baños de Molgas. Combina o "Roteiro Interpretativo Santa Eufemia de Ambía", unha pequena parte da "Ruta Monte Lampaza – Santa Eufemia de Ambia" e outros camiños e estradas do concello.
A zona, nesta época primaveral, é especialmente fermosa pola vexetación que se mantén bastante autóctona. Asemade atopamos elementos antrópicos cheos de interese coma o núcleo e zona termal da capitalidade, a capela prerrománica de Santa Eufemia, petróglifos, aldeas, cruceiros, fontes, ruínas de muíños... Mesmo o novo viaduto da vía do "AVE" (será...?), chama a atención.
Os camiños están despexados aínda que nesta altura con herba alta en grande parte, polo que é conveniente levar perneiras. Para seguir a ruta, co GPS non hai problema. O que si presenta dificultade é estacionar no "centro" da vila. Mellor facelo na rúa que vai cara o Colexio, Pavillón deportivo...
Non presenta unha notable dureza para alguén minimamente en forma.
Feita seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/por-banos-de-molgas-32189662
Unha posibilidade moi aconsellable é facela en día de feira e rematar degustando o polbo.
Estación que contén o Museo do Moncho Borrajo.
Capela de estilo prerrománico do século IX e con influencia mozárabe. Cronoloxicamente está relacionada con outras dúas capelas do mesmo estilo nas terras de Ourense: Santa Comba (concello de Bande) e San Miguel (nos terreos do actual mosteiro de San Rosendo en Celanova), promovidas pola actividade do mosteiro de Celanova nos seus inicios e polo seu principal impulsor, Rosendo Méndez. En poucos lugares se pode atopar semellante concentración de patrimonio arquitectónico-relixioso, nos inicios da Idade Media europea, coas peculiaridades do estilo propio peninsular, marcado pola influencia da cultura mozárabe. A planta actual componse dunha soa nave con ábsida rectangular na que aínda se conservan dous arcos dobres de ferradura. Conta con tres capelas interiores nas que se ven os arranques dos arcos que formaban parte das tres naves primitivas. No seu interior atopamos dúas aras de orixe romana (Baixo Imperio Romano) e un cristo crucificado en talla de madeira de orixe medieval-románica. Da época da romanización, figura no contorno de Santa Eufemia a chamada «Fonte das Ninfas», lugar de onde virían as aras que hoxe están no interior da capela de Santa Eufemia. Catalogación: ben de interese cultural (BIC). Declarado Monumento Histórico-Artístico (Decreto 3 de xuño de 1931). Fonte: https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5490/igrexa-de-santa-eufemia-de-ambia?langId=gl_ES&ctre=31&tp=8
"Saíu con barbas..."

Comments

    You can or this trail