Time  5 hours 19 minutes

Coordinates 1342

Uploaded February 9, 2020

Recorded February 2020

-
-
838 ft
292 ft
0
2.1
4.3
8.57 mi

Viewed 147 times, downloaded 10 times

near Barciademera, Galicia (España)

O topónimo varcia ou varxa (segundo a RAG é incorrecto escribir barcia e barxa) fai referencia a unha zona baixa e chaira nas marxes dun río, con frecuentes enchoupamentos polo desborde das augas. Son terreos moi húmidos e feraces que acostuman a ter unha vexetación herbácea e dos que só se sacaba proveito da herba de outono que se cortaba a fins do verán ou ben da que pacía directamente o gando, distinguíndose deste xeito entre as varcias de prado -as que se lles cortaba a herba- e as varxas de pasto.

Co paulatino abandono da gandería, estos terreos van sendo novamente colonizados pola vexetación primixenia acompañada do crecemento de árbores con necesidade de grandes cantidades de auga, como son os salgueiros e amieiros.

San Martiño de Barciademera -unha das parroquias do concello de Covelo- atópase dacabalo das bacías de tres importantes cursos fluviais: o río Tea e os seus tributarios Alén e Caraño, polo que é unha zona con moita extensión de terras baixo a influencia destes ríos e numerosos regatos que contribúen a aparición das varcias ou barcias, sendo unha delas a de Mera.

Puntos de interese polos que pasaremos nesta andaina son:

- As vizosas fragas das ribeiras do Tea, Alén e Caraño.

- Antigos pasos ou poldras no río Tea que comunicaban con Casteláns e que nos periodos de enchenta están cubertas polas augas, impedindo o seu uso (nós non as pasaremos). Atravesaremos varias pontes e pontellas, algunhas con orixe medieval.

- Escola e capela de San Xosé, en Redondo, erguidas no ano 1928 por doazón do industrial confiteiro Agapito Serra Fernandes, que fixo fortuna en Lisboa.

- Conxunto arquitectónico da igrexa de San Martiño e casa reitoral de Barciademera. Da páxina web do concello de Covelo obtemos a seguinte información:

“Na portada figura a inscripción MDCCLII (1752), que fai referencia a terminación da obra. O interese da arquitectura deste Pazo Abacial, amais da súa situación, vese incrementado pola ausencia total de estudos sobre este edificio senlleiro.

A reitoral foi ordenada polo abade Alberto Barreiro y Bello. En 1566, dicíase que a parroquia é do padroado e provisión dos monxes cistercienses do mosteiro de Melón. Barciademera foi lugar de parada e descanso para o transporte das mercadurías que viñan de Santa Uxía e Santa Marta de Vigo, onde tiñan dereitos xuridiscionais os monxes de Melón.

Os antigos rexidores e procuradores do Pazo gozaban do privilexio de “estar cubertos durante as sesións”.

A Reitoral de Barciademera é unha das construcións máis atractivas e sorprendentes que poden atoparse na provincia e, pola súa arquitectura, única en Galicia. Nela destacan a exuberancia barroca da súa fachada e a austeridade do resto do edificio. Enriba da portada hai un frontón de arco deprimido, partido na zona central con posibles inspiracións aztecas. O atlante que a remata e un oborixe que pola súa derrota foi condenado por Zeus a soster o firmamento sobre as súas costas. Aos lados hai dous pináculos de taboleiros superpostos, rematados en bólas e coroamento de piñas...

Na fachada atopamos tamén figuras saíntes, características do Renacemento e do Barroco; destacan no espazo dos arcos do frontón, as dúas aves coroadas, cos seus peteiros abertos como en actitude parlante. Modalidades dun Barroco que arrastra temas e motivos de atilado plateresco, que pasaron aos recursos pasados para cubrir pequenos espazos.

Aínda se admíra na antiga casa parroquial a monumental cociña cunha orixinal e esvelta cheminea cilíndrica; a orixinalidade do aproveitamento da auga para mover o muíño, formando parte da edificación prioral; e a estrutura das cabalerizas que recordan, salvando as dimensións, as dos mosteiros de Oseira, Sobrado dos Monxes, Acibeiro e San Martiño Pinario.”
Photo

A Corcoveira

Lugar na aldea de Alén.
Picnic

Area lecer Portafurado

Área recreativa ao carón da ponte medieval e muíños de Portafurado.
Picnic

Area lecer Redondo

Pequena área recreativa con mesas en Redondo.
Provisioning

Barciademera

Parroquia do concello de Covelo.
Photo

Camiño 1

Camiño a Casteláns.
Photo

Camiño 2

Camiño entre Alén e Barciademera.
Sacred architecture

Capela San Jose

Ermida en Redondo. Costeada por Agapito Serra Fernandes no ano 1928.
Waypoint

Comezo Barciademera

Punto de inicio, no centro de Barciademera.
Photo

Corredoira

Camiño en Redondo, por riba do río Caraño.
Building of interest

Escolas San Jose

Escola en Redondo. Costeada por Agapito Serra Fernandes no ano 1928.
Waterfall

Fervenza

Caedoiro de auga no río Tea.
fountain

Fonte

Fonte de auga potable en Barciademera.
Sacred architecture

Igrexa San Martiño

Igrexa do conxunto arquitectónico de Barciademera.
River

Levada

Levada de auga desde o río Tea.
Photo

Mera

Lugar en Barciademera, concello de Covelo.
Ruins

Muiños

Muíños hidráulicos en Vilanova, Barciademera.
Building of interest

Muiños Portafurado

Muíños hidráulicos en Barciademera que aproveitan as augas do río Caraño. Son un conxunto de catro inxeños.
Photo

Peto animas

Peto de ánimas en Portafurado.
Bridge

Poldras

Pasos no río Tea no camiño a Casteláns.
Bridge

Ponte 1

Ponte sobre o río Alén.
Bridge

Ponte 2

Ponte sobre o río Alén.
Bridge

Ponte Portafurado

Ponte de orixe medieval sobre o río Caraño ao seu paso por Barciademera.
Building of interest

Reitoral Barciademera

Casa reitoral de Barcidemera.
River

Rio Alen

Tributario do río Tea pola súa marxe dereita. Pasa por Barciademera.
River

Rio Caraño

Afluente do río Tea. Pasa por Barciademera.
River

Rio Alen

Tributario do río Tea pola súa marxe dereita. Pasa por Barciademera.
River

Rio Caraño

Afluente do río Tea. Pasa por Barciademera.

Comments

    You can or this trail