Time  3 hours 48 minutes

Coordinates 1526

Uploaded January 30, 2020

Recorded January 2020

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
1,860 ft
741 ft
0
2.1
4.2
8.46 mi

Viewed 173 times, downloaded 11 times

near Covelo, Galicia (España)

A Vía Mariana Luso-Galaica é un novo camiño de peregrinaxe que está agora mesmo en fase de consolidación e que liga dez importantes santuarios con advocación a Virxe, desde Braga ata Muxía. Ao longo de 372 Km os santuarios de renombre polos que pasa son:

Nossa Senhora de Sameiro, en Braga
Catedral de Braga
Nossa Senhora da Peneda, no concello de Arcos de Valdevez
Santa María da Franqueira, no concello de A Cañiza
Santa María de Aguasantas, en Cotobade
Virxe dos Milagres de Amil, Moraña
Virxe dos Milagres de Requián, no concello de A Estrada
Santuario da Escravitude, en Padrón
Virxe do Portal, en Santiago de Compostela
Virxe da Barca, no concello de Muxía

A Asociación Mariana Luso-Galaica otorga as “marianas” a quen complete o percorrido nun sentido ou no inverso (danse en Braga e Muxía). O santuario portugués de Monte Sameiro é o segundo en importancia en Portugal -logo do de Fátima-, mentras que a Nosa Señora da Barca é un dos dous finais da prolongación do Camiño de Santiago ata a Costa da Morte.

A idea deste Camiño partiu de Luis do Freixo -un auténtico coñecedor e impulsor dos Camiños Portugueses Xacobeos- e máis de José Antonio de la Riera -membro fundador e antigo presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago- e pretenden acadar o seu recoñecemento coma Itinerario Cultural Europeo.

O noso roteiro transcorre polo concello de Covelo, indo nunha metade pola Vía Mariana e facendo o regreso por outros camiños coa finalidade de facer un traxecto cicular, que comezamos no mesmo centro de Covelo, ao carón da súa casa consistorial e no adro da capela de Santiago.

Teremos ocasión de pasear baixo frondosas carballeiras, pasar sobre antigas pontellas de pedra que salvan os regatos Refusio e Verdego, e contemplar as igrexas de Santa Mariña -con casa reitoral-, o santuario da Santa Cruz en Baldomar e a citada ermida de Santiago de Covelo.

View more external

Photo

Baldomar

Lugar da parroquia de Santa Mariña de Covelo.
Photo

Camiño 1

A Vía Mariana pola aldea de Coveliño.
Photo

Camiño 2

Camiño na contorna de As Barreiras.
Sacred architecture

Capela Santiago

Ermida de Santiago de Covelo, no mesmo centro urbano do concello.
Waypoint

Comezo Via Mariana

Punto de comezo no centro de Covelo, ao carón da casa consistorial.
Sacred architecture

Cruz 1

Cruz de pedra na aldea de O Costal.
Sacred architecture

Cruz 2

Cruz de pedra na aldea de O Mangón.
fountain

Fonte 1

Fonte de auga potable na aldea de O Costal.
fountain

Fonte 2

Fonte de auga potable na aldea de Coveliño.
fountain

Fonte 3

Fonte de auga potable en Baldomar.
fountain

Fonte 4

Fonte de auga potable na aldea de O Mangón.
Sacred architecture

Igrexa Sta Marina

Igrexa parroquial de Santa Mariña de Covelo.
River

Levada

Levada de auga desde o rego Verdego.
Picnic

Mesas

Mesas nunha área de lecer preto de Covelo.
Photo

O Mangon

Lugar preto do centro de Covelo.
Ruins

Pardiñeiro

Casas en ruínas preto de Baldomar.
Tree

Piñeiral

Bosque de piñeiros na parte alta de Coveliño.
Bridge

Pontella

Pontón de pedra sobre o rego Refusio ou de Coveliño.
Bridge

Ponte Cendín

Pontella sobre un afluente do rego Refusio.
River

Regato Refusio

Tributario do río Tea pola súa marxe esquerda. Tamen chamada rego de Coveliño.
River

Rego Verdego

Afluente do regato Refusio ou de Coveliño.
Building of interest

Reitoral Sta Mariña

Casa reitoral de Santa Mariña de Covelo.
River

Rego Refusio

Tributario do río Tea pola súa marxe esquerda. Tamen chamada rego de Coveliño.
Ruins

Ruinas

Casa en ruínas preto de Baldomar.
Sacred architecture

Santuario Sta Cruz

Igrexa en Baldomar, Covelo.
Photo

Via Mariana 1

Camiño de peregrinaxe por santuarios marianos do norte de Portugal e Galicia.
Photo

Via Mariana 2

Camiño de peregrinaxe por santuarios marianos do norte de Portugal e Galicia.

2 comments

  • Tío_Pepe Mar 16, 2020

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta interesante e por camiños expeditos, na parte que seguín. Espero completala.
    Grazas por subila.

  • Photo of jesussimon

    jesussimon Mar 17, 2020

    Grazas polo comentario. Saúdos, Pepe.

You can or this trail