Coordinates 1727

Uploaded April 19, 2017

Recorded April 2017

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
1,767 f
1,100 f
0
2.6
5.2
10.37 mi

Viewed 1017 times, downloaded 40 times

near Rebordelo, Galicia (España)

Un foxo do lobo é unha construción adicada a dar caza a este animal nunha batida comunitaria que consistía en espantalo cara a uns muros altos de pedra que iban converxendo ata rematar nun profundo burato no chan, no que finalmente caía o depredador do gando. Os foxos están extendidos por todo o noroeste de España e tamén háinos en Portugal e no caso concreto de Cotobade existen dous, visitando nós o que se atopa entre as freguesías de Carballedo e Corredoira.

O noso percorrido irá polo sendeiro marcado como Foxo do Lobo, cunha ampliación da andaina xa que sairemos da área de lecer de Pozo Negro. Se facemos o traxecto no sentido contrario as agullas do reloxo, da praia fluvial de Pozo Negro encamiñámonos a igrexa de San Martiño de Rebordelo, que aínda conserva a cabeceira románica do século XII, con casa reitoral ao seu carón. Pasado Soutolongo, entramos n´Os Martices coa súa carballeira e capela de San Brais. Internámonos deseguido nunha fraga con corredoiras que levan ata as aldeas abandonadas de O Sabugueiro e Arufe.

Baixamos as beiras do río Almofrei, cheo de pontellas que comunican as súas bandas e con antigos muíños movidos polas súas augas e atravesada a engaloiante ponte de medio punto de Serrapio a congostra sobe procurando o foxo do lobo, mergullado nunha acolledora carballeira.

Facemos o retorno de novo ao Almofrei para folgar ou bañarse na área de lecer de A Chan, con muíños, mesas e piscina. O camino d´As Barcias enfila cara o final do roteiro, ollando os muíños Suas Veigas e dos Milagres, cunha pequena praia, xa as beiras da piscina de Pozo Negro, onde rematamos.

View more external

Área recreativa en Pozo Negro.
Aldea abandonada en Carballedo.
Buzón preto da aldea abandonada de Arufe.
Camiño en Rebordelo.
Camiño en Ribalta.
Camiño na aldea abandonada de Arufe.
Camiño en Rebordelo.
Ermida de San Brais.
Carballeira na aldea abandonada de Arufe.
Carballeira no lugar de Doade.
Carballeira no foxo do lobo.
Carballeira no lugar de Os Martices, Cotobade.
Pequena carballeira na aldea de Soutolongo.
Punto de inicio do roteiro na área de lecer de Pozo Negro, Cotobade.
Corredoira na Chan.
Congostra no Igrexario.
Camiño no lugar de Doade.
Cruceiro n´Os Martices.
Cruceiro preto da igrexa de San Martiño.
Lugar en Carballedo, Cotobade.
Fonte preto da igrexa de San Martiño.
Fonte na aldea abandonada de Arufe.
Fonte en Rebordelo.
Fonte na aldea abandonada de O Sabugueiro.
Fonte en Pozo Negro.
Foxo do lobo no concello de Cotobade.
Igrexa parroquial de Rebordelo, Cotobade.
Lavadoiro no lugar de Os Martices.
Mesas na área de lecer de Carballedo.
Muíño en Pozo Negro.
Muíño hidráulico en Pozo Negro.
Muíño en Martices.
Muíño no lugar de A Chan.
Muíño hidráulico no río Almofrei.
Muíño hidráulico en Frade.
Muíño en Pozo Negro.
Muíños hidráulicos na área de lecer de Carballedo.
Aldea abandonada en Carballedo, Cotobade.
Piscina no río Almofrei, en Carballedo.
Bosque de piñeiros en Doade.
Ponte sobre o río Almofrei.
Ponte de pedra sobre o río Almofrei.
Pontón de pedra sobre o río Almofrei.
Pontella sobre o río Almofrei.
Praia fluvial en Pozo Negro, Cotobade.
Praia fluvial na área de lecer de Pozo Negro, Cotobade.
Afluente do río Lérez.
Rodeiras feitas polo paso dos carros.
Aldea en Rebordelo, Cotobade.

4 comments

  • goretypazos Sep 30, 2018

    La ruta es preciosa. Pasa por puentes de piedra antiguos, aldeas abandonadas y carballeiras y Soutos frondosos . Muy reconendabke

  • goretypazos Sep 30, 2018

    Se puede hacer en familia y hay bastante sombra para hacerla incluso un día de sol. Si ha llovido mucho hay un paso complicado pero se puede rodear. Es muy bonita

  • goretypazos Sep 30, 2018

    Se puede hacer en familia y hay bastante sombra para hacerla incluso un día de sol. Si ha llovido mucho hay un paso complicado pero se puede rodear. Es muy bonita

  • monicacr Oct 22, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    Una ruta muy bonita, pero con cierta dificultad debido a las subidas y algún molino q sin botas de agua costó un pelín cruzar. No es para todo el mundo. Gracias a la aplicación, la seguimos perfectamente sin perdernos, pero no está bien indicada. Sin Wikiloc nos habríamos perdido seguro.

You can or this trail