Time  6 hours 38 minutes

Coordinates 1709

Uploaded September 10, 2017

Recorded September 2017

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
2,247 f
1,585 f
0
2.8
5.6
11.19 mi

Viewed 383 times, downloaded 16 times

near Allariz, Galicia (España)

Ruta moi amena e chea de lugares interesantes. Sen demasiada dificultade, o único "pero" é que ten parte por estradas (escaso tránsito). A mor parte descorre por carballeiras que dan sombra no caso de días asollados. Atopamos varias aldeas que chaman a atención polo limpas que están e bastante coidadas as casas, aínda que se identifica despoboamento. Veremos varias ermidas e igrexas e os xacementos de Señoriño (romano do século I) e, sobre todo, A Atalaia, ou Cidade de Armeá. Este poboamento, que ten estado en escavación recentemente, é fráxil polo que debemos visitalo con precaución. Pasarmos polas Pioucas (antigo lagar de aceite, acaparado polo cristianismo para endosarlle unha lenda relativa á Santa Mariña), o "formo" da Santa (ao que parece instalación termal castrexa apropiada igualmente e con idénticas fins que a anterior), o santuario de Augas Santas...
Este percurso abrevia o da ruta: https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9681822 que é máis longo e permite coñecer lugares igualmente interesantes coma o ecoespazo do Rexo, Requeixo, Valverde...
Totalmente recomendable, en suma
fountain

Fonte en Roiriz

Fonte en Roiriz
Sacred architecture

Cruceiro

Cruceiro con inscrición, en Roiriz.
Sacred architecture

Capela

Capela de Santa Marta de Roiriz.
Waypoint

A Coira

A Coira
fountain

Fonte e lavadoiro

Fonte e lavadoiro
fountain

Fonte no Souto

Fonte no Souto
Sacred architecture

Peto e cruceiro

Peto e cruceiro
fountain

Fonte

Fonte
Archaeological site

Señoriño

Casa romana do século I. Sería para control do territorio por parte do poder romano.
Archaeological site

Castro de Armeá

Extenso poboamento de características romanizadas.
Waypoint

As Pioucas

Caraballo heredeiro doutro anterior xigantesco e pía dun antigo lagar para aceite. Aproveitado para ritos relixiosos
Archaeological site

Forno da Santa

Polas evidencias, antiga instalación termal celta, acaparada pola Igrexa e reconvertida en cripta dunha igrexa inconclusa (templaria).
Sacred architecture

Santa Mariña de Augas Santas

Importante santuario e, a carón antigo pazo de verán do bispo. Fonte supersticiosamente "milagreira"
Sacred architecture

Igrexa da Vilar de Flores

Igrexa da Vilar de Flores

1 comment

  • Carlos Antonio Gutierrez Oct 29, 2018

    I have followed this trail  verified  View more

    Muy bonito. Yacimientos arqueológicos.

You can or this trail